"Francisco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 574.
-
GALICIA
Escultor. Aos 14 anos trasladouse a Barcelona, alí estudiou no colexio dos Salesianos de Sarriá onde se iniciou como escultor á sombra do Novecentismo. En 1916 marchou para Barakaldo coa intención de traballar como mestre de debuxo no Colexio dos Salesianos. En 1917 foi a Madrid por mor do servizo militar. Ao longo deste período formativo entrou en contacto coa obra de Rodin e Bourdelle, tendo ademais a oportunidade de participar nos movementos renovadores de Catalunya e Madrid, e no espertar dunha nova sensibilidade que o encamiñou cara á estética medieval, reafirmada coa súa volta a Galicia en 1918 -logo de gañar a praza de escultor anatómico da Universidade de Santiago de Compostela-, onde descubriu o Románico compostelán. Ata a súa chegada a Santiago de Compostela a súa obra segue unhas reminiscencias decimonónicas e rodinianas, manifestando certa preferencia polas formas esvaídas e polas materias brandas, coas que modelou as súas primeiras obras; sen embargo, a súa escultura é claramente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña (1998) e xogador internacional de hóckey a patíns. Como deportista, militou nos equipos coruñeses da división de honor do C. H. Dominicos e do H.C. Liceo, proclamándose campión da Copa do Rei en 1994 co Dominicos. Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey sobre patíns e da Orde ao Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e historiador. Deixou manuscrita unha Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado, redactada entre 1839 e 1852; esta obra, que se conserva no Arquivo da Catedral de Tui, foi editada pola Xunta de Galicia en 1997. Así mesmo, o Museo de Pontevedra editou: El convento de ermitaños de San Cosme y San Damián, junto de Bayona (1942), Castillos de la tierra de Tuy (1943) e La Iglesia Colegiata de Bayona (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, ensaísta e sociólogo. Pertenceu ao grupo da Revista de Occidente. Desta época son as novelas Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Medusa artificial (1930). Exiliouse na Arxentina (1939-1944) e, durante o peronismo, en Porto Rico e México. No exilio derivou cara a unha literatura de preocupacións éticas e converteuse nun dos novelistas fundamentais no tratamento da Guerra Civil española. No ano 1961 volveu ao estado español e publicou: Obras narrativas completas (1969) e El jardín de las delicias (1971). Membro da Real Academia de la Lengua Española, foi galardoado cos premios Nacional de Literatura (1983) e Cervantes (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Ciencias Biolóxicas e de Filosofía na Universidade de California (campus de Irvine). Discípulo de Dobzhansky, a súa traxectoria científica levouno a identificar diversos modelos de especiación non descritos con anterioridade. É autor de máis de 500 artigos de xenética, ecoloxía, evolución e filosofía da ciencia. As súas obras máis importantes son: Evolución (1980), Origen y evolución del hombre (1980), La evolución en acción (1983), Estudios sobre Filosofía de la Biología (1983), Genética moderna (1984), La naturaleza inacabada (1987) e La teoría de la evolución (1994). Así mesmo, é membro do Comité de Asesores de Ciencia e Tecnoloxía do Presidente dos EE UU, William J. Clinton; tamén pertence a numerosas academias científicas e preside a Asociación Americana para o Avance da Ciencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Publicou El laboratorio y los derrames tuberculosos (1922) e El problema manicomial de Conjo (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e poeta barroco. É o autor do tratado Teatro de los teatros de los pasados y presentes siglos, traballo publicado fragmentariamente no 1901, no que defende a comedia dos ataques dos xesuítas. No 1722 editáronse as súas Obras líricas, influídas por Góngora, e os seus textos dramáticos (A pedra filosofal, derivada de La vida es sueño, El esclavo en grillos de oro e o auto sacramental El gran químico del mundo) nos que procurou imitar o estilo de Calderón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Asenjo Barbieri.
-
PERSOEIRO
Político e pedagogo. Cursou estudios de Filosofía e Letras e incorporouse á ILE (Institución Libre de Enseñanza). Durante a Segunda República ocupou diversos cargos nas Cortes. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. En 1933 foi nomeado ministro de Instrución Pública e ingresou no partido Izquierda Republicana. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Traballou nas pinturas do retablo da Igrexa de San Miguel e levou a cabo a restauración do Cristo da parroquia de Cordeiro (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Con anterioridade á súa chegada á Coruña (1792), consagrouse ao comercio polo espazo dunha década na cidade de Donostia, asociado co seu curmán J. Bautista D’Abadié. O nome de Barrié, xa establecido en Galicia dende 1792, exemplifica a burguesía de orixe foránea que se estaba a instalar na Coruña neses anos. Nun comezo dedicouse, preferentemente, a introducir cereal estranxeiro no mercado local, participando mesmo no negocio dos bacallaos terranovenses. Este comercio, en época de penuria económica, deulle importantes beneficios. Pero tamén compaxinou este traballo con outras moitas actividades como: o corso marítimo, o comercio con América, a condución de negros a América, etc. Á parte desta dedicación comercial tamén se implicou en empresas fabriles (dende 1803 dirixiu a fábrica de sombreiros da Coruña), ampliando así o seu volume de negocios. Xa nos primeiros anos da súa estancia na Coruña destacou no grupo dos grandes do comercio local e tomou parte activa nas deliberacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Tomou parte nos movementos independentistas e participou na Asamblea Constituínte de 1823. Foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829-1830) e presidente da Asamblea de Guatemala en 1837. A partir de 1848 dirixiu o xornal El álbum republicano. En 1849 houbo de fuxir de Guatemala e refuxiose en Honduras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Realizou estudos de Filosofía e Letras. Cultivou a literatura de tipo costumista. Recreou temas populares da cultura galega tratados con humor. Publicou as seguintes obras: Andanzas de Xan Cativo (1972), Viaxeiro da risa (1973), Os ovos da pita choca (1975), Os cabalos da troula (1992) e O rato de frei Corchea (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e periodista portugués. Colaborou en La Renaixença e en La Veu de Catalunya. É autor dos ensaios A crise (1894) e Intereses nacionais (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto castelán. Representante do momento de transición do Herrerianismo ao Barroco. No ano 1633 substituíu a Pedro Sánchez na construción de San Isidro el Real, que se comezara a edificar no 1622. A súa obra máxima é a igrexa de San Juan Bautista de Toledo, comezada no 1628.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e retratista. Foi pintor da corte dende o ano 1767 e director da Academia de San Fernando de Madrid no ano 1788. Dun rococó brillante, evolucionou cara a un clasicismo académico, e foi o máis persoal dos pintores do círculo de Mengs. Dedicouse sobre todo á pintura mural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto español. Embarcou cara a México no ano 1573, onde dirixiu as obras da Catedral de Puebla e consolidou a Igrexa de Santo Domingo, na capital. No ano 1581 trasladouse a Quito e no 1582 ao Perú, onde trazou os planos da Catedral de Lima. Así mesmo, durante a súa estadía no Perú deseñou os fortes de Callao e o pazo dos vicerreis en Lima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Farmacia e Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid, onde foi profesor de Botánica (1934). En 1943 ocupou a cátedra de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e en 1964 a de Fitoxeografía da Universidad Complutense de Madrid. Durante a década 1964-1974 simultaneou o traballo na universidade coa dirección do Real Jardín Botánico de Madrid. Entre as publicacións que dedicou á flora galega destacan: Mantissa Stirpium Gallaeciae (1950), Anotaciones a la flora criptogámica gallega (1952), Adiciones y correcciones a la flora de Galicia (1959) e Notas sobre la flora gallega (1959).
VER O DETALLE DO TERMO