"Laro" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 54.

  • Relativo ou pertencente á polarigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para o rexistro automático de curvas de intensidade-voltaxe. Consta dun potenciómetro axustado ao motor que move o papel de rexistro e dun galvanómetro axeitado para medir a intensidade de corrente. Convenientemente axustado a unha cela polarográfica, emprégase moito en análise química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da intensidade de corrente en función da voltaxe, realizada cun polarógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de revelado e tipo de cámara fotográfica que permite o revelado da imaxe instantes despois de ser tomada. O seu precedente máis antigo foi a cámara Dubroni (1860) de colodión de prata, pero non foi ata 1947 que se chegou a un só proceso instantáneo, creado por Edwin H. Land e comercializado a partir de novembro de 1948 a través de Polaroid Corporation. Con este procedemento empregábase o soporte papel e as imaxes eran cor sepia. A partir de 1962 e mediante a película polacolor, foi posible tomar fotografías en cor instantáneas, aínda que cunha coloración moi inestable. Co tempo, a nova xeración de películas e a tecnoloxía de vangarda aplicada ás cámaras permitiu mellorar a calidade e fiabilidade das imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada en 1986 por Suso de Toro. Próxima ás tendencias renovadoras da narrativa da década de 1980, o autor procurou un cambio en canto a aspectos técnicos e temáticos na narrativa galega, como a introdución de personaxes marxinais, a pluralidade de puntos de vista, a intertextualidade ou o tratamento do sexo, a pornografía, a loucura ou o absurdo. A medio camiño entre a novela e un conxunto de relatos, constitúe unha amalgama de vivencias de persoas que se identifican cun colectivo, principalmente marxinal. Foi galardoada co Premio da Crítica Galicia (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lámina dicroica que polariza a luz absorbendo totalmente un dos raios (o ordinario ou ben o extraordinario) que se forman cando a luz incide sobre ela. Está constituída por numerosos cristais dicroicos de pequeno tamaño orientados paralelamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema formado polo axuste entre un electrón e o campo de deformacións que produce a rede cristalina dun semicondutor a causa da interacción cos ións ou átomos da rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que goza de fama ou notoriedade polas súas calidades ou méritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia). Está documentado en 909 e 993, cando Vermudo II o doou aos habitantes da súa xurisdición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Na década de 1920 viviu en Bos Aires e Nova York e estivo sempre vinculado ao periódico Cultura Proletaria e aos centros sociais organizados polos emigrantes A finais de 1932 regresou a Galicia e dirixiu Solidaridad Obrera (1933) da CRG. Incorporouse á redacción do xornal CNT e volveu á Coruña logo da Revolución de Asturias (1934). A comezos de 1935 foi mestre dos fillos dos mineiros das minas de San Fins (Lousame) e, xunto con Enrique Fernández, organizou a Federación Comarcal de Noia. A Guerra Civil sorprendeuno en Huelva, onde estaba a orientar o Sindicato de Industria Pesquera. Trasladouse a València e foi delegado regional da CNT no Comité Nacional, ocupando un cargo na sección propaganda. Escribiu “Amor que se afirma” (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de la unha vez tosquiada, sexa en forma de pel estendida, tal como se presenta inmediatamente despois da rapa, sexa en feixes, que é como se presenta unha vez desfeita.

    2. Pel lanar e curtida dun carneiro, un año ou unha ovella.

    3. élaro do carneiro alado que Zeus enviou para salvar a Frixos e Hele, que fuxían da súa madrasta Ino, quen quería sacrificalos. A cabalo do carneiro, Frixos conseguiu chegar a Cólquida, sacrificou o carneiro a Zeus e ofreceulle o seu vélaro de ouro ao rei, que o consagrou a Ares, pendurouno dunha aciñeira do bosque sagrado e púxolle un dragón para custodialo. Alí foron buscalo os argonautas con Xasón. Na Idade Media deu nome á Insigne Orde do Vélaro de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde civil e cabaleiresca creada para propagar a fe católica, en 1430 (en 1429 segundo o cómputo antigo) polo duque Filipe III de Borgoña con motivo do seu enlace con Isabel de Portugal. Polo matrimonio (1477) de María I de Borgoña co arquiduque Maximiliano I de Austria, o maxisterio da orde pasou aos Habsburgo e con eles aos monarcas españois con Carlos I. Á morte do Rei Carlos II (1700), derradeiro dos Austrias hispánicos, o gran maxisterio da orde exercérono o Rei Filipe V de España e o Emperador Carlos VI. Desde a morte do emperador (1740) houbo dúas ramas da orde, a hispánica e a austríaca, coa coexistencia de grandes mestres, pero os reis de España sempre protestaron polas pretensións dos emperadores austríacos, e xamais recoñeceron a lexitimidade. O seu xefe e soberano é o Rei Xoán Carlos I. En 1953 o goberno republicano de Austria recoñeceu oficialmente a personalidade xurídica da orde; ; o seu soberano é o arquiduque Carlos de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO