Hilferding, Rudolf

Hilferding, Rudolf

Economista e político alemán. Adscrito ao austromarxismo, foi ministro de Finanzas (1923 e 1928-1929) e deputado do Reichstag. Na súa obra Das Finazkapital (O capital financeiro, 1910) explicou como os bancos se apropian do capital necesario para o funcionamento da industria e favorecen a concentración empresarial e a estabilidade do sistema.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : París