"Manuel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • GALICIA

    Personaxe coñecido nos ambientes republicanos desta cidade. En 1910 presidía a Sociedade de Librepensadores de Ourense. Publicou, en colaboración con Jorge Lorenzo Fernández, Blasós de Ourense (Archivo del Seminario de Estudios Gallegos, V, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e retratista. A súa obra está estilisticamente moi vinculada ao Realismo; así mesmo, a temática é histórica. Participou na Exposición Xeral de Belas Artes en Madrid, onde presentou Un juicio de Dios en la Edad Media e Doña Leonor Téllez en vista del cadáver de su amante el Conde de Ourín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor formado en Granada e Madrid onde se relacionou coa Xeración do 27. No ano 1922 viaxou a París e integrouse no núcleo da Escola de París. Realizou os decorados para a estrea en Francia de El retablo de Maese Pedro, de Falla. A súa obra é de carácter marcadamente picassiano, pero tamén presenta algunhas influencias surrealistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador. Participou activamente no movemento da Renaicença catalá como impulsor dos Jocs Florals de 1862, 1872 e 1882. Escribiu La Verge de les Mercès (A Virxe das Mercedes, 1856), primeiro drama romántico en lingua catalana. En lingua española publicou novelas históricas ou sociais que tiveron grande aceptación, dramas e libretos de zarzuelas e textos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi director da Escola Normal de Ourense e logo da Normal de Pontevedra (1848?). O 29 de setembro de 1853, segundo a Revista de Escuelas Normales, foi nomeado director da Escola Normal de Huesca e o 3 de maio de 1855 foi trasladado á Escola Normal de Lugo. Foi un docente preocupado polos novos rumbos do ensino e así, designado pola Asociación Pedagóxica de Mestres de Pontevedra, participou, en calidade de director de Escolas Normais, no Congreso Rexional Pedagóxico celebrado en Pontevedra en 1887. Publicou: Reseña Geográfica de Galicia (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico arxentino. Estreouse coa adaptación dun texto de Julio Cortázar, Cartas a mamá, para logo imitar no seu estilo a Robbe-Grillet. Foi definido polo seu elitismo como seguidor do realizador Torre Nilsson. Dirixiu La cifra impar (1961), Circe (1963), La sartén por el mango (1972) e La invitación (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Entre as súas obras, destacan: Antropología de España, Razas y tribus de Marruecos Antropología o historia natural del hombre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou todos os xéneros pictóricos, dende o retrato ata a paisaxe. A súa obra caracterízase por composicións moi sobrecargadas, aínda que nidiamente estruturadas. As súas preferencias cromáticas, que constitúen o cerne da súa abstracción persoal, son vermellos esvaídos, terras, negros e óxidos. Recibiu a medalla de ouro da Bienal Nacional de Pontevedra (1975) e da Bienal Provincial de Pontevedra (1976). A súa obra está presente en diversos museos de Galicia e de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político guatemalteco. Coronel (1955) e subsecretario de Defensa (1957-1958), foi Presidente da República entre 1970 e 1974. Destacou pola dura represión contra a guerrilla. Foi ascendido a xeneral en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático, xornalista e poeta de orixe galega. Foi secretario da Embaixada de Guatemala en San José de Costa Rica (1958) e en Bogotá (1962-1965). Colaborou no Diario de Centro América e La Tribuna. Foi galardoado nos Xogos Florais de Guatemala (1928 e 1943) e membro correspondente da Real Academia. Entre as súas obras en español destacan El dolor supremo (1926), Romances de la barriada (1938) e Síntesis de Guatemala (1966). En lingua galega publicou o poemario Dende o fondo canta o río (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel García Areoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou interpretando algúns papeis en grupos de teatro independente de Euskadi, antes de trasladarse a Madrid para facer as súas primeiras intervencións no cine e na televisión. Nos inicios da súa carreira foi determinante a decisión do director Adolfo Marsillac de incluílo na compañía do Centro Dramático Nacional de Madrid e o seu papel protagonista na serie Anillos de oro (1983). Despois dalgunhas primeiras obras irregulares, destaca no papel do saxofonista Rufo en Lulú de noche (1985). Dende entón rodou Tiempo de silencio (1986), El Lute: camina o revienta (1987), El Lute II: mañana seré libre (1988), Intruso (1993) e El amante bilingüe (1993), baixo a dirección de Vicente Aranda, Todos los hombres sois iguales (1994), de Manuel Gomez Pereira, La flor de mi secreto (1995), de Pedro Almodóvar e Territorio comanche (1997), de Gerardo Herrero. Acadou unha gran popularidade pola súa intervención nas series televisivas Brigada Central (1989) e Querido maestro (1997) dirixidas por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Malia que sempre permaneceu aferrado ás solucións plásticas do Barroco, foi o introdutor das primeiras tendencias neoclásicas en Galicia. Traballou na decoración pictórica da Catedral de Santiago de Compostela entre os anos 1750 e 1782, destacando pola súa significatividade os frescos da antesala e da biblioteca capitular (1780). Así mesmo, foi un sobranceiro retratista, como evidencian os retratos dos Reis Católicos que fixo para a Sala Real do Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador. En 1760 dourou, xunto con Xoán Antonio Mosquera, o retablo da Visitación da capela da confraría do Rosario, na igrexa de San Domingos da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Moi novo, este pontevedrés emigrou a Uruguai. Alí fixo estudos técnicos e desempeñou varios oficios. En 1950, segundo se publica nun libro sobre a historiografía cinematográfica do noso país, coñeceu un director uruguaio, D. Sposito, o que vai determinar parte da súa actividade posterior.
    O cine de tema galego para os países americanos de fala española pasou por varias etapas, sendo a de carácter documental a que máis prevaleceu. Arís vai facer nos anos cincuenta, en América, algo semellante ao que fixera José Gil (1870-1937) en Galicia. En primeiro lugar realizará unha recompilación de imaxes da xeografía galega en Montevideo, en que aparecen traballos dos nosos emigrantes nesa cidade, Caminos de España en el Uruguay. Como cineasta autodidacta seguiron Un viaje por Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e poeta neoclásico. Algunhas das súas composicións anticipan a sensibilidade romántica. Entre os seus poemas destacan La diosa del bosque e Las ruinas de Roma (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador manierista de retablos portugués, relacionado co núcleo de Braga, que en 1592 se estableceu en Ourense, onde acadou gran sona. A súa obra concrétase en tres traballos de interese: retablo da Nosa Señora do Rosario, na Catedral de Ourense (1592), realizado por encargo de Xoán Novoa Millamarín, tesoureiro catedralicio en Sevilla; retablos de Santo Estevo de Ribas de Sil; e decoración mural do Claustro dos Bispos (Santo Estevo de Ribas de Sil). Así mesmo, en colaboración con Juan Martínez Español, é autor da pintura do retablo da capela das Neves (1596), na Catedral de Ourense. Forma parte dos artistas portugueses que, instalados en Galicia entre finais do s XVI e principios do XVII, centraron a súa actividade en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Foi subdirector da oficina de Administración Pública en Ordes. Escribiu: La caída programada, Síndrome del 36. La cuarta agrupación del ejército guerrillero de Galicia, Por que lle duran tanto tempo as criadas a Florinda e outras lerias, Emmel, Como un volcán e A pouleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel González García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Arrendou en 1851, en compañía de Victoriano Braña e de Augusto José de Vila, a fábrica de vidrio La Minerva (A Coruña). En 1857 formaba parte do núcleo fundador do Banco da Coruña, que preside en 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO