Académie des Beaux-Arts
Académie des Beaux-Arts
Institución parisiense derivada dunha das antigas seccións do Institut de France, creadas cando a súa fundación en 1793 logo da disolución das vellas academias, que no ano 1816 se refundaron en torno á Académie Française (escritores) e a de Belas Artes (artistas). Conta con 50 membros. A Académie de France de Roma e a Casa de Velázquez de Madrid son as dúas institucións internacionais que dependen dela.