amīr al-umarā
amīr al-umarā
s
[HIST]
Título militar, que significa ‘Emir dos emires’, levado polo xefe da Garda Turca na Corte de Bagdad. Consolídouse a partir das concesións que o Califato abásida tivo que facer ao seu exército turco. O Califa al-Muqtādir (908-931) concedeullo por vez primeira ao eunuco Mu’nis, que se converteu no auténtico señor do Califato ata o ano 933. No ano 945, coa conquista de Bagdad polo buwayhida A ḥ mad, nomeado Mu’izz al-Dawla, os amīr al-umarā’ foron todos buwayhidas e controlaron o poder califal ata a chegada dos turcos selxúcidas (1055).