"Francia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 71.

  • PERSOEIRO

    Duque de Turena (1368-1392) e de Orléans (Luís I, 1392-1407), segundo fillo de Carlos V de Francia. Foi rexente por mor da demencia do seu irmán Carlos VI. Loitou contra a oposición do duque Filipe II de Borgoña e do seu fillo Xoán I de Inglaterra que aspiraban ao trono de Francia. Os seus costumes frívolos fixérono impopular, o que aproveitou Xoán I de Inglaterra para asasinalo. Esta morte provocou a guerra entre o Condado de Armagnac e o de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1830-1848) e duque de Orléans (1793-1830). Exiliouse en 1795 e volveu a Francia con Luís XVIII. A Revolución de 1830 proclamouno rei e decantouse polas formas de poder autoritarias. Protexeu os políticos fieis á súa persoa sen facerse cargo do progreso da ideoloxía republicana e socialista, nin dos problemas sociais e económicos. A protesta republicana de 1848 pola represión provocou a súa abdicación, seguida da proclamación da Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ludovico Pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (877-879), fillo de Carlos o Calvo. Encabezou unha rebelión contra o seu pai (862) e trala súa morte recibiu Neustria, Borgoña, Lorena e Provenza. Loitou pola coroa imperial pero morreu antes de participar nos acordos para a elección do novo emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 863? - París 882) Rei de Francia (879-882), fillo de Luís II de Francia. Repartiu os territorios do reino co seu irmán Carlomán II de Francia e quedouse con Neustria e Austrasia. Ao comezo do seu reinado tivo que enfrontarse co conde Boson, que se fixera rei de Provenza. Trala súa vitoria en 880, herdou os territorios do seu irmán e recuperouse brevemente a unidade do Imperio Carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (936-954), fillo de Carlos III o Simple. Despois da derrota do seu pai en 923, refuxiouse a carón do seu avó, o duque de Wessex. Fíxose co poder despois da morte de Rodolfo I de Borgoña e durante o seu reinado mantivo enfrontamentos co conde de París, o Emperador Odón I e Hugo o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1226-1270), fillo de Luís VIII e de Branca de Castela. A súa nai exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade (1229-1234). En 1234 casou con Margarida de Provenza. O seu reinado caracterizouse pola consolidación da autoridade lexislativa e xudicial do monarca e dos seus órganos de poder. Estableceu a calidade da moeda real como garantía para as transaccións comerciais. Organizou e liderou a Sétima Cruzada (1248-1254) contra Exipto, pero foi capturado polos musulmáns. Trala súa liberación volveu a Francia e estableceu as bases para a centralización da administración territorial. Derrotou a Enrique III de Inglaterra na Batalla de Taillebourg (1242), quen, polo Tratado de París (1259), abandonou os seus dereitos sobre Normandie, Anjou, Maine e Poitou. Encabezou unha nova cruzada en 1267 e morreu fronte a Tunes. Foi canonizado por Bonifacio VIII (1297) para asegurar a paz con Filipe IV. Na iconografía viste roupa militar ou real, con manto de armiño e insignias reais (coroa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (986-987), fillo de Lotario III. Derradeiro monarca da dinastía carolinxia, sucedeuno no trono Hugo Capeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1108 -1137), fillo de Filipe I. Reforzou o poder real e centrou o seu dominio ao redor da Île-de-France. Loitou contra Enrique I de Inglaterra, duque de Normandie, e detivo a invasión de Enrique V de Alemaña, aliado do inglés. Pouco antes da súa morte, casou o seu fillo Luís, futuro Luís VII de Francia, con Leonor de Aquitania e estendeu ata os Pireneos os dominios dos Capeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1120 - París 1180) Rei de Francia (1137 - 1180), fillo de Luís VI. Axudou o Papa Alexandre III nas súas disputas con Federico Barbarrubia. Loitou na Segunda Cruzada e mantivo constantes enfrontamentos con Enrique II de Inglaterra, que casou coa súa ex-muller Leonor de Aquitania, e obtivo deste xeito o dominio de extensos territorios en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1223-1226), fillo de Filipe II Augusto. Tentou expulsar os ingleses do territorio francés e dirixiu unha cruzada contra os albixenses (1215), en que ocupou Aviñón e unha grande extensión do Languedoc. Foi proclamado rei de Inglaterra polos nobres ingleses, enfrentados a Xoán I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1314-1316) e rei de Navarra (Luís I, 1305-1316), fillo de Filipe IV o Fermoso e de Xoana I de Navarra. Á morte da súa nai foi proclamado rei de Navarra e tivo que enfrontarse coa oposición do clero e a nobreza, que o forzaron a confirmar os seus dereitos e privilexios en cada unha das provincias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1461-1483), fillo de Carlos VIII. Participou na revolta nobiliaria da Praguerie (1440) contra o seu pai, pero despois de acceder ao poder, limitou os poderes dos grandes señores feudais que se rebelaron contra el na Guerra do Ben Público (1465). Enfrontouse con Carlos I de Borgoña,   o Temerario, que o fixo prisioneiro en 1468. Entre 1480 e 1481, uniu á coroa francesa os territorios de Anjou-Maine e Provenza e, despois da súa morte, anexionáronse Borgoña e o Franco Condado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1498-1515) e duque de Orléans (1465-1498). Casou con Xoana de Francia, filla de Luís XI. Durante a minoría de idade do seu primo Carlos VIII foi un dos líderes da oposición nobiliaria. Prisioneiro entre 1488 e 1491, foi liberado polo rei e acompañouno na expedición a Italia (1494-1495). Sucedeuno en 1498, emprendeu o reforzamento da monarquía mediante a reforma da administración e neutralizou as ambicións da nobreza. Ocupou Xénova e o Milanesado (1499-1501), pero en 1504 Fernando o Católico expulsouno do Reino de Nápoles. Organizou a Liga de Cambrai contra Venecia (1508) pero tivo que deixar Italia pola presión da Liga Santa (1511).