"Lot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 289.
-
VER O DETALLE DO TERMO
landra.
-
ENTRADA LARGA
Ecuación de estado dun gas real na que interveñen as seguintes constantes críticas
FORMULA
onde P é a presión do gas, V o volume que ocupa, R a constante universal dos gases ideais, T a temperatura, e Pce Tca presión e a temperatura críticas, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Exerceu como profesor de Química Orgánica na Escola Superior de Farmacia. Foi pioneiro no descubrimento de procesos de síntese de substancias orgánicas independentemente dos seres vivos. Tamén investigou a calor desprendida ou absorbida nas reaccións químicas, o que o levou, ao mesmo tempo que Julius Thomsen, a enunciar o principio chamado Thomsen-Berthelot. Foi, amais, o creador da bomba calorimétrica e descubriu novos métodos para as medicións termoquímicas. Escribiu, entre outras obras, Leçons sur les principes sucrés (Leccións sobre os principais azucres, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Constructor italiano de violíns, tamén chamado Gasparo de Saló. Instalou o seu obradoiro en Brescia. Está considerado un dos creadores da forma actual do instrumento. Deste creador son famosas, sobre todo, as violas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno obxecto decorativo de porcelana, marfil ou outras materias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira edición políglota da Biblia. Foi promovida polo cardeal Francisco Jiménez de Cisneros e encargada á Universidade de Alcalá. A obra estampouse entre o ano 1514 e o 1517, pero só se puido difundir despois de que León X outorgase a autorización no ano 1520. Consta de 6 volumes. O texto latino ía acompañado do grego, do hebreo, do dos Setenta e do Targum de Onkelos, con versións interlineais e literarias en latín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición políglota da Biblia patrocinada por Filipe II e dirixida por Benito Arias Montano. Baseada na edición da Complutense, introduciu numerosas correccións. Publicada entre o 1569 e o 1573, consta de 8 volumes.
-
-
Paociño, cuberto de estopa, que vai colocado na metade dun pipote ou na súa tapadeira. Permite extraer pequenas cantidades de viño que serven de proba, especialmente aos compradores.
-
Pequeno anaco de pau redondo ou tarugo que pecha a piqueira, o burato situado na parte inferior do pipote do viño.
-
Peza do muíño fariñeiro que serve para regular o paso da auga que fai mover o rodicio.
-
Especie de tubo por onde cae a auga ao rodicio do muíño.
-
Marco ou travesa de fiestra.
-
Órgano sexual masculino.
-
Rectángulo situado baixo as ménsulas onde se apoian as columnas dos retablos.
-
-
PERSOEIRO
Físico. Profesor na Universidade de Nancy. Realizou importantes traballos sobre a radiación electromagnética, estudiou a emisión termoiónica e, no ano 1886, xunto con Bichat, inventou un electrómetro absoluto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Campesiño insurrecto ruso. Converteuse no líder dunha revolta que se estendeu por toda a Rusia centromeridional, a primeira da cadea de levantamentos que tiveron lugar nesta zona nos ss XVII e XVIII. Morreu asasinado trala derrota de Tula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. En 1846 publicou un poemario baixo o pseudónimo de Currer Bell e a súa primeira novela, The Professor (O profesor), non atopou editor e foi publicada postumamente; pola contra, Jane Eyre (1847) acadou unha gran fama no seu tempo e abriu paso á novela feminista inglesa. Publicou ademais as novelas Shirley (1849) e Villette (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barco de dimensións moi variables que, durante os ss XVI, XVII e XVIII, se usou para incendiar barcos inimigos ou para destruír as obras dos portos e as pontes sobre os ríos. Navegaba, protexido por outros barcos, cunha pequena tripulación que o incendiaba e o abandonaba nunha embarcación menor, cando estaba preto de barcos inimigos.
-
-
Bolo de fariña de millo, cocido co caldo ou por separado, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan.
-
Castaña asada ou cocida, xeralmente coa casca. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia refírese á castaña verde.
-
-
PERSOEIRO
Política. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu o Instituto de la Mujer dende a súa creación en 1983 ata 1989. Foi subsecretaria do ministerio de Asuntos Sociais e membro do comité da ONU en contra da discriminación da muller. É autora de Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977) e Una alternativa feminista (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei meteorolóxica empírica formulada por Buys Ballot en 1857. Establece que no hemisferio norte os ventos seguen aproximadamente a dirección das liñas isóbaras, deixando á dereita as presións altas, e que estas presentan sempre unha pequena compoñente en dirección ás presións baixas. É unha consecuencia da aceleración de Coriolis; no hemisferio sur obsérvase o fenómeno inverso.
-
ILLAS
Illa do Territorio do Noroeste, Canadá (13.650 km2) situada na baía de Baffin. Leva o nome do explorador inglés Robert Bylot (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cabalón.
-
-
Cetáceo da familia dos fisetéridos que se caracteriza por posuír un órgano de espermaceti situado nunha depresión da mandíbula superior. Este axuda a captar as mensaxes de sonar nas inmersións, serve como sistema de localización e colabora na regulación da presión interna durante as grandes inmersións e na concentración e focalización dos ultrasóns, que poden servir para detectar e mesmo aturdir as presas.
-
[Kogia
-
[Physeter catodon, Fam dos fisetéridos]
-
[Kogia bre
-
-
PERSOEIRO
Gravador francés. Foi discípulo de Philippe Thomassin e Giulio Parigi. A súa obra caracterízase pola forza expresiva, polo seu sentido espacial, realismo e composición das masas. Tecnicamente débeselle a substitución do verniz suave polo forte dos xoieiros e dos fabricantes de instrumentos de corda nas augafortes, fórmula que perdurou durante anos. Estableceuse en Florencia ao servizo de Cosme II de Medici, onde gravou Caprichos (1617) e Feira da Impruneta (1620). En 1621 volveu a Francia, ao servizo do duque de Lorena, e gravou Pequena feira (1621) e as series dos Mendigos (1622) e da Nobreza Lorenesa (1623). En 1625 Isabel Clara Uxía solicitou os seus servicios, así que se trasladou a Flandres, onde gravou O sitio de Breda (1628), temática que retomaría en O sitio da illa do rei e O sitio da Rochelle. As súas últimas composicións foron Miserias da guerra (1633) e Suplicios (1634).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior da bóveda cranial.