"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

    1. Pequena agulla de metal, con cabeza redondeada -ás veces de cores- en lugar de burato nun dos seus extremos. Emprégase para soster o labor ou o picado na almofada, unir ou pregar dúas pezas de roupa, etc. Préndese nun alfineteiro.

    2. Prendedor metálico que une dúas partes dunha prenda e se usa como adorno.

    3. Peza de metal, puntiaguda nun extremo e con cabeza no extremo oposto, empregada no mundo prerromano e romano como agulla ou prendedor para o pelo. O proceso técnico empregado na súa elaboración era o da cera perdida. Os alfinetes castrexos e galaicorromanos son, polo xeral, bastante fortes e longos e case que todos os que se coñecen están feitos de bronce. As cabezas ofrecen variadas formas: cilíndricas, cónicas, globulares, en forma de botón ou flor e de traza campanular. Nalgún caso, presentan un notable tamaño e son de complexa ornamentación.

    4. Herba perenne de ata 80 cm de altura, de follas opostas, ovadas e amplexicaules e de flores vermellas ou brancas dispostas en panícula, coa corola formada por cinco pétalos soldados nun tubo rematado nun alfinete inferior. Aparece en toda Galicia entre rochas, valados e paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Almofadiña que serve para perforar con alfinetes.

    2. Estoxo pequeno que serve para gardar alfinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na comarca de Los Montes (5.323 h [1996]). Ten numerosas aciñeiras. Cultívanse cereais e oliveiras. Explota canteiras de xeso e cal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València (11.632 h [1996]). Cultivo de laranxeira. Industria derivada da agricultura. Ten ferrocarril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato pesqueiro do concello de Cangas do Morrazo, fundado en 1914 e disolto en 1936. De tendencia socialista antes da proclamación da Segunda República Española, en 1931 afiliouse á anarquista Federación Regional de Industria Pesquera. O seu obxectivo era a unión de todos os traballadores da pesca para reclamar melloras nas condicións sociolaborais dos mariñeiros e demais traballadores do mar. Foi unha das maiores organizacións mariñeiras do litoral das Rías Baixas, pois en 1932 agrupaba a máis de 1.500 afiliados. En maio de 1931 protagonizou as folgas pesqueiras que afectaron aos portos de Cangas, Moaña e Guixar (Teis) nas que reclamaban unha mellora nas condicións de venda do peixe por parte dos fabricantes de conserva, aos que se lles esixía o pago do carrexo e a imposibilidade de rebaixar o prezo con posterioridade. Esta conflitividade, que se espallou aos portos de Ferrol, A Coruña e Mugardos, produciu nos anos 1931 e 1932 unha importante conflitividade entre armadores (que aceptaran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de mariñeiros e traballadores da industria pesqueira do concello de Moaña, fundado no 1919 e clausurado nos inicios da sublevación militar de 1936. Fortemente vinculado á Alianza Marinera de Cangas, pasou dunha afiliación socialista á anarquista a partir de 1931. O seu obxectivo era a conquista de melloras laborais como o aumento salarial, a redución da xornada laboral ou implantación dun seguro de accidentes no traballo. Foi un dos sindicatos pesqueiros que máis actuou na procura dunha solución do conflito que, do 1932 ao 1936, provocou ás flutuacións do prezo de venda da sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de Pescadores de Marín. Sindicato dos traballadores da industria do mar do porto de Marín fundado o 10 de xullo de 1914. Agrupaba os tripulantes dos vapores e das motoras. A Alianza é froito da modernización da pesca galega, que pouco a pouco vai deixando de lado as técnicas tradicionais, para substituílas polos motores a vapor e as máquinas diesel. Foi unha das organizacións mariñeiras de clase máis potentes da súa época, reunindo á altura do 1919 un total de 956 afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova liña escrita para abrir parágrafo ou cada un dos apartados que se realizan dentro dun texto, sinalado mediante un sangrado ou mediante unha letra ou número que indican cambio de tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da XVIII vía romana, tamén chamada nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València, situado 2,5 km ao S de Gandía (1.759 h [1996]). Monocultivo da laranxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da mobilidade no que o individuo executa un movemento co membro oposto ao que desexa ou ao que se lle ordena mover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político castelán. Deputado (1854-1856), presidiu a comisión encargada da elaboración da Constitución do 1876. Como Ministro de Xustiza interveu na redacción do Código Civil (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou Tratado de Contabilidad y teneduría de Libros (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise da persoa que di cousas agradables e melosas para impresionar e convencer aos demais sobre os seus propios intereses.

    2. Aplícase tamén a aquelas causas ou acontecementos que convencen e onquistan ás persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación británica de alpinismo fundada en Londres, no ano 1857 por Tucket, Johan Tyndall, Kennedy, Douglas William Freshfield e W.A.B. Coolidge. É o club máis antigo desta especialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na industria dos deterxentes sintéticos, denominación xenérica dos alquilbencesulfonatos facilmente biodegradables.

    VER O DETALLE DO TERMO