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1610-1643), fillo de Enrique IV e de María de Medici. A súa nai exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade, mentres a nobreza e os protestantes estenderon o seu poder. En 1615 casou con Ana de Austria, filla do Rei Filipe III, pero o seu reinado efectivo non comezou ata 1617, baixo a privanza do duque de Luynes. As loitas contra os nobres (1620) e os protestantes (1621) marcaron a primeira parte do seu reinado, ata a morte do privado e o acceso ao poder de Richelieu, quen reforzou o poder do monarca e limitou o predominio da aristocracia e dos protestantes hugonotes. En 1629 eliminou os últimos redutos feudais e derrotou os protestantes de La Rochelle. A súa agresiva política exterior estivo marcada pola Guerra dos Trinta Anos e os seus enfrontamentos con España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1643-1715), fillo de Luís XIII e de Ana de Austria. O seu reinado comezou baixo a rexencia da súa nai e o goberno de G. R. Mazzarino, caracterizado polas revoltas internas, como a da Fronda (1648-1653), e a Paz de Westfalia (1648). Casou coa infanta María Tareixa de Austria en cumprimento do acordado na Paz dos Pireneos coa monarquía hispánica (1659). O seu goberno comezou en 1661 e levou á práctica as formas de goberno propias da monarquía absoluta. Defendeu unha política de corte imperialista en Europa, e reformou o sistema tributario, fomentou a prosperidade do comercio e da industria e favoreceu a creación dunha mariña potente, coa colaboración de ministros como Colbert. Ocupou os territorios de Austria na fronteira flamenga (1667) durante a Guerra da Devolución. A formación da Triple Alianza da Haia detivo a expansión francesa e obrigouno a aceptar o Tratado de Aquisgrán (1668). Emprendeu unha política violenta no Mediterráneo, con ataques contra o N de África e Xénova,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1715-1774), neto e sucesor de Luís XIV. Na súa minoría de idade, o duque Filipe de Orléans exerceu a rexencia (1715-1723). Tralo seu matrimonio con María Leszczy’nska, filla do Rei Estanislao I de Polonia (1723), nomeou primeiro ministro o cardeal Fleury (1726-1743), que mantivo a estabilidade interior e acadou unha mellora na economía, pero levou a Francia a participar na Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735). Á morte de Fleury, o monarca controlou a xestión dos ministerios e apoiouse na marquesa de Pompadour e na condesa Du Barry, que exerceron como mecenas e protectoras de artistas e pensadores. Mantivo enfrontamentos co Parlamento, que pretendeu limitar o poder do monarca, mentres que as clases privilexiadas rexeitaron os intentos de reforma fiscal. Despois da Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748), asinou o Tratado de Fontainebleau con España, referendado no Tratado de París (1763). Durante o goberno do duque de Choiseul (1758-1770) acadouse o equilibrio nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1774-1792), neto e sucesor de Luís XV. Casou con María Antonieta, filla da Emperatriz María Tareixa I de Austria. O comezo do seu reinado caracterizouse polo afán reformista, nomeou sucesivamente a Turgot e Necker ministros de Facenda. Os seus esforzos para reducir o déficit público e introducir reformas financeiras fracasaron pola resistencia dos privilexiados. A indecisión do monarca propiciou unha reacción autoritaria, que se enfrontou coas reclamacións das asembleas provinciais e o levou a convocar os Estados Xerais (1789). Nos primeiros momentos conviviu co réxime constitucional, pero trala Toma da Bastilla (1789) buscou apoio nas Cortes europeas e tentou fuxir da Convención Nacional, pero foi recoñecido na fuxida de Varennes (1791). A partir deste momento permaneceu prisioneiro e viu limitados os seus poderes, pero mantívose como símbolo da orde. O seu apoio a diversas intrigas contrarrevolucionarias e ao Manifesto de Brunswick (1792), realizado polos invasores autríacos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei nominal de Francia (1793-1795), delfín de Viena (1789-1793) e duque de Normandie, fillo de Luís XVI. Á morte do seu pai, os monárquicos recoñecérono como rei de Francia, pero a Comuna de París púxoo baixo a tutela dun zapateiro para ser educado xunto ao pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1814-1824), irmán de Luís XVI. Iniciou a súa rexencia en 1793, despois da morte na guillotina do seu irmán. Trala morte do seu sobriño Luís XVII, proclamouse rei e organizou un goberno no exilio. Accedeu ao trono despois da caída de Napoleón I. En 1814, aprobou unha constitución moderada e, á volta de Napoleón durante os Cen Días, perdeu o poder, pero recuperouno grazas á intervención das potencias europeas. Este feito provocou o comezo dunha campaña de represión contra os bonapartistas e os republicanos, coñecido como Terror Branco. A súa política endureceuse despois do asasinato do duque de Berry (1820), herdeiro ao trono. Apoiou a restauración en España de Fernando VII en 1823.

    VER O DETALLE DO TERMO