"FERE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 120.

    1. Que diferencia.

    2. Dispositivo ou circuíto que dá un sinal de saída proporcional á derivada, é dicir, á velocidade de variación do sinal de entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á diferencia.

      2. Que indica ou constitúe diferencia.

    1. Aplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos, entre outros, os que tanto o seu funcionamento como a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada.

    2. Aplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos. Un exemplo sería o barómetro diferencial.

      1. Incremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.

      2. diferencial dunha función nun punto

        Aplicación lineal de On en O tanxente a f no sentido que


        FORMULA


        dada f: U DO, U aberta de On. En coordenadas escríbese


        FORMULA2



        onde dxiÎ (On, O) é sacar a coordenada i. Dise que f é diferenciable se ten diferencial en calquera punto de U. A diferencial dá información para o estudo local dunha función como, por exemplo, no cálculo de extremos.

    3. Mecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior. Un diferencial consta dunha roda con dentado cónico que se denomina coroa, no que engrena o piñón de ataque do eixe do motor. Dentro da caixa do diferencial hai montados catro piñóns, chamados satélites, que poden xirar libremente. Sobre estes piñóns, e en puntos diametralmente opostos, dúas coroas fixas, chamadas planetarios, engrenan con cada un dos semieixes aos que se suxeitan as rodas. Cando estas xiran a velocidades iguais, o conxunto móvese solidariamente, pero se unha das rodas se retarda, os piñóns comezan a xirar e a coroa unida á outra roda xira máis rápido. Nos diferenciais autobloqueadores, por medio duns discos de freo, todo o conxunto tende a comportarse como ríxido. En vehículos todoterreo móntanse diferenciais de bloqueo total, que dispoñen dun sistema de encravamento...

    4. Diferencia que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período. Existen, entre outros, diferenciais dunha taxa de cambio, dunha taxa de interese entre dous mercados, dunhas rendas e da inflación.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude do que busca diferenciarse de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao diferencialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Percibir a diferencia entre dúas ou máis cousas ou persoas.

    2. Ser algo o que discirne dúas persoas ou dúas cousas.

    3. Calcular a diferencial dunha función.

    4. Amosarse, unha cousa ou persoa, diferente doutra.

    5. Facerse alguén relevante ou famoso por ter feito algo ou polas súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é igual.

    2. Que non é o mesmo.

    3. Máis dun ou un número máis ou menos numeroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso dos estados alemáns celebrado en Dresden entre o 23 de decembro de 1850 e o 15 de maio de 1851. Convocárono Austria e Prusia co fin de reorganizar a Confederación Xermánica despois da Revolución de 1848. Significou o fracaso da política do príncipe austríaco Schwarzenberg, ao negarse Prusia á entrada de Austria no Zollverein, e supuxo o retorno ao estatuto de 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia que tivo lugar entre agosto e outubro de 1944 co fin de organizar a seguridade internacional ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Presidida polo secretario de Estado dos EE UU, Stettinius, contou coa participación de delegados británicos, norteamericanos, soviéticos e chineses. Estableceu a necesidade dun Consello de Seguridade, un Consello Económico e Social e un Tribunal Internacional de Xustiza. O proxecto debateuse na Conferencia de San Francisco e serviu de base para a Carta das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conduce cara a fóra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igualdade de dúas razóns por diferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, director de orquestra e pianista húngaro. Autor do himno nacional húngaro, foi director do Teatro Nacional de Pest. Das súas óperas, que combinan o estilo italianizante con elementos locais (estilo verbunkos), destacan Hunyadi László (1844) e Bánk bán (1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra húngaro. Compuxo óperas, música sinfónica e de cámara, ballets e bandas sonoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1957, continuación da Federación de Amigos de la Enseñanza (FAE), vinculado ao pensamento do nacionalcatolicismo español. A FERE adoptou unha estrutura moito máis ampla con carácter de corpo docente. Educadores, órgano da FERE nos seus inicios, adoptou posturas integrista que co tempo se foron superando. A partir da segunda metade da década dos sesenta a FERE colaborou na renovación pedagóxica dos colexios relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Mestre de Pitágoras, foi o primeiro en afirmar que as almas eran eternas e consecuentemente sobrevivían aos corpos. Foi autor dunha teogonía coñecida como A caverna dos sete abismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un verso da métrica clásica. Recibe o nome do poeta Ferécrates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Formouse en Viena na Akademie der Bildende Künste. Traballou con B. Thorvaldsen en Roma (1818-1824). Das súas obras destaca Eurídice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa feita de distintos materiais que se emprega para enterrar a un defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de fero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización para a Seguridade e a Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subtracción ou desaparición dun épsilon (ε), en certos dialectos gregos, para romper un hiato (etolio βο ã θοέω, ático βοηθ ῶ ).

    VER O DETALLE DO TERMO