Luís XIV de Francia o Grande ou o Rei Sol

Luís XIV de Francia o Grande ou o Rei Sol

Rei de Francia (1643-1715), fillo de Luís XIII e de Ana de Austria. O seu reinado comezou baixo a rexencia da súa nai e o goberno de G. R. Mazzarino, caracterizado polas revoltas internas, como a da Fronda (1648-1653), e a Paz de Westfalia (1648). Casou coa infanta María Tareixa de Austria en cumprimento do acordado na Paz dos Pireneos coa monarquía hispánica (1659). O seu goberno comezou en 1661 e levou á práctica as formas de goberno propias da monarquía absoluta. Defendeu unha política de corte imperialista en Europa, e reformou o sistema tributario, fomentou a prosperidade do comercio e da industria e favoreceu a creación dunha mariña potente, coa colaboración de ministros como Colbert. Ocupou os territorios de Austria na fronteira flamenga (1667) durante a Guerra da Devolución. A formación da Triple Alianza da Haia detivo a expansión francesa e obrigouno a aceptar o Tratado de Aquisgrán (1668). Emprendeu unha política violenta no Mediterráneo, con ataques contra o N de África e Xénova, e enfrontamentos co papa, mentres na mesma Francia revocou o Edito de Nantes. En 1686 constituíuse a Liga de Augsburgo e comezou unha guerra de desgaste que marcou o comezo da decadencia francesa. Pouco despois de asinar a Paz de Rijswijk (1697), o monarca iniciou a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). As paces de Utrecht (1713) e Rastatt (1714) permitíronlle asegurar para o seu neto Filipe de Anjou o trono de España.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Laye

  • Deceso

    Lugar : Versailles