"Mario" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Antropónimo masculino que procede do antigo xentilicio romano Marius, derivado do etrusco maru, título dalgún maxistrado ou sacerdote, ou substantivo co significado de ‘home’. San Mario celébrase o 19 de xaneiro e o de Lausana (s VI) o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s VI) Bispo de Avenches (Suíza). Mudou a sé episcopal a Lausanne e fundou o convento de Payerne. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Fillo dunha familia labrega, iniciou a carreira política como tribuno militar coa axuda dos Metelos. Cuestor e tribuno da plebe (119 a C), foi cónsul en 107 a C e reelixido entre o 104 e o 100 a C. Derrotou os teutóns en Aquae Sextiae (102 a C) e os cimbros en Campi Raudii (Batalla dos Campos Raudios, 101 a C). No transcurso destas campañas modificou substancialmente a estrutura do exército romano, que se profesionalizou, pero o seu intento de favorecer os seus veteranos levouno a perder as simpatías populares. Posteriormente enfrentouse con Lucio Cornelio Sula, que accedera ao consulado (88 a C), e cos conservadores nunha guerra civil, pero fracasou na súa loita e tivo que fuxir a África. Coa axuda de Cinna ocupou Roma (86 a C) e castigou duramente os seus adversarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Mártir. Sufriu martirio en Roma (270) xunto coa súa muller, Marta, e os seus dous fillos, Audifax e Abaco. A súa iconografía vísteo de segrar ou con roupas orientais e leva as mans cortadas. A súa festividade celébrase o 19 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo infantil que consiste en ir empuxando, á pata coxa, unha pedriña achatada por unha serie de cadros e raias pintadas no chan nun percorrido establecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culto excesivo á Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen anda levando e traendo chismes para encirrar e crear desconfianza entre a xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Como historiador da filosofía fixo unha achega fundamental aos estudios cartesianos coa triloxía composta por Sur l’ontologie grise de Descartes (1975), Sur la theólogie blanche de Descartes (1981) e Sur le prisme métaphysique de Descartes (1986). A súa reflexión sobre o tema de Deus mostrou a necesidade de desprenderse do tratamento do ídolo para poder pensar verdadeiramente en Deus. Escribiu L’idole et la distance (1977), Dieu sans l’Étre (1982) e Prolégomènes à la charité (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Boneco articulado e accionado desde o alto por unha cruz de onde penduran uns fíos para dirixir cada movemento dos seus membros.

    2. Representación teatral que se realiza con estes bonecos.

    3. Persoa que se deixa manexar facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jonas Mačiulis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudiou as deformacións elásticas dos sólidos e os principios da hidrodinámica. Foi un dos primeiros en prever o tempo atmosférico, baseándose nas modificacións do barómetro. En 1676 confirmou experimentalmente a lei que relaciona o volume e a presión dos gases a temperatura constante (lei de Boyle-Mariotte).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor portugués. Especialista en literatura medieval, os seus estudios centráronse no home, nas súas relacións e vivencias e na procura de establecer conexións entre o individuo da Idade Media e o de épocas anteriores e posteriores. Da súa produción destacan Correntes da Filosofía Religiosa em Braga nos séculos IV-VII (1950), Estudos de Literatura Medieval (1956) e a triloxía Estudos de Cultura Medieval (1969, 1980 e 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico italiano. Comezou cultivando o expresionismo abstracto e o informalismo, e evolucionou cara a un uso máis bruto dos materiais, coa incorporación de obxectos simples ás súas obras. A partir de 1965 adscribiuse á tendencia chamada arte pobre, da que se considerou un dos precursores con obras como Iglú de Giap (1968) e Sentiero per qui (iglú) (1986).Desde a década de 1980 retomou a pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico mexicano. Estudou Ciencias Químicas na Universidad Nacional Autónoma de México e doutorouse en Química Física na Universidade de Berkeley (1972). Traballou como profesor e investigador nos centros Berkeley e Irvine da Universidade de California, no Jet Propulsion Laboratory, do Instituto de Tecnoloxía de California e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. As súas investigacións centráronse fundamentalmente no estudo da capa de ozono e a relación que teñen os compostos de cloro (CFC) coa súa destrución. En 1995 recibiu, xunto con P. Crutzen e F. Sherwood Rowland, o Premio Nobel de Química polos seus estudos en química atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Xurdido da xeración post-neorrealista, destacou pola súa perspectiva traxicómica da realidade italiana. Destacan os seus filmes Pazzo d’amore (1942), Padri e figli (1958, Silberner Bär en Berlín), La grande guerra (1959, Leone d’Oro en Venecia), I Compagni (1963), Casanova’70 (1965, premio ao mellor director en San Sebastián), Amici miei (1974), Caro Michele (1976, Silberner Bär en Berlín), Il marchese del Grillo (1981, Silberner Bär en Berlín, 1982), Rossini! Rossini! (1991) e Panni sporchi (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Cantinflas, representou ao típico mexicano, humilde, inxenuo e vitalista. O seu éxito residiu na súa expresividade e na identificación plena do seu personaxe cos problemas sociais das clases proletarias de Latinoamérica. Fundou, xunto con Jacques Gelman e Santiago Riachi, a produtora Rosa Film e foi membro do Sindicato de Actores, onde creou de forma benéfica a Casa del Actor cando substituíu na dirección desta institución a Jorge Negrete. Da súa filmografía destacan Ahí está el detalle (1940), Los tres mosqueteros (1942), El bolero de Raquel (1956), Around the World in 80 Days (1957), El padrecito (1963), El patrullero 777 (1978) e El barrendero (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, produtor e realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como John Wayne, especializouse sobre todo no western. Consagrouse con Stagecoach (1939), para logo interpretar, entre outras películas, Fort Apache (1948), The Quiet Man (1952), Rio Bravo (1959), The Alamo (1960), The Man who Shot Liberty Valance (1962), True Grit (1969, Oscar ao mellor actor 1970), Chisum (1970) e The Shootist (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e sociólogo. Foi membro e fundador das agrupacións culturais O Galo (1961) e O Facho (1963), así como do Partido Socialista Galego (1963-1980). Da súa produción destacan, ademais de diferentes obras colectivas, Introdución á economía galega de hoxe (1969) e Crise da casa como sistema de produción e mais de convivencia (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO