"Mir" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á locución ‘mesa de noite’.
-
GALICIA
Fotógrafo profesional. Máis coñecido como Delmi Álvarez. Traballou dende o ano 1983 nos xornais La Región e A Nosa Terra, e a partir de 1984 no periódico El País, en Madrid. Anos máis tarde, participaría tamén como fotoxornalista no Diario de Galicia, na axencia Cover, tamén en Madrid, en El Mundo de Galicia e en El Ideal Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO
Deu conferencias ao longo de todos estes anos en numerosos institutos de Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela, na de Vigo e na facultade de ciencias sociais da Universitat de Barcelona. Así mesmo, participou na I e II Fotobienal de Vigo e en numerosas exposicións individuais e colectivas por toda Galicia, España e Portugal. Viaxou por todo o mundo (Canadá, EE UU, México, Nicaragua, Cuba, Venezuela, O Brasil, Arxentina, Francia, Gran Bretaña,... -
GALICIA
Realizou os seus primeiros estudios no Seminario de Mondoñedo, que abandonou para ingresar no exército. No 1840 desertou e marchou a Madrid, onde traballou como redactor de El Huracán. No 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843 e marcha a vivir a Sevilla. Pouco despois obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao, cargo que ostentou ata que no 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, dende onde foi trasladado a Veracruz no 1856 onde morre. Como escritor publicou Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años (1842), o poema histórico El Hijo de María (1852), e dous volumes titulados Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos (1859), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título árabe do Califa como Soberano dos Crentes. Foi outorgado por vez primeira a ‘Umar. Despois del levárono todos os califas omeias e abásidas, ademais doutros soberanos que non reunían as condicións esixidas polo dereito musulmán. Adoptárono diversas dinastías norteafricanas, xunto cos omeias e cos almohades de al-Andalus. Despois do ano 1253 foi reivindicado polos hafsidas de Ifrīqiya, polos mamelucos do Exipto e polos marinidas de Marrocos. Os sultáns otomanos fixeron uso del ata finais do 1922. En galego pódese atopar baixo a forma miramolín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título militar, que significa ‘Emir dos emires’, levado polo xefe da Garda Turca na Corte de Bagdad. Consolídouse a partir das concesións que o Califato abásida tivo que facer ao seu exército turco. O Califa al-Muqtādir (908-931) concedeullo por vez primeira ao eunuco Mu’nis, que se converteu no auténtico señor do Califato ata o ano 933. No ano 945, coa conquista de Bagdad polo buwayhida A ḥ mad, nomeado Mu’izz al-Dawla, os amīr al-umarā’ foron todos buwayhidas e controlaron o poder califal ata a chegada dos turcos selxúcidas (1055).
-
PERSOEIRO
Escritor indio de lingua persa. É autor de tres escolmas de poesía tituladas Poemas da adolescencia (1272), Poemas da madureza (1284) e Poemas da vellez (1293), ademais duns Gazaliyyāt (Poemas líricos) e de diversas obras históricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río que nace da confluencia do rego do Cargadoiro que, á súa vez, xorde no Outeiro das Capas, xunto co rego do do Petón. Este último aparece na Fonte Semias e, desemboca no río Rateira pola esquerda, ao que chega na marxe N da ría de Muros e Noia, na enseada de Bornalle (parroquia de Abelleira, concello de Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe da literatura xeorxiana. Amirani proporcionoulles aos homes o lume e foi castigado polos deuses a morrer encadeado a unha rocha. O tema está relacionado co mito de Prometeo.
-
ILLAS
Arquipélago coralino das Seicheles, no océano Índico, ao NL de Madagascar. As illas principais son Daros, Desneuf, Saint Joseph e Poivre. Foron descubertas no ano 1052 polo Almirante portugués Vasco da Gama. Desde o ano 1814 ata o ano 1976 pertenceron a Gran Bretaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos amiritas.
-
Nome outorgado aos descendentes e protexidos de Ibn Abī ‘Amir al-Manṣūr. Membros destacables da familia foron ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Muẓaffar e Sançol, fillos de Almanzor. ‘Abd al-’Azīz ibn Abī-’Amīr al-Manṣūr encabezaba a dinastía que gobernou a Taifa de València, seguido polo seu fillo ‘Abd al-’Azīz (1075-1085). En tempos do Cadí ‘Utman ibn Abī Bakr, perderon definitivamente o goberno de Valencia ao ser entregada, no ano 1085, polos casteláns ao destronado al-Qādir de Toledo.
-
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. Segue a carreira eclesiástica. Historiógrafo da Corte de Cosme I de Médici, escribiu a monumental Istorie Fiorentine (1600-1641), seguindo un método analítico e documental. Hai que sinalar tamén dúas das súas obras, os Crepuscoli (1637-1642) e Discorsi sopra Cornelio Tacito (1574).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo antropónimo galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e mirus ‘sonado, célebre’. Deste nome vén o topónimo Ansemil e, se cadra, tamén Ansemar. Non hai ningún santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Černihiv 1884 - ? 1938) Político ucraíno. Membro do Partido Bolxevique, dirixiu no 1917 a toma do Palacio de Inverno de Petrogrado (actual San Petersburgo). Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo, embaixador en Checoslovaquia e cónsul xeral de Rusia en España (1936-1938). Acusado de trotskismo, foi procesado e executado; a súa memoria foi rehabilitada no 1956.
-
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e autor dramático de lingua azarí. Autor dunha peza teatral (O niño do gabián, 1921), dun poema (Á morte de Puxquin, 1837) e dunha novela (As estrelas enganadas, 1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico soviético. Destacan os seus traballos sobre física fundamental, especialmente de electromagnetismo e magnetodinámica, así como de óptica e espectroscopia. No 1913 descubriu a absorción selectiva das radiacións electromagnéticas nos corpos ferromagnéticos, que abriu novos camiños na investigación das propiedades magnéticas da materia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do xermánico Erchanmir, composto de ercan ‘nado libre, nobre’ e mers ‘ilustre, brillante’. Segundo outra teoría podería vir tamén de Harjis-meris ‘exército famoso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monxe do que se conta que foi martirizado en Córdoba polos mouros. A festa de santo Arximiro celébrase o 28 de xuño.
-
PERSOEIRO
Gramático e historiador grego. Viviu parte da súa vida na Turdetania. Escribiu un tratado de cuestións gramaticais e outro de historia de Bitinia e Turdetania, dos que só se conservan fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista ruso nacionalizado islandés. Aos sete anos revelouse como un gran pianista e foi, despois, solista na maior parte das orquestras da URSS. Gañou o concurso Raíña Elisabeth de Bélxica en 1956 e seis anos máis tarde, con J. Ogdon, o concurso internacional Čajkovskij de Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facerse cargo de algo que implica responsablidade (posto, función, obriga, etc)
-
Admitir algo como propio ou como fundamento dun razoamento.
-