"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Foi fundador e director do diario El tradicionalista (1871-1873) e dirixiu a Academia Colombiana da lingua castelá. En 1892 foi elixido vicepresidente da República, malia que na práctica exerceu como presidente desde 1894 tala renuncia de Núñez. Escribiu, en colaboración con José Cuervo, Gramática de la lengua latina (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi un dos xefes da revolta contra os españois. Asumiu o poder en 1811 pero, derrotado polos españois, foi substituído por O’Higgins en 1813. A rivalidade entre ambos os dous líderes contribuíu ao desastre de Rancagua en 1814. Exiliouse a Arxentina e, nun dos seus intentos de levantamento contra O’Higgins, foi detido e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e terceiro duque de San Carlos. Xentilhome de cámara de Fernando VII, acompañouno no seu exilio. Ao seu retorno en 1814 foi nomeado secretario de Estado e director da Real Academia Española, de onde o expulsaron os afrancesados. Posteriormente foi embaixador en Londres e Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e cineasta. Licenciouse en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Formou parte do grupo que, a partir dos anos setenta, creou un espazo propio para a imaxe animada galega desde diversos eidos: produción, realización, análise e divulgación. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas súas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou Rula Difusora Cultural Galega, unha das primeiras tentativas para crear unha distribuidora de cine galego. Interveu en diversas curtametraxes como foto-fixa, entre eles, A tola (1974), de Miguel Gato, e Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón; na produción Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro, e O herdeiro (1976), de Miguel Gato. Estreouse como director con O pai de Migueliño (1977), un relato fílmico de carácter evocador sobre o tema da emigración que foi galardoado con varios premios. Durante a década dos oitenta foi un dos fundadores da produtora Vídeo Trama (1983), dirixiu para TVE o primeiro programa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Estrada. Construída a finais do s XII e principios do s XIII, conserva a ábsida románica rectangular. O arco triunfal de medio punto é dobrado e sostense en dúas columnas con bases áticas e capiteis vexetais moi sinxelos e con pomas .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela mozárabe situada no recinto do que fora o xardín do noviciado do mosteiro de San Salvador de Celanova. A este cenobio alude a inscrición que reza no lintel da porta de acceso á capela. A visión que o Papa Gregorio o Grande tivera do arcanxo san Miguel podería explicar a advocación da capela, xa que esta se repite con frecuencia noutras igrexas erixidas durante o s X, case sempre cunha disposición en planta central, como o caso de Celanova. San Rosendo abriu a través desta nova fundación o camiño das influencias mozárabes na arquitectura prerrománica de Galicia. Amosa a integración da tradición construtiva romana coas formas chegadas do mundo musulmán dominante na Península Ibérica neste momento. Da fábrica da primitiva igrexa e do mosteiro só se conserva esta pequena capela, xa que o demais desapareceu coa construción da actual igrexa a mediados do s XVI. No interior da capela destaca a creación dun espazo sorprendente a través da sucesión de tres corpos sen unha visión simultánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi o cuarto fillo do cirurxián Rodrigo de Cervantes e de Leonor de Cortinas e, segundo algunhas hipóteses, de posible ascendencia galega polos seus apelidos. En 1551 trasladouse a Valladolid coa familia, onde estaba a corte naqueles anos, na busca de posibilidades económicas. Posteriormente, marcharon a Madrid onde Cervantes estudiou gramática con Juan López de Hoyos. En 1569 instalouse en Roma como camareiro do cardeal Giulio Acquaviva e alí permaneceu ata que se incorporou ao terzo de Miguel de Montcada. En 1571 loitou como soldado na Batalla de Lepanto, na que quedou inútil da man esquerda. Non obstante , en 1572 incorporouse ao terzo de Lope de Figueroa e participou en diversas accións mediterráneas. Durante os anos posteriores estivo en Sardeña, Lombardia, Sicilia e Nápoles, onde coñeceu as innovacións da literatura italiana. De volta a España, os turcos prendérono e estivo cativo en Arxel entre 1575 e 1580; unha vez libre tomou parte nas campañas de Portugal e Orán. Desempeñou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. De orixe románica, edificouse arredor do 1190. Só se conserva unha colección de canzorros que sosteñen os beirís da nave, algún deles presenta unha bóla ou algún motivo xeométrico sinxelo. Destacan dous polo seu maior tamaño e por ter esculpidas cabezas humanas, aínda que posiblemente procedan doutra parte do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Filosofía e poeta. Autor de abondosas obras, en Galicia presentáronse os espectáculos Érase que se era la margarita del campo (1971) e La puerta del paraíso (1993), creados a partir de textos homónimos da súa autoría e producidos pola compañía Teatro Keyzán de Vigo, con dirección de Maximino Keyzán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico. Ocupou as cátedras de Botánica e Agricultura no Jardín Público de Barcelona, a de Organografía y Fisiología Vegetal do Real Jardín Botánico de Madrid e a de Historia Natural da Universidad de Sevilla. Entre 1868 e 1900 dirixiu o Real Jardín Botánico de Madrid. Das súas obras destacan: Recuerdos botánicos de Galicia, o ligera noticia de las plantas observadas de paso en este antiguo Reino (1850), La Botánica y los botánicos