"IFR" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 56.

  • Nome dado polo árabes á rexión oriental do N de África, que se corresponde coa actual Tunisia. Foi conquistada polos musulmáns en 670 e en 711 partiu dela a expedición de Tāriq ibn Ziyād que conquistou a Península Ibérica (711).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode descifrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (12.320 km2; 465.000 h [estim 1994]). A capital é Khenifra (60.835 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á liña telefónica en que a marcaxe dun número se fai pola emisión de varias frecuencias, ou sexa, varias tonalidades en vez de impulsos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspirar polo nariz emitindo un son forte, por ter molestias respiratorias.

    2. Chorar pouco ou sen ganas.

    3. Aspirar polo nariz algunha droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen chora e se queixa con facilidade e normalmente sen un motivo aparente.

    2. Que ou quen chora moito e é dífícil de convencer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves paseriformes, da familia dos córvidos, que presentan o peteiro longo e robusto e a plumaxe parda escura con certas manchas brancas. Viven en bosques de coníferas e en zonas montañosas. Pertencen a este xénero os crebanoces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de palabras que se usan para expresar unha idea que se podería transmitir en poucas palabras ou nunha soa.

      1. Expresión composta dun concepto que non adoita ter unha correspondencia, nunha soa palabra, no sistema da lingua.

      2. perífrase verbal

        Unidade verbal constituída por un verbo en forma persoal -verbo auxiliar-, que é o portador dos morfemas modo temporais e número persoais, e outro en forma non persoal (xeralmente infinitivo, xerundio e participio), -verbo auxiliado-. O verbo auxiliar, que pode ser pronominal, precede polo regular ao auxiliado e vai unido a el directamente ou por algún elemento de relación (en xeral algunha preposición ou as conxuncións e ou que). Desde o punto de vista funcional e semántico a perífrase é unha unidade, cun único predicado e un único significado léxico que vai determinado polos morfemas gramaticais do verbo que cumpran en cada caso, incluídos os perifrásticos. En consecuencia, o auxiliado non pode nin eliminarse nin substituírse sen alterar substancialmente o contido da oración; pola contra, o cambio ou eliminación do auxiliar só provoca unha alteración no significado gramatical de modo, tempo, aspecto ou voz do verbo principal. Por outra parte, o verbo que en principio...

    2. Figura retórica que expresa o contido dunha palabra mediante outras, para evitar o uso daquela cunha finalidade embelecedora ou eufemística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á perífrase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘neno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das saxifragáceas, duras na base, perennes e de follas simples, máis ou menos partidas, alternas ou basais. As flores poden ser de diversas cores, pentámeras, períxinas e están dispostas en cimas ou panículas. O froito é en cápsula. Algunhas especies son plantas de xardín. En Galicia destaca a presenza da especie S. granulata, de ata 50 cm de altura e con flores brancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás saxifragáceas.

    2. Planta da familia das saxifragáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das rosais, constituída por especies herbáceas perennes e raramente leñosas, con follas alternas, enteiras ou divididas. As flores son actinomorfas, hermafroditas e xeralmente pentámeras, e os seus froitos en cápsula, en folículo ou en baga. Habitan sobre todo nos países temperados do hemisferio norte e de América do Sur. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se emprega para desfacer as pedras da vexiga.

      2. Preparado empregado para desfacer as pedras da vexiga.

    1. Planta herbácea que pertence ao xénero Saxifraga da familia das saxifragáceas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Peludo (? 840 - 897) Conde de Cerdaña e de Urgell (870?-897), de Barcelona, de Girona (Wifredo II) e de Besalú (878-897). Gobernou como vasalo dos francos a Marca Hispánica. Sucedeuno o seu fillo Wifredo II (897-911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • crioclastia.

    VER O DETALLE DO TERMO