"Lores" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 73.

  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou Os Mornias (Premio Merlín de Literatura Infantil 1992), Brumas de octubre (Premio Gran Angular 1994) Conxurados (1995), Magog (Premio Manuel García Barros 1997), co pseudónimo de María Gándara, Alexandra (1999) e A escura luz do Tíber (2000). Como autora teatral obtivo o Premio Camiño de Santiago 1993 coa obra Nocturno de dragón, en colaboración con Bruno Bernardo, e o Premio de Teatro Profesional Camiño de Santiago de 1994 con Ultreias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de cine, televisión e teatro. Coñecida como Lola Herrera, despois de ter participado en espectáculos destacados como Un tranvía llamado deseo ou Seis personajes en busca de autor, protagonizou en 1979 Cinco horas con Mario, espectáculo co que obtivo o recoñecemento definitivo. Outros espectáculos nos que participou foron Juana del amor hermoso, Las amargas lágrimas de Petra von Kant e Segundos fuera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de flores agrupadas. As inflorescencias son de dous tipos: en acio ou indefinidas, se o eixe medra indefinidamente, e cimosas ou definidas, se o eixe remata nunha flor e o crecemento se volve lateral. Unha inflorescencia é simple se as ramificacións do eixe principal son unifloras, e composta se son multifloras. Decote as inflorescencias presentan hipsófilos (brácteas e bractéolas).

    2. Inflorescencia en que o eixe primario e cada un dos secundarios remata nunha flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Dereito, foi alcalde da Coruña (1976-1979), procurador en Cortes, xuíz e xefe da Administración Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meaño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo. Anarquista, integrouse no grupo Ni Dios ni Amo como editor da segunda época do xornal El Corsario. Xunto con Xosé Sanjurjo fundou a Sociedad Cooperativa de Obreros (1887). En 1903 presidiu a Asociación Tipográfica e o Centro de Estudios Sociales Germinal e, ao ano seguinte, La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. En 1906 foi un dos representantes das sociedades de resistencia coruñesas que asinou coa patronal o primeiro convenio colectivo da cidade. Colaborou en La Emancipación, Germinal e La Acción, e escribiu os ensaios Consecuencias del Estado (1896) e Creencia y Ciencia (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Lores (Meaño). En 1688 xa se constata a súa existencia. Conta cunhas escaleiras de acceso ao atrio e varias construcións anexas. Ao pé das escaleiras atópase unha fonte que se supón milagrosa. É moi coñecida a romaría de san Bieito a este santuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán, situado nunha zona montañosa das serras de Zagros (28.392 km2; 1.656.952 h [estim 2001]). Comprende as terras de pasto e os establecementos das tribos lurs. Ten agricultura e practícase o nomadismo. A súa capital é Khorramābād (272.851 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e mestra. A súa obra, influenciada pola corrente realista da época, iniciouse no semanario Domingo co conto Nina (1945, Premio Concha Espina), se ben o seu primeiro éxito acadouno coa novela Nosotros los Rivero (1953, Premio Nadal). Autora de diversos guións cinematográficos e libros de ensaio, publicou tamén Compás de espera (1954), Diario de una maestra (1961), Andrés (1963, Premio Sésamo) e El urogallo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado na serra de Guadarrama, preto do encoro de El Vellón (3.929 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rábade. Trátase dun edificio de planta rectangular, cun só corpo e dúas plantas. Os muros son de cachotaría enfuscados e enlucidos cos marcos dos ocos de cantaría. Na parte posterior ten un patio amurallado cos alpendres, ademais dunha galería que forma un lateral, baixo a que existe unha pedra de armas. Ten un escudo na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pando Fernández de Pineda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oleiros. Realizado en cachotaría con ocos en cantaría recebados, ten planta en escuadro e, debido á pendente do terreo, é de planta baixa nun lado. O acceso presenta dous corpos diferenciados e está orientado cara ao L. Nos alzados S e O ten unha galería e un patín. Conserva unha antiga torre, que fai esquina, con tres plantas e ocos con arcos de medio punto. O conxunto está situado no interior dun parque, constituído por varios xardíns de deseño francés e un xardín botánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Datada no s XVII, trátase dunha vivenda de carácter señorial cuxa orixe se vinculou a Gonzalo Méndez de Soutomaior. Sufriu un incendio en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Construíuse no s XVII, anexado a unha torre da mesma época. Presenta unha planta en forma de L con dous corpos diferenciados, de distinta altura; o máis alto ten remate con ameas e leva na fronte un escudo de armas, así como diversos elementos decorativos como gárgolas ou pináculos. O conxunto complétase cun patio, ao que se accede a través dun portalón con ameas, un hórreo de nove pés e un pombal. Foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Realizou estudos no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, e en Italia. O seu estilo evolucionou desde o realismo intimista ata obras de temas ambiguos e representacións case inaprensibles de temática mitolóxica ou literaria, influenciada pola súa estadía en Italia onde descubriu o Renacemento para o conxunto da súa obra. Destacan Vida, muerte y resurrección de Virginia Wolf, El nacimiento, El ciclo del amor e La primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e político. Foi ministro de Facenda (1850-1851) durante o goberno de J. J. de Herrera e participou no golpe de estado de 1857. Posteriormente foi deputado, cónsul en España e senador. Introduciu en México a novela folletinesca con El fistol del diablo (1845-1846). A súa obra presenta abundantes trazos costumistas. É autor de Compendio de la historia de México (1870) e Los bandidos de Río Frío (1889-1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolores Fernández Pradera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Coñecida como Sor Patrocinio ou A monxa das chagas, descendía dunha familia de fidalgos galegos. Era carlista e estaba pretendidamente estigmatizada, ademais de ser milagreira. Foi procesada por impostora en 1836 e desterrada a Talavera de la Reina. Conselleira de Isabel II e do seu esposo, formou parte da camarilla ultrarreaccionaria, ata o punto de derrocar a Narváez. En 1868 fuxiu a Francia e volveu coa Restauración. Escribiu numerosas obras de piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Colaboradora de La Ilustración Gallega, El Eco Franciscano e El Compostelano, escribiu o poemario Ráfagas (1908), en que incluíu composicións premiadas en diversos certames literarios de 1907 e 1908, e que tratan temas místicos e patrióticos. Ademais, é autora do drama teatral Lonxe da aldea (1914) e do monólogo A pantasma (1916). Pertenceu á Academia de Buenas Letras de Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO