"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Fototropismo no que a resposta ao estímulo da luz é negativa, é dicir, de afastarse da fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Simpatía polo africano.

    2. Defensa dos valores culturais ou dos intereses políticos e doutra índole dos africanos, especialmente dos africanos negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina formulada no s VI por Xián, Bispo de Halicarnaso, como variante do monofisismo. Mantiña que o corpo de Xesucristo era incorruptible, impasible e inmortal; xa que logo, sostiña que, se realmente padeceu, foi por vontade propia. Combateuna Severo, patriarca de Antioquía, no seu intento por establecer unha ortodoxia monofisista. Os seus detractores déronlles o nome de pantasiastas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O agnosticismo renuncia a saber todo o que reborda os límites do noso coñecemento. O agnosticismo ten unha base científica-positiva que considera inalcanzable para o noso coñecemento alén do que a ciencia permite, non aceptando máis verdade ca a que está sustentada polo método científico e, polo tanto, están en contra da noción absoluta e de calquera metafísica construída sobre esta noción. Neste sentido, preséntase como unha doutrina exclusivamente científica ao introducir unha limitación aos seus propios obxectos de coñecemento e negar o carácter científico da metafísica. O agnosticismo abrangue todas as filosofías que sustentan que a cousa en si é inasequible para a intelixencia humana: idealismo absoluto de Berkeley, empirismo de Hume ou empiriocriticismo de Mach e Avenarius, que reducen o ser á representación do mesmo; ou o idealismo transcendental de Kant ou o positivismo de Comte e Spencer, que entenden que só podemos coñecer os fenómenos da cousa en si. O termo foi introducido por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas de Aurelio Agostiño que se encontran presentes, aínda que diversamente matizadas, en moitos pensadores do Medievo e nalgúns da Idade Moderna. Son elementos definitorios do agostinismo os seguintes: a unidade do saber filosófico-ecolóxico; a primacía da vontade sobre a intelixencia, tanto en Deus como no home; a necesaria iluminación divina do entendemento humano, condición necesaria para acadar verdades absolutas de calquera orde; o pesimismo sobre as posibilidades morais da natureza humana; e a preeminencia da gracia, entendida como espiritualidade mística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación aplicada a diversas tendencias políticas que teñen en común un interese centrado nos problemas do agro e dos labregos. Ás veces son movementos que propugnan unha profunda reforma agraria, como é o caso de México coa figura de Emiliano Zapata. En Europa a denominación adoita aplicarse a formacións conservadoras que representan os intereses dos medianos propietarios. O agrarismo está considerado como o movemento social máis importante da Galicia contemporánea, desenvolvéndose en senso estricto entre a década dos oitenta do s XIX e a Guerra Civil Española. Fenómeno de extraordinaria complexidade, encontra a súa unicidade no duplo obxectivo de garantir a supervivencia do maioritario campesiñado parcelario fronte ao desafío do mercado capitalista, e de artellar social e politicamente os intereses deste grupo social. Comprendido no contexto de mobilización dos intereses agrarios que se rexistra en todo o continente europeo a partir da denominada crise agraria finisecular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de turismo rural que consiste no aloxamento dos turistas nunha casa, situada no campo, e que acostuma acompañarse da súa participación nas actividades agropecuarias ou forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso no que se difunden novas alarmantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia total ou parcial de pigmento nun organismo. Nos animais maniféstase na despigmentación da pel, nos ollos e nos pelos e é ocasionado polo bloqueo da síntese de melanina, determinado por un xen recesivo. Nos vexetais prodúcese por falta de clorofila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do organismo consecutivo a unha excesiva inxestión de bebidas alcohólicas. Este termo inclúe dúas manifestacións da acción do alcohol no organismo: o alcoholismo como enfermidade reincidente crónica (dependencia física e psíquica) e o alcoholismo como un problema social (consumo esaxerado de alcohol). Cómpre diferenciar tamén a intoxicación alcohólica aguda do verdadeiro alcoholismo, o crónico. A intoxicación alcohólica aguda (ou embriaguez) é o cadro que aparece despois da inxestión dunha cantidade excesiva de alcohol. Comeza cunha fase de excitación psicomotora con euforia e perda das inhibicións e represións sociais; posteriormente, aparecen trastornos do ton e a coordinación motora, dificultade para a articulación da linguaxe ou disartria acompañada de reaccións vexetativas como náuseas e vómitos. Máis adiante pode aparecer un adormecemento progresivo, chegando ao coma e finalmente á morte por paro respiratorio. O alcoholismo crónico, inxestión continuada...

    2. síndrome de alcoholismo fetal

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alcoholismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de trastornos provocados por unha secrección moi abundante de aldosterona, acompañada dunha retención de sodio e dunha eliminación excesiva de potasio.

    2. aldosteronismo primario

    3. aldosteronismo secundario

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método alegórico de interpretar, especialmente a Sagrada Escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de presentar alelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente aristotélica italiana centrada en Boloña dos séculos XV e XVI, inspirado en Alexandre de Afrodisia. Caracterízase pola negación da inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

      2. algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal (0, 1, 2, 3 [...], 8, 9) introducida polo emperador Carlomagno en Occidente. É a representación numérica máis espallada no mundo, mesmo en países cun sistema numérico tradicional propio.

      3. algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

    1. Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen, unha vez especificados os datos, á solución que o problema xenérico en cuestión ten para os datos considerados. Así, o algarismo da raíz cadrada permite, despois dunha sistemática operativa, calcular a raíz cadrada de calquera número. Defínense algarismos naquelas situacións, matemáticas ou non, nas que establecer unha estratexia ordenada facilite a obtención de solucións (teoría dos xogos, organización do traballo). Os programas informáticos son basicamente algarismos escritos en linguaxe de programación nos cales o ordenador efectúa repetidamente as operacións que se lle indicaron.

      1. Sistema de regras e procedementos de cálculo ben definidos, baseado en fórmulas matemáticas, que permite resolver un problema nun número finito de operacións.

      2. Lóxica incorporada nun programa informático.

    2. algarismo de compresión

    3. algarismo de Euclides

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das alismatáceas ao que pertencen algunhas chantaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das alismatáceas.

    2. Planta da familia das alismatáceas.

    3. Familia de plantas acuáticas da orde das alismatais á que pertencen os xéneros Alisma e Baldellia, que reciben o nome común de chantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da orde das alismatais.

    2. Orde de plantas herbáceas da subclase das alismátidas á que pertencen as familias das butomáceas e das alismatáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO