"Erdi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 124.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi o arquitecto da Exposition Universelle de 1889, na que construíu a Galerie des Machines. Entre as súas obras destacan as galerías do Muséum d’Histoire Naturalle de París (1881). En 1869 obtivo o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Investigou a teoría dos números, as funcións elípticas e os determinantes. Descubriu o criterio de irredutibilidade que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do NL do Chad, no deserto do Sáhara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia ou facción, dentro dun grupo político, que se posiciona á esquerda da liña política deste.
-
-
Relativo ou pertencente á esquerda política.
-
Que ou quen é partidario da ideoloxía de esquerdas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido vasco creado en 1895 por Sabino de Arana. Limitado inicialmente a Bizkaia, estendeuse a comezos do s XX ás outras provincias vascas do territorio español. En 1911 creouse na súa órbita o sindicato ELA-STV (Solidaridad de Trabajadores Vascos). Participou nas eleccións municipais e provinciais con éxito, ata que en 1921 graves crises internas o conduciron a unha situación límite e a diversos fracasos electorais. Na Segunda República converteuse no máximo defensor da autonomía e do Estatuto. Trala sublevación de xullo de 1936, mantívose fiel á legalidade republicana e no mes de outubro seguiu participando nun goberno autonómico que presidiu o lehendakari José Antonio de Aguirre. Trala toma de Bilbao (xuño de 1937), o nacionalismo marchou ao exilio, instalándose o grupo principal do partido en Francia, onde tomou parte na resistencia durante a ocupación nazi. Volveu á loita clandestina ata a súa legalización en 1977. Desde entón foi a forza preponderante nas sucesivas consultas...
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador neerlandés. Visitou Suecia e Noruega, onde comezou a desenvolver os temas paisaxísticos que despois popularizou nos Países Baixos. Realizou tamén mariñas e augafortes. O seu irmán Caesar van Everdingen (Alkmaar 1617-1687) cultivou a pintura de xénero, a mitolóxica e o retrato nun estilo clasicista italianizante. Entre as súas obras destaca Oficiais da compañía Orange da Garda Municipal de Alkmaar (1641).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Escribiu baladas románticas (Gedichte, 1838) e logo orientouse cara á poesía de carácter político (Mein Glaubensbekenntnis, 1844; Neuere politische und soziale Gedichte, 1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Foi profesor na Universidade de Berlín. Investigou nas ramas máis elevadas da álxebra, en conexión coa teoría das funcións e dos grupos. Os numerosos teoremas que levan o seu nome representan un enriquecemento da álxebra clásica e constitúen un dos puntos de partida da álxebra moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou para os papas Clemente XII e Bonifacio XIV. Entre as súas obras romanas destacan o Palazzo della Consulta, a fachada de Santa Maria Maggiore e a tumba de Inocencio III. En 1751 estableceuse en Nápoles, onde foi arquitecto real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, pintor e coleccionista de arte francés. Coñecido como Van Ryssel, foi un dos mecenas do impresionismo. Patrocinou, entre outros, a Manet, Degas, Renoir, Pisarro, Cézanne e Van Gogh, que o retratou. O seu fillo legou a súa colección de arte ao Musée du Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso, economista e diplomático italiano. As súas principais achegas sitúanse no campo da teoría do valor, a teoría monetaria e do interese e a política económica. Escribiu Della moneta (1750) e Dialogues sur le commerce des blés (1769), onde criticaba os argumentos dos fisiócratas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador alemán. Residente en Italia a maior parte da súa vida, entre as súas obras destacan Historia do Emperador Adriano (1848) e Geschichte der Stadt Rom im Mettelalter (Historia da cidade de Roma na Idade Media, 1855-1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. En 1812 obtivo o Premio de Roma. Dedicouse principalmente á opera cómica. Tamén escribiu ballets, música sinfónica e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político alemán. Adscrito ao austromarxismo, foi ministro de Finanzas (1923 e 1928-1929) e deputado do Reichstag. Na súa obra Das Finazkapital (O capital financeiro, 1910) explicou como os bancos se apropian do capital necesario para o funcionamento da industria e favorecen a concentración empresarial e a estabilidade do sistema.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor suízo. Cultivou o simbolismo, ata que asumiu un estilo monumental con figuras humanas arquitectónicas que se relacionan entre si polo movemento e simbolizan a humanidade. Destacan as súas obras O sono, A primavera, A noite, O día e os frescos de Marignano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro estrato (e idade) do Eoceno inferior mariño, situado entre o Tanetiano e o Cuisiano. O estrato tipo está na conca de Tremp.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ilerdiano.
-
-
Que non se pode perder.
-
Obxecto feito normalmente de metal e en forma de U, que serve para suxeitar, e está formado por unha parte rematada en punta que, despois de cravada, se fixa nunha cavidade que está no extremo da outra parte.
-
-
-
Acción ou efecto de vedar ou prohibir.
-
Restrición da personalidade xurídica e conseguinte privación de dereitos por razón de incapacidade ou prodigalidade ou como consecuencia dunha pena imposta pola comisión dun delito. Esta figura foi suprimida dos códigos civil e penal españois.
-