"FAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 71.

    1. Partícula lixeira e incandescente que se desprende dun corpo que arde ou da fricción de dous corpos.

    2. Porcións de auga conxelada que caen cando neva.

    3. Folla seca do piñeiro.

    4. caspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada ao redor de 1988 en Ferrol e subtitulada “Vozeiro comarcal da Fronte Popular Galega-Ferrol”. De tendencia nacionalista e antimilitarista, incluía artigos onde analizaba a loita obreira, a folga como medio de protesta e a situación dos parados. Tamén levaba fotografías e debuxos de humor gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que faísca.

    2. Que brilla con moita intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar faíscas.

    2. Brillar con moita intensidade.

    3. Caer neve ou chuvia miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo formado en Catoira en 1970, integrado por Xosé V. Ferreirós e Nando Casal (gaitas), Moncho García (tambor) e Serafín V. Lorenzo (bombo). Comezou a desenvolver o seu labor tocando en festas e romarías da bisbarra. Participaron en numerosos concursos de gaitas, e foron galardoados nos máis deles, como Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Sarria, etc. No ano 1974 principiaron un importante labor de divulgación da música tradicional de gaitas e realizaron concertos comentados por asociacións culturais de toda Galicia. Dende a súa fundación, seguiu moi de preto o traballo dos vellos gaiteiros cos que compartiron escenario e dos músicos tradicionais, como os Areeiras, os Campaneiros, os Rosales, os Irmáns Garceiras ou Ricardo Portela. No ano 1978 gravaron In Memoriam, disco dedicado aos Gaiteiros de Soutelo. Nese mesmo ano, tres dos seus membros formaron xunto con músicos doutras procedencias ao grupo Milladoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á FAI.

    2. Membro ou partidario da FAI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas alemáns activos nos ss XVII e XVIII. Entre outros membros cómpre destacar o escultor Benedikt Faistenberger (Kitbühel 1621-1693), que realizou, entre outras obras, o retablo de santo Andrés de Kitbühel; Andreas II Faistenberger (Kitbühel 1647-Múnic 1736) escultor e decorador que traballou, entre outras, na decoración do palacio dos Wittelsbach; Anton Faistenberger (Salzburgo 1663-Viena 1708), pintor formado en Italia que cultivou a paisaxe de temas heroicos; e os tamén pintores Joseph Faistenberger (Salzburgo 1675-1724) e Simon Faistenberger (Kitbühel 1695-1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico minoico situado na chaira de Messara, en Creta. Únese a Knossos, ao N, por unha calzada. Escavouse un palacio de planta cun patio central con edificios ao seu redor. Ten dúas etapas construtivas, a máis recente comprende entre o Minoico Medio III e o Minoico Recente II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador. Discípulo de R. Peake e de J. Payne, loitou en favor da monarquía e tivo que exiliarse a Francia, onde traballou con R. Nanteuil. En 1650 estableceuse en Londres e especializouse no gravado de retratos, aínda que tamén gravou os seus debuxos tomados do natural e obras doutros pintores. Foi autor de The art of graving and etching (A arte do gravado e a augaforte, 1662). O seu fillo, William Faithorne o Novo (Londres 1656-1710), foi tamén gravador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de roupa interior, normalmente elástica, empregada habitualmente polas mulleres, coa que se cingue parte do corpo.

      2. Peza de tecido elástico ou de coiro que serve para cinguir o corpo e soster as vísceras abdominais en caso de ptose.

      3. Tira de tea ou doutro material que se pon por riba da roupa rodeando a cintura.

      4. Tira de tea que se usa como insignia dun determinado rango militar, civil ou eclesiástico.

    1. Zona en forma de banda máis longa ca ancha, especialmente no terreo.

    2. Motivo decorativo consistente nunha moldura que cingue unha construción, como unha ventá ou unha porta, ou calquera outro elemento decorativo.

      1. Tira de lona que se cose á vela para reforzala.

      2. faixa de rizos

        Faixa de lona cosida a unha vela, paralelamente ao grátil ou á parte inferior da vela que vai do puño de amura ao puño de escota, desde unha relinga á oposta, onde van fixados os rizos.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de faixar.

    2. Aplícase ao escudo que ten o campo cuberto de faixas, alternativamente dun metal e dunha cor, en numero parello; se pasa de oito denomínase burelado ou cintado. Tamén poden ser faixados os restantes obxectos heráldicos, como o león envolto en cinta.

    3. Aplícase aos deseños de plumaxe ou pelame que presentan bandas ou raias anchas dunha cor contrastada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer unha faixa a algo ou a alguén ou cinguir con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de faixear.

    2. Conxunto de faixas que cobren as portas pola súa parte externa e interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar a faixa a unha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza resultante da diminuición da largura da faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, situada na marxe dereita do río Ghaghara (125.012 h [1991]). As industrias alimentarias son a base da súa economía. Fundada no s XVIII como cuartel xeral do exército de Avadh, foi capital do Reino de Oudh (1724-1856). Do seu patrimonio cultural destacan a antiga cidade de Ayodhya, o forte de Chhota Calcutta e o mausoleo de Shuja-ud-Daula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Konstantin A. Korovin, recibiu a influencia do impresionismo e da obra de Cézanne. Foi un dos fundadores da asociación artística Sota de Diamantes e profesor na Escola de Belas Artes de Moscova. Cultivou unha paisaxe situada a medio camiño entre o fauvismo e o cubismo, entre outras destaca Sol en Crimea (1916), e o retrato. Atacado como decadente polo réxime soviético, rehabilitárono, xa morto, en 1966, cunha exposición antolóxica en Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político nacionalista e republicano irlandés, fundado por Eamon De Valera en 1926, cos obxectivos de erradicar a influencia británica e reunificar Irlanda. Gobernou en Irlanda case ininterrumpidamente desde 1932 e, co tempo, evolucionou cara a posicións conservadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cláusula dun contrato que establece unha cantidade variable do prezo dunha prestación ou dun conxunto de prestacións.

    2. Billete de prezo fixo que dá dereito a estas prestacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retirada voluntaria dun deportista ou dun equipo dunha competición na que figuraba inscrito regulamentariamente. O forfait produce a adxudicación da vitoria ao adversario.

    VER O DETALLE DO TERMO