"Eiré" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • Antiga liñaxe galega que se uniu á dos Andrade, ambas as familias descendentes dos condes de Traba. Froito desta vinculación creouse a caste dos Freire de Andrade, que pasou a Portugal na Idade Media. Así, Nuño Freire de Andrade, irmán de Fernán Pérez de Andrade o Bo, foi enviado a Portugal onde chegaría a ser Mestre da orde de Cristo e titor do príncipe herdeiro. Leva as mesmas armas ca os Andrade: banda engolada en cabezas de serpe, do mesmo metal. Outra variante trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, entre dous crecentes de goles, ranversados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro dunha orde relixiosa.

    2. Cabaleiro dunha orde militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e erudito. Comisario e inspector da Obra Pía dos Santos Lugares de Xerusalén, autentificou o redescubrimento das reliquias do Apóstolo Santiago en 1879. Colaborou en El Libredón e escribiu, xunto con José María Fernández Sánchez, Santiago, Jerusalén, Roma: diario de una peregrinación a estos y otros santos lugares de España, Francia, Egipto, Palestina, Siria e Italia, en el año del jubileo universal de 1875 (1880-1882) e Guía de Santiago y sus alrededores (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritora. Subdirectora de comunicación da CRTVG. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional na cadea SER. Foi directora e presentadora de diversos programas da Radio Galega (De cabo a cabo, A toda radio, Escola de calor, Noticias ás dúas) e xefa de programas da Radio Galega (1994-2002). Presentadora do programa da TVG Sombras de crime, colabora con O Correo Galego. Escribiu os contos para nenos Glub contra Blef (1998) e Un susto para Glub (2000), e diversos relatos breves nas publicacións colectivas Narradoras e Narradio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1793 foi nomeado secretario perpetuo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi procurador persoeiro (1788 e 1796), deputado do Común (1793 e 1798) e síndico procurador xeral (1814) do concello santiagués, ademais de deputado nas primeiras Cortes de Cádiz por Mondoñedo e secretario do Tribunal da Inquisición de Galicia en 1819. Colaborou en diversos periódicos da Coruña e Santiago e foi o fundador e principal redactor do quincenario Estafeta de Santiago (1813-1814), de carácter realista, onde empregou os pseudónimos de El estafetero e Agustín Verísimo Vilabella y Reytengo. Publicou os folletos: Causas de nuestros males (1810), Derechos del hombre (1811) e varios discursos en defensa da relixión católica, da Inquisición e dos xesuítas. Escribiu El dicionario razonado y manual, impreso en Cádiz, obra que foi cualificada de subversiva pola censura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Narón (1978-1990) e, dende 1990, é xefe do servizo de asistencia técnica da Deputación da Coruña. Das súas obras cómpre destacar a casa cuartel da Garda Civil nas Pontes de García Rodríguez, o mercado municipal de Caranza (Ferrol) e a restauración da igrexa de San Xurxo da Coruña. Coautor de Proyecto y ciudad histórica (1977) e Piornedo. Estudio básico para a rehabilitación integrada dunha aldea galega (1987), escribiu Arquitectura modernista no Ferrol, 1900-1925 (1978). Ocupou, entre outros cargos, a presidencia da delegación do COAG en Ferrol (1980-1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Señor de Pontedeume, fillo de Roi Freire de Andrade. Nomeado en 1371 gobernador da Coruña, trasladouse a Portugal tralo recoñecemento de Enrique II de Trastamara como rei de Castela. En Portugal recibiu o título de mestre da Ordem de Cristo e Pedro I de Portugal encargoulle a educación do seu fillo Xoán. Coa sinatura do Tratado de Santarém entre Fernando I de Portugal e Enrique II, foi entregado ao monarca castelán como garantía do cumprimento do pacto. En Portugal iniciou unha nova rama na liñaxe dos Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista e micólogo. Iniciouse na entomoloxía. O comezo da Guerra Civil supuxo un freo na súa traxectoria. En 1950, da man de Fermín Bescansa, centrou as súas observacións na botánica e na micoloxía. Logo dunha vida como investigador autodidacta, comezou en 1965 a carreira de Bioloxía. Entre 1977 e 1982 investigou e impartiu clases nos departamentos de Botánica das facultades de Bioloxía e Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (1980-1986). Dedicouse á investigación e á divulgación dos fungos e plantas de Galicia. Destacan os artigos científicos “Nueva especie del género Amanita: A. porrinensis” (1987) e “Gyroporus ammophilus, a new poisonous bolete from the Iberian Peninsula” (Gyroporus ammophilus, unha nova especie de fungo velenoso da Península Ibérica, 1995). Publicou numerosas guías de campo como a Guía das árbores de Galicia (1989) e a Guía das setas ou cogumelos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor, músico e director. Emigrado a Montevideo, exerceu a docencia e dirixiu a Banda Municipal de Montevideo, a Orquestra Sinfónica do SODRE (Servicio Oficial de Difusión Radio Eléctrica) e foi promotor da Orquestra Sinfónica Municipal de Montevideo. Da súa produción destaca Intermezzo sinfónico, Platense e Canción del sauce llorón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e violinista. Realizou estudios musicais en Lugo, posteriormente en Madrid e ingresou como violinista na Orquesta Sinfónica Nacional. Profesor de violín e solfexo no Círculo de las Artes de Lugo, estudiou a música popular galega e foi autor de Colección de cantos gallegos. Da súa produción, composta por muiñeiras, valses, tangos e cancións, destaca a zarzuela Non chores, Sabeliña (1943), con letra de Xosé Trapero Pardo, e as composicións Airiños, aires, Alalá dos lugueses, Festa na Tolda, Añorando, Cortegada, Miña nai, Minueto estilo antiguo e Himno a Galicia republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Residiu en Madrid e Barcelona ata que se instalou definitivamente en Galicia en 1960. Comezou a expoñer en 1955 e dende entón mostrou a súa obra en diversas cidades galegas e españolas. En 1974 recibiu o terceiro premio nacional de cadros de pequeno formato en Málaga. A súa obra está no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e en coleccións privadas de Galicia, Sudamérica, Francia e Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. A súa actividade investigadora céntrase no estudo da estrutura, da biosíntese e da función da hormona timosina. Publicou numerosos artigos en revistas especializadas e os libros El cáncer. Prevención y futuro (1993), Biotecnología y clonación (1997), Biotecnología y sociedad (1998) e La bioquímica al final del milenio. Un siglo de historia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Formou parte do grupo Fuxan os Ventos dende 1974 (voz, guitarra, baixo e acordeón) co que gravou seis discos: Fuxan os Ventos (1976), O Tequeletéquele (1977), Galicia canta ao neno (1978), Sementeira (1979), Quen a soubera cantar (1981), Noutrora (1984) e Sempre a mais despois (1999). Durante dous anos (1981-1983) foi xefe de promoción de Ruada SA, primeira editorial discográfica galega, e en 1983 incorporouse como técnico de son a Radio Nacional de España na Coruña. Dende 1985 forma parte da Radio Autonómica Galega, inicialmente como xefe de emisións e posteriormente como realizador e director musical. Impartiu cursos e conferencias sobre realización e técnicas de comunicación radiofónica. Coautor do libro Galicia canta ao neno, unha recompilación de cantos do Nadal en Galicia no que se ocupou da transcrición musical e ilustracións. Afeccionado á pintura e ao debuxo, realizou algúns traballos de ilustración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Normalmente asina como Xe Freyre e é autor da novela Cando o gato mira de esguello (1987) e da guía Mondoñedo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na loita pola independencia de España e derrotou os realistas en Talcahuano (28.5.1813) e en Cumpeo (4.2.1817). En novembro de 1822 sublevouse en Concepción contra o goberno de B. O’Higgins Riquelme e fíxose elixir director e xefe supremo suplente do Estado. Durante o seu goberno promulgouse unha Constitución (1823), decretouse a liberdade de prensa, aboliuse a escravitude e iniciouse a desamortización dos ben eclesiásticos. Durante a Guerra Civil chilena (1829-1830) dirixiu as forzas liberais derrotadas en Lircay (1830), polo que se tivo que refuxiarse en Perú. En 1836 dirixiuse novamente a Chile ao mando dun pequeno exército pero foi derrotado e desterrado a Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Dedicado ao sector armador de buques pesqueiros, foi presidente e vicepresidente da Asociación de Armadores de Pesca da Coruña (ARPESCO). Ocupou ademais os cargos de presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (1984-2000) e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, arqueólogo e político. Nomeado par do reino (1887), adheriuse posteriormente ao Partido Republicano (1907) e foi presidente da Câmara Municipal de Lisboa (1908-1910). Trala proclamación da República Portuguesa foi elixido senador (1911). Foi presidente e director da Academia de Ciências de Lisboa e fundou o Arquivo Histórico Português, a primeira revista de investigación histórica de Portugal (1903). Das súas obras destacan Vida e Obras de Gil Vicente e As sepulturas do Espinheiro (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construciones Navales Paulino Freire SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Preceptista portugués. Foi o teórico do neoclasicismo portugués e preceptista gramatical en Reflexões sobre a língua portuguesa e no Dicionário poético. Foi o autor dunha Arte poética asinada baixo o pseudónimo de Cândido Lusitano onde teorizou sobre os xéneros poéticos de acordo coa tradición clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO