"Lier" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
PERSOEIRO
Antropólogo francés. Realizou investigacións entre os baruya de Nova Guinea (1967). Integrouse na École Pratique des Hautes Études e posteriormente foi profesor de antropoloxía no Collège de France. Designado director de estudios na École des Hautes Etudes en Sciences Sociales (1975), fundou o Centre de Recherche et de Documentation sur l’Océanie (CREDO) en 1995 e dirixiuno ata 1999. Foi director científico do Musée du Quai Branly (1997-2000). Fundador da antropoloxía económica francesa, combinou o marxismo co estruturalismo de H. Lévi-Strauss. Das súas obras destacan Rationalité et irrationalité en économie (1966), La prodution des Grands Hommes (1982) e L’énigme du don (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado con Peter Lely, foi retratista da burguesía intelectual. Das súas obras destacan Retrato de Le Brun (1686), La familia del pintor e Exvoto a santa Xenoveva, retrato colectivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico. Estudiou os cambios de estado da materia aplicando as curvas térmicas da súa invención. En 1884 descubriu o principio que leva o seu nome e creou a metalografía microscópica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método gráfico para determinar a temperatura teórica de combustión en función da potencia calorífica útil dun combustible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o que, nun sistema químico en equilibrio sometido a circunstancias esóxenas perturbadoras (como variación da presión ou da temperatura), o equilibrio tende a desprazarse no sentido de contrarrestar a acción producida. Foi enunciado independentemente por Le Chatelier e F. Braun. OBS: Tamén se denomina lei do desprazamento de equilibrio.
-
PERSOEIRO
Político, marqués de Louvois, fillo de Michel Le Tellier. Continuou a obra paterna na administración militar. Nomeado ministro de Estado por Luís XIV (1672), impulsou a política expansionista e introduciu reformas centralizadoras que suprimiron as derradeiras características medievais, que permitiron a creación do exército real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Protexido por Mazzarino, foi nomeado ministro da Guerra en 1643. Durante as Revoltas da Fronda representou a corte nas negociacións cos príncipes sublevados. Comezou a obra de creación do exército real, que foi continuada polo seu fillo François Michel Le Tellier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sílice, de fórmula SiO3. É un mineral incoloro e amorfo, non moi abundante, que se forma cando un raio cae en areas de cuarzo puro e as funde. OBS: Tamén se denomina vidro de sílice.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao pé da serra de Gándara e regado polo río Mieres (2.305 h [2001]). O núcleo do termo é El Mercadillo. A economía está baseada principalmente na agricultura (patacas e cereais), na gandería bovina e na industria derivada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Investigou a bohemia do teatro e dos barrios baixos. As súas obras son reportaxes ou testemuños novelados, sobre todo do período 1918-1931, dos que destacan Sangre en Atarazanas, Els exiliats de la Ditadura (1930) e Ocho meses y un día en el gobierno civil de Barcelona (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señora de Montpellier (1205-1213) e raíña de Aragón, filla de Guillerme VIII de Montpellier. Casou en 1204 con Pedro I de Aragón, quen a obrigou a cederlle en 1205 o señorío ao seu irmán Guillerme IX, aínda que o papa declarou que ela era a sucesora legal. En 1208 tivo un fillo, Xaime I de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Coñecido como le curé Meslier, escribiu Mon testament, en que atacou a relixión e as institucións políticas e sociais do seu tempo. Voltaire publicou diversos extractos co título de Testament du curé Meslier (1762).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Baptiste Poquelin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama que ten por obxecto poñer de manifesto as propiedades enerxéticas do vapor de auga (ou doutro fluído) e, concretamente, amosar a relación xeral entre a presión, a temperatura, a entalpía e a entropía deste vapor. Consiste nun sistema de coordenadas cartesianas, coa entropía no eixe de abscisas e a entalpía no de ordenadas, sobre o que se representan as isóbaras e isotermas. O diagrama está dividido en dúas zonas por unha curva de saturación: a zona de vapor saturado, que está situada na parte inferior da curva, e a de vapor sobrequentado, situada na parte superior. O diagrama de Mollier ten considerables aplicacións industriais. OBS: Tamén se denomina diagrama entálpico.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Turín, en Piemonte, Italia (53.120 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias de explosivos e farmacéuticas. Conserva un castelo do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Vermont, EE UU (8.035 h [2000]). Situada ao NO de Barre, ten industrias téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Languedoc-Rosellón e do departamento administrativo de Hérault, Francia (287.981 h [1999]). Situada nunha fértil chaira, regada polos ríos Lez e Verdanson, érguese sobre uns pequenos outeiros areosos. O centro inclúe a parte esencial do equipamento e as actividades urbanas. Entre estas é salientable a universitaria, xa en 1180 funcionaba unha escola de medicina, pero a universidade foi fundada en 1289. Tamén destacan as funcións comercial e industrial. A industria comprende os sectores tradicionais (téxtiles, alimentarios e mecánicos), e máis modernamente destacan as instalacións da firma IBM. Con todo, a influencia rexional de Montpellier quedou freada polas cidades de Narbona, Nimes, Marsella, Lyon e Toulouse. Fundada contra o ano 1000 constituíu o centro de señorío de Montpelleir, adquiriu unha grande importancia no s XIII, vencellada á Coroa de Aragón (1204-1359), e en 1382 foi incorporada definitivamente á coroa francesa. Numerosas epidemias e a anexión de Provenza...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Coñecido como Il Tempesta ou Cavaliere, desde 1666 traballou en Roma e noutras cidades italianas. Destacou como pintor de tempestades mariñas, que se caracterizaban polo seu realismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi sacerdote (1633) e, baixo a influencia de san Vicente de Paúl, dedicouse á formación do clero. Foi o fundador do seminario de Saint Sulpici en 1642 e da congregación dos sulpicianos.
VER O DETALLE DO TERMO