"Nau" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 146.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Astronauta ruso ou da CEI (anteriormente soviéticos) ou dos países da súa influencia, segundo a terminoloxía espacial cuñada na URSS e empregada en Occidente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
astronáutico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Melitopil’, Zaporižžja 1921) Realizador cinematográfico ucraniano. Dirixiu os filmes Sorok pervyj (O corenta e un, 1957), Balada o soldate (A balada do soldado, 1959) e Zili byli ctarik co ctarukhoj (Había un vello e unha vella, 1964).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos danaidos ao que pertence a monarca.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro militar. Traballou en Galicia en varios proxectos para construcións militares. Na Coruña encargóuselle un estudo das Casas de Procuración de San Bieito e San Bernaldo para situar de xeito provisional a Audiencia (1739), e en Santiago de Compostela estudiou o cuartel vello de Infantería e Cabalería e trazou os planos dun novo (1739).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira glaciación do Cuaternario, que tivo lugar no comezo do Vilafranquense (no Pleistoceno inferior) e que se prolongou dende os 2,1 e os 1,7 millóns de anos; recibe o nome do Danubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán do río Danubio.
-
CIDADES
Cidade do megye de Fejér, Hungría, situada á beira do Danubio, ao S de Budapest (57.000 h [1999]). É o principal centro siderúrxico do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial italiana fundada en 1933 por Giulio Einaudi (Turín 1912 - 1999). Presidida por Roberto Cerati, conta con máis de 8.000 títulos diferentes no seu catálogo. Publica anualmente máis de 200 novidades. A súa liña editorial céntrase na literatura italiana e estranxeira, no ensaio literario e nos libros de temática histórica, filosófica, científica e económica, ademais de clásicos antigos e contemporáneos.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Foi profesor de finanzas na Universidade de Turín. Co ascenso ao poder de Mussolini refuxiouse en Suíza. Ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, foi nomeado gobernador do Banco de Italia (1944-1948), deputado da Assemblea Constituínte (1946), vicepresidente do Consello de Ministros (1947) e presidente da República Italiana (1948-1955). Colaborou nos xornais A Stampa e Corriere della Sera. Escribiu, entre outras obras, La condotta economica e gli effeti sociali della guerra italiana (A conduta económica e os efectos sociais da guerra italiana, 1933) e Cronache economiche e politiche di un trentennio (Crónica económica e política dunha trintena, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio formado por unha cunca, xeralmente de madeira, e un mango longo, que se emprega para regar as hortas.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Pioneiro no campo da astronáutica, en 1906 construíu o primeiro motor de aviación en estrela. Inventou unha bomba de gasolina alternativa e sen cilindro. Formulou unha teoría de navegación interplanetaria mediante foguetes e propuxo a utilización da enerxía atómica nas astronaves. Foi membro da Académie des Sciences (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro europeo de astronautas creado pola ESA en 1990. Situado preto de Colonia, encárgase da selección e da formación de astronautas europeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de fabricación de automóbiles fundada en 1951 co nome de Fabricación de Automóviles SA, trala firma coa Régie Nationale de Usines Renault para a fabricación en España do modelo 4 CV. A produción iniciouse en 1953 na factoría de Valladolid. En 1965 tivo lugar a fusión da Sociedad Anónima Española de Automóviles Renault (SAEAR) e FASA, pola que se constituíu unha nova sociedade baixo a denominación de FASA Renault, para a fabricación e comercialización de todos os produtos Renault en España. En 1965 creáronse dúas novas factorías: Fabricación de Carrocerías Renault de España (FACSA) e Fabricaciones Mecánicas Renault de España (FAMESA); ás que hai que engadir a adquisición de Industrias Subsidiarias de Aviación (ISA), de Sevilla, e a instalación da nova factoría de Palencia.
-
PERSOEIRO
Sacerdote franciscano. Formado no colexio de Misiones de Santiago de Compostela, foi mestre de novicios e de coristas, reitor e vicario do colexio e definidor da Provincia. Foi o primeiro director da revista El Eco Franciscano, fundada en Santiago de Compostela en 1884, e colaborador do xornal madrileño El Siglo Futuro. Das súas obras destacan La reforma ao sea nueva organización (1891), Un Concilio celebrado en Lugo el año 569: Estudio histórico (1893), Catálogo de las Sagradas Reliquias existentes en el Colegio de los PP Franciscanos de Santiago (1902) e Apuntes históricos relativos al Colegio de PP Misioneros Franciscanos de Santiago desde 1856 a 1896 (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Naum Neemia Pevsner.
-
PERSOEIRO
Diplomático e escritor. Puxo a escrita dramática ao servizo da propaganda franquista, gañando en 1953 o Premio Lope de Vega coa obra Murió hace quince días. Tamén foi autor de La hija de Juno (1955), La cárcel sin puertas (1958), El rey ha muerto (1960) ou Alarma (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica, na rexión de Valonia (3.786 km2; 1.279.467 [estim 2000]). A súa capital é Mons.