de la Península hispano-lusitana (1858), e Enumeración de las plantas de la Península hispano-lusitana e islas Baleares, con la distribución de las especies y sus nombres vulgares, tanto nacionales como provinciales (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e político. Trasladouse a Montevideo en 1780, onde se converteu nun destacado home de negocios e membro do cabido da cidade dende 1802. Nas loitas pola independencia permaneceu fiel á monarquía española (1811). Exerceu tamén como tenente do tribunal do Consulado de Comercio de Montevideo (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador norteamericano. Formouse en Nova York ata que en 1963 recibiu unha bolsa do goberno francés e posteriormente outra da Guggenheim Foundation. Instalouse en España en 1969. A súa obra inscríbese dentro da nova figuración con predominio da alegoría. Membro da Societé des Peintres Gravours Français.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudos no conservatorio de Madrid e, posteriormente, foi discípulo de A. Arias, Juan Hidalgo e Marchetti. Delegado xeral da Orquestra e coro de RTVE, é autor das pezas Falla Revisited (1973), Ancora una volta (1973), Música de septiembre (1975) e Una modesta proposición (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e biólogo. Doutor en Bioloxía e profesor de Patoloxía Vexetal na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, exerceu o cargo de vicerrector entre 1984 e 1987. Deputado no Parlamento de Galicia na III, IV, e V lexislaturas pola provincia da Coruña (1989-2001) e vicepresidente segundo do Parlamento na IV lexislatura. Membro da executiva nacional galega da UGT, foi asesor executivo do ministerio de Educación, vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE e membro do Comité Federal do PSOE. No eido xornalístico, colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16 e a revista GAM. Escribiu Estudios bioquímicos de la resistencia de las enfermedades fúngicas del castaño e Los socialistas y la universidad (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rois. Da primitiva construción románica conserva no muro da capela maior unha seteira e un agnus dei moi basto, labrado no hastial. O templo ten planta rectangular cunha única nave e unha capela maior. En 1690 construíuse a bóveda, ao longo do s XVIII reformouse a igrexa e en 1817 engadiuse a sancristía. Na fachada principal destaca unha fornela que acolle unha imaxe identificada con san Martiño pero realizada en época anterior á construción da portada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Comezou co debuxo de caricaturas, e en 1923 trasladouse a Nova York onde traballou como caricaturista en Vanity Fair. Recibiu unha bolsa da Fundación Guggenheim e viaxou por Asia, África e Europa. En 1939 realizou dous murais do mapa económico de América para a Feira Internacional de San Francisco. Foi profesor de etnografía na Escuela Nacional de Antropología e director da Escuela de Danza do Instituto Nacional de Bellas Artes. Escribiu, entre outros, o libro de caricaturas The Prince of Wales and Other Famous Americans (O príncipe de Gales e outros famosos americanos, 1925) e os de antropoloxía Mexico South (México sur, 1946), The Eagle, the Jaguar and the Serpent (A aguia, o xaguar e a serpe, 1954) e Indian Art of Mexicano and Central America (Arte indíxena de México e de América Central, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Ocupou a cátedra de Química Teórica e Física da Universidad de Madrid. Entre as súas publicacións destacan: Estudios sobre los permanganatos (1922); Catálisis en general y autocatálicos (1925) e The descomposition of carbon monoxide in the corona due to alternating electric fields (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, compaxinou a creación literaria, o xornalismo e a docencia como profesor de dereito mercantil na Escuela de Comercio de Valladolid. En 1936 ingresou na Escuela de Comercio e estudiou artes plásticas na Escuela de Artes y Oficios; dous anos máis tarde embarcou no cruceiro Canarias como mariñeiro, ata que regresou a Valladolid ao remate da Guerra Civil española. Foi caricaturista no xornal El Norte de Castilla, baixo o pseudónimo Max, do que foi nomeado director en 1958. A súa obra xira ao redor de dúas teses: a autenticidade da vida rural ante a civilización urbana e a morte como sentido último da vida. O estilo dos primeiros anos vacila entre a novela de tese, densa e lenta, e a de ritmo máis áxil. As súas obras traducíronse a multitude de idiomas (ruso, alemán, italiano, francés, sueco, checo, xaponés, etc) e da súa produción destacan, entre outras obras: La sombra del ciprés es alargada (Premio Nadal, 1948),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador e artesán flamengo activo en Santiago de Compostela. Traballou no revestimento con mármores de cores do zócolo da capela maior da catedral (1655), deseñado por José Peña de Toro, e na decoración da capela de Santo Andrés (1677) e esculpiu a decoración da Torre do Reloxo (1678-1679). Tamén realizou na catedral, entre outras obras, o escudo de armas do arcebispo Andrés Girón na porta da capela de Cambias (1673) e unha pía de auga bendita (1677). En 1672 realizou en xaspe e mármore o revestimento do banco do retablo maior de Nosa Señora da Cerca do convento de Santo Agostiño, do que se conserva a traza no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrenda. De estilo barroco, construíuse no s XVIII. No interior destacan as pinturas ao fresco da bóveda de crucería, que representan as imaxes dos apóstolos, dos evanxelistas, dos santos escritores Tomé de Aquino e Boaventura, e dos catro Padres da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO