"Mau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 189.

  • PERSOEIRO

    Filólogo belga. Estudiou filoloxía románica na Universidade de Liexa, na que posteriormente foi profesor, e na Sorbonne. Centrou as súas investigacións na lingüística histórica, na dialectoloxía, na literatura medieval e na literatura valona. Escribiu unha tese sobre o xénero pastoral na Francia anterior ao Renacemento, e especializouse na edición de textos franceses da Idade Media (Le tournoi de Chauvency, 1932, e Le lai d’Aristote de Henri d’Andeli, 1951). En canto á creación e transmisión dos cantares de xesta defendeu a teoría de autor individual fronte ás hipóteses neotradicionalistas. Foi membro da Academia Real de Lingua e Literatura Francesas de Bélxica e, desde 1964, membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico de arte, gravador e pintor francés. Estudiou na Académie Julian e na École des Beaux-Arts de París. Membro dos nabís, publicou en Art et Critique o artigo “La définition du Néo-traditionnalisme” (A definición do neotradicionalismo, 1890) no que expuxo o que se considera a clave da estética contemporánea ao afirmar que un cadro era esencialmente unha superficie plana cuberta de cores dispostas nunha certa orde. Admirador dos nazarenos alemáns e dos italianos prerrenacentistas, fixo unha arte de formas modernistas e cores planas. Cofundador dos Ateliers d’Art Sacré (1919), aínda que a miúdo supeditou a arte á relixión, sostivo a teoría da arte pola arte e foi un dos enunciadores teóricos da pintura abstracta. Realizou ilustracións e decorou edificios relixiosos e civís. Entre as súas obras destacan Les muses (As musas, 1893), L’éternel été (O verán eterno, 1900) e Hommage à Cézanne (Homenaxe a Cézanne, 1900). Escribiu Théories (Teorías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Estudiou enxeñería eléctrica en Bristol e física en Cambridge. Foi profesor na Cambridge University e na Florida State University Tallahassee. Desenvolveu en 1925 unha fórmula nova de tipo matemático da mecánica, aínda que xa existía unha grazas a W. Heisenberg, L. de Broglie e E. Schrödinger. Formulou a teoría cuántico-relativista do electrón en 1929, e prediciu a existencia do positrón, confirmado despois de forma experimental por C. D. Anderson en 1932. Foi codescubridor da estatística Fermi-Dirac e un adaíl da teoría cuántica da radiación. Colaborou con A. Bohr, W. Heisenberg e W. Pauli na elaboración dunha interpretación probabilística da mecánica cuántica. En 1933 compartiu o Premio Nobel de Física con Erwin Schrödinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Profesor na Cambridge University e dirixente do partido comunista, estudiou a transición do feudalismo ao capitalismo e a orixe deste último. Entre as súas obras, destacan Studies in the Development of Capitalism (Estudios sobre o desenvolvemento do capitalismo, 1946) e Economic Theory and Socialism (Teoría Económica e Socialismo, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi correspondente de guerra e ministro de Cultura (1973-1974). Da súa produción destaca Les grandes familles (As grandes familias, Premio Goncourt 1948), Rendez-vous aux enfers (Cita nos infernos, 1951) e Le pouvoir (O poder, 1965). Tamén publicou Rois maudits (Os reis malditos), unha historia novelada dos Valois. Membro da Académie Française dende 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. É autora de novelas melodramáticas, como Rebeca (1938), adaptada en 1940 ao cine por Hitchcock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e filósofo. Investigou sobre a historia da ciencia e da cosmoloxía, baseándose sempre nas concepcións filosóficas de tipo positivista. Segundo el, calquera teoría física é un sistema de proposicións matemáticas deducidas a partir dun pequeno número de principios, que teñen por obxectivo representar, da forma máis simple, completa e exacta posible, un conxunto de leis experimentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado canadense. Foi xefe do Partido Conservador da provincia de Québec (1933-1935) e fundou a Union Nationale, partido co que foi primeiro ministro do goberno da provincia (1936-1939 e 1944-1959). Defendeu unha actitude autonomista fronte ao goberno de Ottawa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicólogo e sociólogo francés. Profesor de socioloxía política na Universidade da París desde 1955. Aplicou o enfoque sociolóxico á análise dos temas constitucionais e está considerado como o introdutor dos conceptos micropolítica e macropolítica no ámbito da ciencia política. Colaborou en Le Monde, Le Point e Le Nouvel Observateur. Escribiu, entre outras obras, Les partis politiques (Os partidos políticos, 1951), Sociologie politique (Socioloxía política, 1966), Institutions politiques et droit constitutionnel (Institucións políticas e dereito constitucional, 1970) e L’Europe dans tous ses états (Europa en todos os seus estados, 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Licenciouse en Medicina na University of Pennsylvania en 1954. Logo de exercer a medicina no corpo médico do exército estadounidense (1955-1957), ampliou a súa formación na Rockefeller University, onde exerceu como profesor dende 1960, data na que se doutorou. En 1927 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, conxuntamente con R. R. Porter, polos estudios sobre a estrutura dos anticorpos. Descubriu que estas macromoléculas resultaban da unión, por enlace de xofre, de dúas cadeas proteicas, unha lixeira e outra pesada. Tamén traballou na aplicación da espectroscopía de fluorescencia ao estudo das proteínas e no desenvolvemento de novos métodos de separación de moléculas e células. As novas liñas de investigación dirixiunas cara ao estudo da estrutura primaria e tridimensional das proteínas, da estrutura e funcionamento de mitóxenos das plantas e da superficie celular. Publicou a triloxía Neural Darwinism: The Theory of Neural Group (1987), Topobiology: An Introdution...