"OMM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 73.

  • Familia de satélites de comunicacións da ESA, explotados por EUTELSAT. O primeiro destes satélites lanzouse en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicanalista alemán. As súas teorías centráronse en explicar o medo que pode provocar no individuo, se este non é totalmente libre, a existencia dunha sociedade verdadeiramente libre e o risco que supón a procura de novos amos por parte destes individuos, que prefiren ser escravos a ter que soportar a responsabilidade de ser libres. Afirmou que o home moderno, liberado dos lazos da sociedade preindividualista, non gañou a liberdade no senso positivo da realización do seu ser individual, da expresión da súa potencialidade intelectual, emocional e sensitiva, posto que, aínda cando a liberdade lle proporcionou independencia e racionalidade, illouno e volveuno ansioso e impotente. Na súa análise filosófica tamén se ocupou do desexo. Entre as súas obras destacan Escape from Freedom (1941), The Arts of Loving (1956) e The Crises of Psychoanalysis: Essays on Freud, Marx, and Social Psychology (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi director do Theatre Royal en Crow Street e autor de óperas como Perseverance (1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Romántico conservador, escribiu a novela histórica Marco Visconti (1834), os contos rimados La fuggitiva (1815) e Ildegonda (1820), e o poema épico “I lombardi alla prima crociata” (1826), a partir do que G. Verdi compuxo unha ópera homónima estreada en 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Doneck, Ucraína, situada na conca hulleira de Donbass (126.000 h [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista italiano. A súa narrativa insírese nunha atmosfera barroca-surrealista, entre a fantasía e o humor. Da súa obra destacan La pietra lunare (1939), La spada (1942), Cancroregina (1950), Racconti impossibili (1966) e A caso (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leccionario da antiga liturxia visigoda que contiña as lecturas da misa (profecía, apóstolo e evanxeo) e, excepcionalmente, homilías ou lecturas do oficio dominical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista alemán. Especialista en literaturas románicas medievais, francesa, occitana e italiana, publicou, entre outras obras, Beiträge zur älteren italienischen Volksdichtung (1950) e Leben und Lieder der provenzalischen Troubadours (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de rallyes. En 1989 proclamouse Campión de Europa de Rallyes. Conseguiu o título de Campión do Mundo en 1996, 1997, 1998 e 1999, sendo o primeiro piloto da historia en acadar catro triunfos consecutivos. Gañou 24 probas do Campionato do Mundo antes de retirarse en 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Inscrito na corrente seguidora de Cara- vaggio, imitou as súas escenas de xénero como Baco ou Bonaventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Redactou o seu primeiro manifesto en 1909, en que propugnaba a ruptura dos esquemas literarios tradicionais e da sintaxe. No Manifesto tecnico della letteratura futurista (1912) definiu a guerra como a ‘única hixiene do mundo’, e trala Primeira Guerra Mundial adheriuse ao fascismo. Das súas obras destacan, en poesía, Spagna veloce e toro futurista (1913), Poemi simultanei futuristi (1933), Canto eroico e macchine della guerra mussoliniana (1942) e L’esercito italiano, poesia armata (1942), e, en prosa, Novelle con le labbra tinte (1930) e Patriottismo insetticida (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Debutou en Copenhaguen como barítono na ópera Silvio in Pagliacci, de Leoncavallo (1913), e pasou logo a facer papeis de tenor (1918). Actuou en Londres, París e Nova York, sobre todo interpretando papeis wagnerianos, como Tristán, Siegmund ou Lohengrin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político alemán. Centrou os seus estudos na historia e as inscricións da Antiga Roma. En 1873 foi nomeado secretario vitalicio da Akademie der Wissenschagten e, desde 1861, converteuse en integrante do Reichstag, como membro do Partido Progresista. Da súa produción destaca Römische Geschichte (Historia de Roma, 1854-1885), onde reconstruíu a historia romana a partir das datas sacadas da epigrafía, e Corpus Inscriptionum Latinarum (1863). A súa obra, con máis de 1.500 títulos, contribuíu ao desenvolvemento da historia antigua. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización para a investigación aeronaútica creada en EE UU en 1915 por Willian Frederick Durand. Contribuíu ao desenvolvemento da técnica aeronaútica. En 1958 foi absorbida pola National Aeronautics and Space Administration.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Meteorolóxica Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ommastréfidos.

    2. Molusco da familia dos ommastréfidos.

    3. Familia de moluscos cefalópodos, da orde dos teutoideos, que presentan corpo longo e rematado en punta. Teñen dúas aletas natatorias terminais de forma romboidal e unha válvula no sifón unida á cabeza mediante filamentos musculares. O seu mecanismo de natación é retrógrado, e poden alcanzar grandes velocidades. Habitan en alta mar, moi espallados xeograficamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política francesa que naceu en 1920 a partir da escisión producida no congreso de Tours da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO). Entre 1934 e 1938 formou parte da Fronte Popular. Durante a ocupación nazi de Francia participou activamente na Resistencia, pero a partir de 1947 quedou novamente illado. En 1972 o XX congreso elixiu como secretario xeral a Georges Marchais, que sucedeu a Waldek Rochet e dirixiu o partido cara ao eurocomunismo, para volver despois á ortodoxia marxista--leninista. O triunfo do Parti Socialiste en 1981 deulle ao PCF catro ministerios no novo goberno de maioría socialista, colaboración que rematou en 1984. A desaparición dos réximes do leste entre 1989 e 1990 non pareceu afectarlle xa que no XXVII congreso (1990) se reformou na liña da ortodoxia comunista. A secretaría xeral ocúpaa Marie-George-Buffet. Posteriormente volveu ter ministros no goberno. Das súas publicacións destaca o diario parisiense L’Humanité.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de campo alemán. Durante a Segunda Guerra Mundial comandou as tropas do Afrikakorps (1941), coas que acadou numerosas vitorias ata que topou con Montgomery en El-’Alamein (1942). Ao volver a Europa encomendóuselle a defensa atlántica desde a costa holandesa ata o Loira. Retirado a Baviera despois do Desembarco de Normandie, relacionouse cos conxurados do 20 de xullo de 1944, e foi cominado ao suicidio por A. Hitler.

    VER O DETALLE DO TERMO