Arias Domínguez, Manuel ou Imanol Arias

Arias Domínguez, Manuel ou Imanol Arias

Actor. Comezou interpretando algúns papeis en grupos de teatro independente de Euskadi, antes de trasladarse a Madrid para facer as súas primeiras intervencións no cine e na televisión. Nos inicios da súa carreira foi determinante a decisión do director Adolfo Marsillac de incluílo na compañía do Centro Dramático Nacional de Madrid e o seu papel protagonista na serie Anillos de oro (1983). Despois dalgunhas primeiras obras irregulares, destaca no papel do saxofonista Rufo en Lulú de noche (1985). Dende entón rodou Tiempo de silencio (1986), El Lute: camina o revienta (1987), El Lute II: mañana seré libre (1988), Intruso (1993) e El amante bilingüe (1993), baixo a dirección de Vicente Aranda, Todos los hombres sois iguales (1994), de Manuel Gomez Pereira, La flor de mi secreto (1995), de Pedro Almodóvar e Territorio comanche (1997), de Gerardo Herrero. Acadou unha gran popularidade pola súa intervención nas series televisivas Brigada Central (1989) e Querido maestro (1997) dirixidas por Pedro Masó.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Riaño, León