"Iros" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 271.

  • asos gregos dos ss V-IV a C procedentes do santuario dos misterios dos Cabiros, de figuras negras e fondo amarelo. A súa decoración, vexetal e caricaturesca, está inspirada nestas divindades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de divindades da mitoloxía grega, seguramente de procedencia frixia, que personifican as forzas da natureza. Recibían cultos de carácter misterioso en Samotracia, onde tamén eran denominadas grandes deusas, Lemnos, Mileto, Pérgamo e Tebas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Cabreiros (concello de Xermade). O seu cumio atópase a 532 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido Caeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría tradicional da comarca de Betanzos, celebrada o 25 de agosto, que pecha as celebracións das festas de San Roque, as patronais da capital. Os participantes remontan o río Mandeo, en lanchas engalanadas para a ocasión, dende o porto betanceiro ata unha eira situada no límite entre os concellos de Cesuras e Betanzos, no lugar dos Caneiros, na que se fai a festa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da vertente oriental da serra de Queixa, no macizo de Manzaneda, na parroquia de Cernado, concello de Manzaneda. O seu cumio acada os 1.592 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha caldeira de ouro sobre chamas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Dereito (1997) pola Universidade da Coruña e profesor na facultade de dereito da Universidade da Coruña, especializouse na historia da administración galega na Idade Moderna. Realizou investigacións en Catania (Italia) e Santiago de Chile. Colaborador da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) e do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, foi autor de El Municipio de Santiago de Compostela a finales del Antiguo Régimen: (1759-1812) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre do s XIX erixida polo cóengo Xoán Martínez en San Xosé da Carballeira (Nogueira de Ramuín). Trátase dun edificio de planta cadrada con patio interior, muros de cadeirado ben labrados e cunha cheminea decorada con pináculos. Conserva unha pequena capela separada da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de sinople, cinco castelos de azul, postos en cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que exhala cheiro. OBS: Como o substantivo cheiro, este adxectivo pode referirse a calquera olor ou a mal olor segundo a área de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar Cisneiros é un zootopónimo abundancial formado sobre a voz cisne, xa que significa ‘lugar no que abundan os cisnes’. Documéntase este apelido tardiamente, no s XVIII: “Lorenzo Cisneros” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 117). Adoita aparecer castelanizado como Cisneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido galego Cobreiro. Documéntase no s XV: “Pedro de Cobreiros” (doc ano 1414 en X. Ferro Couselo, “A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 107), “Garcia de Cobreiros” (doc ano 1434 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 25). Adoita aparecer castelanizado como Cobreros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coirós baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO