Freire Rodríguez, Xosé Luís

Freire Rodríguez, Xosé Luís

Músico. Formou parte do grupo Fuxan os Ventos dende 1974 (voz, guitarra, baixo e acordeón) co que gravou seis discos: Fuxan os Ventos (1976), O Tequeletéquele (1977), Galicia canta ao neno (1978), Sementeira (1979), Quen a soubera cantar (1981), Noutrora (1984) e Sempre a mais despois (1999). Durante dous anos (1981-1983) foi xefe de promoción de Ruada SA, primeira editorial discográfica galega, e en 1983 incorporouse como técnico de son a Radio Nacional de España na Coruña. Dende 1985 forma parte da Radio Autonómica Galega, inicialmente como xefe de emisións e posteriormente como realizador e director musical. Impartiu cursos e conferencias sobre realización e técnicas de comunicación radiofónica. Coautor do libro Galicia canta ao neno, unha recompilación de cantos do Nadal en Galicia no que se ocupou da transcrición musical e ilustracións. Afeccionado á pintura e ao debuxo, realizou algúns traballos de ilustración de libros e carteis, e publicou durante dous anos unha viñeta de humor diaria en O Correo Galego co pseudónimo Dacolá.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arcos, Outeiro de Rei