"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Relativo ou pertencente á agronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor vasco. Creador dunha novelística moderna en éuscaro. Comezou escribindo en dialecto biscaíño, pero na súa mellor obra empregou o guipuscoano, máis accesible para a maioría dos lectores. Na súa obra máis coñecida, Garoa (1912), describe a vida rural do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre de escultura e carpintería natural de Pontecaldelas que desenvolveu a súa actividade artística na primeira metade do s XIX no sur de Galiancia. No 1816 encargouse do traslado do retablo da Virxe do Carme dende a colexiata de Santa María de Vigo ata a igrexa de San Ciprián de Paredes (Ponteareas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico potente, de amplo espectro e baixa toxicidade xeral. Illouse no 1951 de cultivos da bacteria Actinomyces subtropicus. Demostrouse especialmente activo e eficaz contra as bacterias do xénero Staphylococcus resistentes a outros antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do cambio estrutural cromosómico no cal está implicada a parella de cromosomas homólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e notario de Lalín. Publicou Estudios elementales de Economía Política (1874), Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político (1875), Las huelgas de los obreros (1886), polo que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas, El Estado y las clases obreras (1894), galardoada co mesmo premio, e Las grandes propiedades rústicas en España (1912), que recibiu o Premio do Conde de Toreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída o 20 de setembro de 1989 na Vila de Cruces e presidida por Xosé Mª López Pérez. O seu obxectivo é a divulgación cultural promovendo o estudo da astronomía. Xestiona o observatorio astronómico do couto Zarra Grande de Vila de Cruces que comezou a funcionar en 1993 cun telescopio de máis de 40 centrímetros de diamétro capaz de superar os 12 millóns de anos-luz aberto a todos os centros de investigación e estudiantes de Galicia. Organizan asembleas xerais, cursos de astronomía, publican unha revista semestral e pretenden elaborar un calendario astronómico para a mellor observación dos astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Despois dos seus primeiros estudos no Seminario de Ourense, marchou a Madrid a cumprir o servizo militar. Na capital do Estado matricúlase na Universidade para estudar filosofía. Alí entra en contacto con Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, César Arias, Reimundo Patiño e outros, cos que forma en 1958 o grupo Brais Pinto. Dende esta plataforma, que pretendía artellar unha alternativa ao piñeirismo cun maior grao de compromiso político, traballa en Madrid nos Seminarios de Cultura Galega do Centro Galego e do Club de Amigos de la UNESCO. En novembro de 1963 varios integrantes de Brais Pinto, entre os que se atopa, fundan unha organización política, a Unión do Pobo Galego (UPG), que se confirma nunha xuntanza celebrada en Santiago o 25 de xullo de 1964....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Documéntase a súa presenza na construción e traballos do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago (1608) e tamén na ponte da Fillaboa (Ponteareas) en 1615.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da división dos amastigomicotas.

    2. División de fungos que comprende as subdivisións ascomicotina, basidiomicotina e zigomicotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia dos ambistómidos.

    2. Individuo da familia dos ambistómidos.

    3. Familia de anfibios urodelos, integrada por píntegas, xeralmente terrestres, coa cabeza aplanada e os dentes do vómer dispostos en fileiras transversais. Son propias dos EE UU e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista norteamericana de periocidade trimestral fundada en 1911 como voceira da American Economic Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación dunha ou das dúas amígdalas palatinas, chamada tamén tonsilectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión nunha amígdala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira asociación económica fundada en Galicia en 1783 polo Bispo Armañá. A súa actividade desenvolveuse sobre todo a partir da Real Orde do 18 de maio de 1834, que dispuña a constitución dunhas sociedades de dereito público para levar os principios do movemento da Ilustración a todos os recunchos do país, no eido económico e educativo. Crearon unha Escuela de Enseñanza Superior y Naútica en Ribadeo e unha cátedra pública de Matemáticas en Lugo. En 1841 o xefe político, Alexandre García, volveu promover a súa organización para apoiar o Goberno na protección da provincia en campos coma: Obras Públicas, Artes e Manufacturas, Comercio e Instrución Pública. Da última etapa desta sociedade só queda unha carta fechada en xaneiro de 1882.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada o 19 de xullo 1784 por Antonio Páramo y Somoza, cóengo da catedral de Santiago, xunto con outros eclesiásticos, universitarios, comerciantes, militares e nobres. A guerra e a inestabilidade política do país no primeiro cuarto de século motivaron a súa inactividade ata 1934. Os seus obxectivos ían encamiñados a arranxar os problemas da sociedade galega e as necesidades dos composteláns en todos os campos: educación, industria, pesca, agricultura ou gandería. Elaboraron informes e publicaron semanarios para denunciar a situación de atraso e explotación que sufrían os galegos -sobre todo no campo, na pesca e na emigración- co fin de buscar solucións xurídicas prácticas. Promoveron o establecemento do ferrocarril en Galicia e a creación da Caja de Ahorros de Santiago (1880). Estableceron, así mesmo, academias de debuxo, música, comercio, artes e oficios ou escolas de adultos, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruptura artificial do amnio utilizada como manobra para provocar o parto.

    VER O DETALLE DO TERMO