Faizābād

Faizābād

Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, situada na marxe dereita do río Ghaghara (125.012 h [1991]). As industrias alimentarias son a base da súa economía. Fundada no s XVIII como cuartel xeral do exército de Avadh, foi capital do Reino de Oudh (1724-1856). Do seu patrimonio cultural destacan a antiga cidade de Ayodhya, o forte de Chhota Calcutta e o mausoleo de Shuja-ud-Daula.