"Marque" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 117.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista colombiano. Estudiou o bacharelato no Liceo Nacional de Zipaquirá (1940-1946) e, posteriormente, matriculouse na facultade de Dereito e Ciencias Políticas na Universidad Nacional de Bogotá. Participou en 1950 no Grupo de Barranquilla, liderado por Ramón Vinyes, e tomou parte na revista Crónica do mesmo grupo. Colaborou nas publicacións Juventud (1942), El Universal (1946), El Heraldo (1948-1952), El Espectador, El Nacional, Élite (1956), Momentos (1957) e Venezuela Gráfica, entre outras. Foi correspondente de El Espectador en Xenebra e Roma, e da axencia cubana Prensa Latina (1959-1961) en Colombia, Cuba e Nova York; ademais, colaborou nas axencias de publicidade J. Walter Thompson e Stanton. En 1957 realizou unha viaxe pola República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría e a Unión Soviética, que reflectiu no seu artigo “Noventa días en la Cortina de Hierro”. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Sevilla, iniciou a súa actividade política coa afiliación ás Juventudes Socialistas en 1962 e posteriormente, en 1964, ao PSOE. Comezou a súa actividade profesional como avogado laboralista e como docente na facultade de Dereito da universidade sevillana. Entrou a formar parte da comisión executiva do partido en 1970 e, catro anos máis tarde, foi elixido secretario xeral no Congreso de Suresnes (outubro de 1974). Trala morte de Franco liderou a Plataforma de Convergencia Democrática e formulou a conversión do PSOE nun partido interclasista, dentro da corrente da socialdemocracia europea, que o nomeou vicepresidente da Internacional Socialista (IS) en 1978. A súa proposta foi desbotada no XXVIII Congreso do partido (maio de 1979), polo que dimitiu como secretario xeral, aínda que, meses máis tarde, un novo congreso extraordinario elixiuno novamente. Deputado ao Congreso por Madrid desde 1977, foi presidente do goberno tralas vitorias do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Dirixente do Partido Trabalhista, foi ministro de Traballo en 1953 e vicepresidente en 1956. Reelixido neste último cargo en 1960, durante a presidencia de J. Quadros, coa renuncia deste asumiu o seu cargo. Foi derrocado por un golpe militar en 1964 e exiliouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V, o 13 de setembro de 1729, a Pedro de Castro Salazar y Figueroa, señor de San Xían de Cela, primeiro duque da Conquista, cabaleiro da orde de Santiago e vicerrei de México (1740-1742). En 1803 pasou aos Villarroel e trala morte sen sucesión de María de la Natividad Quindós y Villarroel o marquesado foi rehabilitado no descendente dun irmán do primeiro marqués, Ignacio de Arenillas y López de Chaves. As súas armas son escudo terciado en pao: o primeiro, de prata, con seis roeles de azur; o segundo, de goles, con trece estrelas de ouro; e o terceiro, de ouro, con cinco follas de figueira de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V o 30 de setembro de 1716 a frei Pedro de Mosquera e Pimentel de Soutomaior, prior en Castela da orde de San Xoán de Xerusalén, para o seu sobriño Antonio Miguel Mosquera e Villar Pimentel e Sarmiento de Meira, señor de Vilar de Paio Muñiz e da casa de Guimarei. No s XIX o marquesado pasou á casa de Rubiáns. Trae as armas dos Mosquera: en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, lampasadas de goles, postas en aspa; no timbre presenta a coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marquesado que ten dous títulos: o das Dúas Sicilias e o de Castela. O título das Dúas Scilias foi outorgado por Carlos VII das Dúas Sicilias (futuro Carlos II de España) ao mariscal de campo galego Bernabé Romero de Leis (Messina 12.5.1735). As súas armas levan, en campo de ouro, un piñeiro de sinople, terrazado do mesmo, e arrimado de cinco lanzas de prata, fustadas de sable, postas tres á destra e dúas á sinistra (Leis); no timbre, coroa marquesal. O título de Castela foi cedido por Isabel II a José María Montenegro Gago, VII marqués de Leis como título das Dúas Sicilias (Tarragona 1.7.1844). As súas armas traen, en campo de prata, a letra M de sable (Montenegro); no timbre trae coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida ata 1975 a capital de Moçambique, ano en que tomou o nome de Can Phumo. En 1976 recibiu a denominación actual de Maputo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • François Michel Le Tellier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan de Contreras y López de Ayala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Aubigné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido o 17 de decembro de 1703 por Filipe V a Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, Lemos e Soutomaior, militar e cabaleiro da orde de Santiago. Cando morreu, o título quedou vacante ata 1921, ano en que foi rehabilitado por María Lourdes Cabeza de Vaca Carvajal, que ao morrer (1941), herdou o seu fillo Antonio Sartorius Cabeza de Vaca. En 1978 converteuse en IV marqués de Mariño, Vicente Sartorius Cabeza de Vaca , irmán do anterior. Desde 2002 o V marqués de Mariño é   Luis José Sartorius Zorraquín , fillo de Vicente Sartorius. Ten por armas un escudo partido; o primeiro de prata, con tres faixas de azul, e o segundo, de sinople cunha cabeza de lobo, de ouro, sobre a que se colocou unha estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Ulla, que nace na parroquia de Ribeira e desemboca na de Berres (A Estrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marco fixo no que se encaixa unha porta ou ventá.

    2. Armazón de cantería dos hórreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delimitar un terreo con marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, escudo terciado en pal: primeiro, de sinople, cun cisne de prata, sostido de ondas de prata e azul, cara á sinistra; segundo, de ouro, cunha chave de azul, co ollo no alto e o paletón cara á destra; terceiro, de sinople, cun cisne de prata, sostido de ondas de prata e azul, cara á destra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gobernador dun territorio fronteirizo ou marca na Idade Media.

      2. Persoa que ten ao seu cargo o goberno dun marquesado.

      1. Título nobiliario superior en rango ao de conde e inferior ao de duque. No Reino de Castela os primeiros títulos de marqués foron os de Villena (1366 e 1445) e de Astorga (1465); en Reino Unido, os de Dublín (1385), os de Dorset e os de Somerset (1397), e, en Italia, os de Ivrea (876), Monferrato (954) e Saluzzo (1125). En Francia este título foi suprimido en 1789 e restablecido por Luís XVIII.

      2. Persoa que posúe o título nobiliario de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. Coñecida como Raquel Meller, fixo unha brillante carreira na modalidade de café-concerto. En 1919 debutou en París, e logo deu o salto ao cine, en filmes como La gitana blanca (1919) ou Carmen (1926). Participou en revistas como La violetera (1940-1941) e Campanas de Viena (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico urólogo. Xefe da sección de Urodinámica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e xefe do Servicio de Uroloxía do Policlínico A Rosaleda de Santiago de Compostela. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Sociedade Galega de Uroloxía. Publicou Incontinencia urinaria, Urodinámica aplicada e El esfínter artificial. Recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade Galega de Uroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO