amiotonía
amiotonía
(< a- + -mio- + -tonía)
-
s
f
[PAT]
Falta de ton muscular.
-
amiotonía conxénita
[PAT]
Síndrome caracterizada por un grupo de trastornos que se dan en nenos que presentan as extremidades fláccidas e frouxas, con dificultades para aprender a sentarse e a camiñar durante a primeira infancia; pero que máis adiante melloran espontaneamente e alcanzan unha recuperación bastante boa ou total. Non se coñecen as causas. Tamén se coñece baixo o nome de enfermidade de Oppenheim e, ultimamente, hipotonía conxénita benigna.