"Melo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 89.
-
GALICIA
Filósofo. Foi secretario de Fernando Enríquez de Ribera, duque de Alcalá e estivo ao servizo de Filipe III. Interpretou a moral de Séneca e escribiu Doctrina moral de las Epístolas que Lucio Anneo Séneca escribió a Lucilio. Repartida en setenta capítulos por el mismo estilo de ellas (1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Oeiras (1759) e marqués de Pombal (1769). Ao acceder ao trono Xosé I de Portugal (1750) foi secretario de Guerra e de Estado e a partir das medidas que adoptou para paliar as consecuencias do gran terremoto de Lisboa de 1755, obtivo a total confianza do rei e gobernou cun poder omnímodo. Fomentou a agricultura e a industria e impulsou o comercio coa creación de diversas compañías mercantís. Reformou a Universidade de Coimbra, impulsou o ensino e reorganizou o exército e a administración. A arbitrariedade dos seus métodos tamén lle crearon moitos inimigos e á morte de Xosé I (1777), foi exiliado da corte e retirouse a Pombal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de pexegueiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito en drupa, subglobular, amarelo, coa pel delgada, que presenta a polpa adherida a unha carabuña enrugada.
-
-
Sucesión de sons agradables ao oído.
-
-
Sucesión de sons musicais de diferente altura que forman un conxunto e posúen un sentido musical. Co ritmo e a harmonía constitúe un dos elementos esenciais da música tradicional occidental a partir do s XVI.
-
Peza musical.
-
-
Dozura ou suavidade da voz cando se canta ou fala.
-
-
-
Relativo ou pertencente á melodía.
-
Que é agradable ao oído.
-
Aplícase aos instrumentos aptos para executar unha melodía, por oposición aos instrumentos rítmicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é agradable ao oído ao estar dotado de melodía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compositor que escribe pezas musicais con melodías agradables ou orixinais.
-
-
-
Obra teatral en que se asocian intimamente texto e música. Apareceu a mediados do s XVIII, e consistía na declamación do texto sobre un fondo musical instrumental. A obra máis característica deste xénero é Pygmalion (1762), de Jean-Jacques Rousseau.
-
Primitiva ópera italiana do s XVII.
-
-
Situación esaxerada ou falsamente patética.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao melodrama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos coleópteros, da familia dos meloidos, que presenta unha cor negra ou azulada e o abdome alongado e globoso.
-
-
Planta herbácea anual, monoica, pilosa, que presenta xeralmente talos rastreiros e híspidos, aínda que tamén os hai gabeadores. As follas son orbiculares ou reniformes, cordadas e lixeiramente lobuladas e as flores son solitarias e de cor amarela e o froito é o melón. É de orixe asiática e foi cultivada xa polos exipcios e romanos. Precisa terras fértiles, dunha textura areosa ou limosa, temperaturas altas, regas abundantes e moito sol.
-
Persoa que comercia con melóns.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos meloidos.
-
Insecto da familia dos meloidos.
-
Familia de insectos, da orde dos coleópteros, formada por individuos de gran medida e aspecto variable, que presentan tegumentos brandos e élitros moi curtos. En moitas especies as larvas son parasitos de himenópteros melíferos e son transportados polos hóspedes ata unha cela chea de mel, da que se alimentan, e incluso chegan a comer os ovos dos hóspedes parasitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos coleópteros, da familia dos escarabeidos, que presentan larvas brancas, co extremo abdominal posterior negro, e que constitúen pragas de certos cultivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección notable á música.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é moi afeccionado á música, especialmente como oínte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito do meloeiro, de tamaño variable, ata 40 cm de diámetro, e segundo as variedades con forma alongada ou esferoidal, de cor branca, amarela ou verde, polpa olorosa, doce e branda e cun oco en que se atopan numerosas sementes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que afecta ao pelo dalgúns animais, especialmente ao gando vacún.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Melón, onde se localiza a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense no S de Galicia a 2° 15’ 20’’ latitude N e 8° 12´ 30´´ lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Carballeda de Avia e Ribadavia (comarca do Ribeiro), ao L co da Arnoia (comarca do Ribeiro), ao S cos de Crecente e A Cañiza (comarca da Paradanta), e ao O cos da Cañiza e O Covelo (comarca da Paradanta). Abrangue unha superficie de 53,4 km 2 cunha poboación de 1.546 h (2007), distribuída nas parroquias de Melón e Quins. A capital está no lugar de Melón, na parroquia do mesmo nome, a 123 km de Santiago de Compostela e a 39 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ribadavia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Está situado na transición entre a serra do Faro de Avión, extremo meridional da Dorsal Occidental Galega, e o curso do río Miño, o que permite subdividilo en tres franxas con dirección N-S dominadas polos materiais graníticos. A primeira é a mesma serra do Faro de Avión,...