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila de Palestina, preto de Xerusalén, camiño da que, segundo o evanxelista Lucas, Xesús resucitado se lles apareceu a dous dos seus discípulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo francés. Estudiou no Conservatorio de París, no que posteriormente exerceu a docencia, e foi discípulo de E. Guiraud. Foi autor de obras dramáticas como Prométhée enchaîné (1918), Salamine (1928) e Amphitryon (1936), música sinfónica e sonatas. Así mesmo, escribiu Histoire de la langue musicale (Historia da linguaxe musical, 1911) e biografías de músicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista gráfico holandés. Formouse na School voor Kunstnijverheid de Haarlem (1919-1922). Viviu en Italia entre 1923 e 1935 e despois en Suíza, Bruxelas e Baarn ata que se instalou en Laren. Realizou unha obra caracterizada pola suxestión espacial e a ilusión óptica, de carácter surrealista, e na que tiveron grande importancia os conceptos matemáticos. Entre outros gravados destacan Ciclo (1946), Belvedere (1958) e Fervenza (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Comezou a pintar en 1909 e asistiu ás academias libres do barrio de Montparnase de París. En 1923 viviu en Barcelona e dirixiu un taller de tecidos e ao ano seguinte instalouse de novo en París. A súa obra recibiu a influencia de P. Cézanne e do cubismo. Considerado como un dos referentes do movemento abstracto francés, non estaba convencido da validez da pintura abstracta. Entre as súas obras destaca A homenaxe a Fouquet (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administración do sacramento da unción dos enfermos no momento da agonía ou en perigo de morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de J. B. Lemoyne, as súas obras amosan a graza do rococó e achéganse ao clasicismo. Protexido por Madame Pompadour, foi director da manufactura de Sèvres (1758-1866) onde fixo modelos para esculturas en biscoito, das que destaca Pygmalion et Galatée (Pigmalión e Galatea, 1763). Chamado pola Tsarina Catarina II, trasladouse a San Petersburgo (1766-1779) onde realizou a estatua ecuestre de bronce de Pedro o Grande. Colaborou na Encyclopédie e escribiu, entre outras obras teóricas, Reflexions sur la sculpture (Reflexións sobre a escultura, 1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor aeronáutico francés. Iniciado no automobilismo, cara 1910 deseñou un biplano co que Eugène Renaux aterrou no cumio do Puy-de-Dôme. Durante a Primeira Guerra Mundial equipou cos seus aparellos á aviación francesa. Despois asociouse co seu irmán Henri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor, fillo de Mauricio Farto Parra. Estudiou no Conservatorio da Coruña e profesionalmente foi pianista. Establecido en Ferrol, exerceu a docencia e dirixiu varias orquestras. Compuxo numerosas rondallas e cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, musicólogo e director coral. Comezou os estudios musicais no seminario de Valladolid e, posteriormente trasladouse á Coruña para ingresar na Banda do Rexemento de Zamora establecida na cidade. Seguiu a carreira militar, fundou a rondalla Blanco y Negro, dirixiu o orfeón coruñés El Eco, e fundou o orfeón Cantigas da Terra e os coros Queixumes dos pinos e Saudade. Da súa produción destacan as pezas Froleos, Lolita, Foliada de Augasantas, Risas e bágoas, Quer que lle quer, Unha bágoa, Polvorita e Foliada de San Benito de Angoares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e académico numerario da de Belas Artes da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse no taller de Xosé Gambino co que realizou as esculturas do retablo maior de San Mamede de Carnota (1774), o retablo maior de Sobrado dos Monxes (1770) e o frontón e a estatua de Santiago do pazo de Raxoi (1774). Trala morte do seu mestre (1775), fíxose cargo do obradoiro. En 1804 enfermou e mantívose afastado da escultura ata que en 1810 se trasladou a Hermisende onde fixo dúas imaxes. En 1812 foi xunto co seu xenro Vicente Portela, formado no seu obradoiro, a San Pedro da Torre onde realizou o retablo maior de San Pedro ad vincula (1812-1813). Regresou a Santiago e pouco despois instalouse definitivamente en Hermesinde. As obras realizadas durante o período de formación con Gambino, mostran a asimilación das características rococós do seu mestre. Posteriormente as súas obras fixéronse máis persoais e asumiron as formas clasicistas italianas que coñeceu a través de gravados ou das obras dos artistas italianos que traballan na Península Ibérica. En San Martiño...

    VER O DETALLE DO TERMO