Dresden, Conferencia de

Dresden, Conferencia de

Congreso dos estados alemáns celebrado en Dresden entre o 23 de decembro de 1850 e o 15 de maio de 1851. Convocárono Austria e Prusia co fin de reorganizar a Confederación Xermánica despois da Revolución de 1848. Significou o fracaso da política do príncipe austríaco Schwarzenberg, ao negarse Prusia á entrada de Austria no Zollverein, e supuxo o retorno ao estatuto de 1815.

Palabras veciñas

drepanocitose | Dresden | Dresden | Dresden, Conferencia de | Dreux Drues | Drevet, Pierre | Drew-Barrymore