Einaudi, Editorial

Einaudi, Editorial

Empresa editorial italiana fundada en 1933 por Giulio Einaudi (Turín 1912 - 1999). Presidida por Roberto Cerati, conta con máis de 8.000 títulos diferentes no seu catálogo. Publica anualmente máis de 200 novidades. A súa liña editorial céntrase na literatura italiana e estranxeira, no ensaio literario e nos libros de temática histórica, filosófica, científica e económica, ademais de clásicos antigos e contemporáneos.