amioplasia

amioplasia

(< a- + -mio- + -plasia)

  1. s f [PAT]

    Aplasia do tecido muscular.

  2. amioplasia conxénita [PAT]

    Afección conxénita caracterizada pola anquilose fibrosa de todas as articulacións dos brazos e pernas e a deformación das extremidades, ocasionada por un trastorno no desenvolvemento muscular.