Drew-Barrymore
Drew-Barrymore
Familia de actores de orixe inglesa. A tradición familiar remóntase a un grupo de cómicos ambulantes da época de William Shakespeare. A fama e o recoñecemento internacional chegaron coas traxectorias de Ethel (1879-1959), Lionel (1878-1954) e John (1882-1942), fillos da actriz Georgina Drew (1856-1893) e do actor Maurice Barrymore (1847-1905). O número de membros da familia dedicados ao teatro foi moi numeroso e abrangue máis de sete xeracións. A esta familia pertence tamén a actriz Drew Barrymore (1975), neta de John .