"Neira" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
-
Conxunto de carneiros.
-
Golpe que dan as cabras coa cabeza cando trucan.
-
Comida ou festa celebrada a base de carneiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se mantén nunha postura determinada aínda que haxa razóns que evidencien que está errado.
-
ENSEADAS
Enseada e praia do litoral occidental da península do Grove, situada na parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove, que se abre entre as puntas de Pateiro, ao N, e de Borreiro, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, un asno de sable.
-
PERSOEIRO
Impresor. Mercou parte das súas rotativas a Benito Pérez Mon, impresor de Lugo, e estableceuse na vila de Betanzos. Nela imprimiu a obra Torre de Hércules, de Xosé Villar Sánchez e o primeiro xornal da localidade, El Censor, xunto con outras publicacións periódicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de castiñeiros.
-
ILLAS
Illa da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castiñeiras, concello de Ribeira, situada fronte á praia do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada e praia da beira occidental da península do Grove, no litoral da parroquia de San Vicente do Grove, concello do Grove, comprendida entre as puntas de Pateiro, ao N, e de Borreiro, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia, baixo a advocación de san Mateo, do concello de Viana do Bolo. Pertenceu durante o Antigo Réxime á xurisdición de reguengo de Viana do Bolo, e incluíuse no seu concello ao establecerse en 1835. A finais do s XIX adscribiuse á parroquia de Sever.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo que remite ao latín vulgar castanearia ‘lugar onde abundan os castiñeiros’. Documéntase no s XIII: “Lupus Castinaria” (doc ano 1227 en Ángel Rodríguez González/José Ángel Rey Caiña, “Tumbo de Lorenzana” Estudios Mindonienses 8, 1992, p 169).
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dúas bandas de azul.
-
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Arousa, situada no litoral da parroquia de Castiñeiras, concello de Ribeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Lagoa da península do Morrazo, situada no límite entre as parroquias e concellos de Marín, ao O, e Vilaboa, ao L, no parque de Coto Redondo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres estrelas de ouro; segunda partición, en campo de ouro, con cinco panelas de sinople; bordo de goles con oito aspas de ouro.
-
GALICIA
Poeta. Coñecido como o poeta da Mahía, estudiou maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como ATS en América, onde colaborou en diversas publicacións como Galicia e Opinión gallega. Entre outras obras, publicou: Estampas gallegas (1955), Mi tierra (1962), Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968), Os do meu tempo (1971), Frorilexio poético (1987) e Os cabeiros refolgos (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Entre os monumentos públicos que realizou na Coruña destacan os dedicados a Wenceslao Fernández Florez, Casares Quiroga, María Pita e aos Surfistas. Entre os premios que recibiu cómpre destacar o primeiro premio de escultura Cidade da Coruña (1980) e o premio Tomás Francisco Prieto (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico, ilustrador e debuxante de historietas coñecido como Fausto Isorna. O seu traballo no eido do deseño vincúlase con proxectos editoriais e culturais: cartelerías e promocións para grupos de teatro como Chévere, Teatro do Aquí ou Ollomoltranvía; imaxe corporativa e divulgación da Sala Nasa; cubertas para libros e catálogos de artistas plásticos, así como discos para grupos como Milladoiro, Fuxan os Ventos ou Cristina Pato. Director artístico da revista Golfiño, creou e editou a revistas Valiundiez e Das Capital. Colaborou nos xornais El Correo Gallego e El Mundo e nas revistas Tintimán, Aula Aberta, Coordenadas. Como historietista colaborou en Aula Aberta, Tintimán, Coordenadas, Valiundiez, Das Capital, Golfiño e Animal+L, e publicou, entre outros, os libros Os viaxeiros do tempo, A irmandade dos lectores tristes, Flores dende...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e dobrador. Participou como actor de teatro en diversos traballos do grupo Itaca e colaborou con Producións do Noroeste no espectáculo Rei Lear (1990). Traballou tamén nos filmes Divinas palabras (1987) e Era unha vez (1999).
VER O DETALLE DO TERMO