Fromm, Erich

Fromm, Erich

Filósofo e psicanalista alemán. As súas teorías centráronse en explicar o medo que pode provocar no individuo, se este non é totalmente libre, a existencia dunha sociedade verdadeiramente libre e o risco que supón a procura de novos amos por parte destes individuos, que prefiren ser escravos a ter que soportar a responsabilidade de ser libres. Afirmou que o home moderno, liberado dos lazos da sociedade preindividualista, non gañou a liberdade no senso positivo da realización do seu ser individual, da expresión da súa potencialidade intelectual, emocional e sensitiva, posto que, aínda cando a liberdade lle proporcionou independencia e racionalidade, illouno e volveuno ansioso e impotente. Na súa análise filosófica tamén se ocupou do desexo. Entre as súas obras destacan Escape from Freedom (1941), The Arts of Loving (1956) e The Crises of Psychoanalysis: Essays on Freud, Marx, and Social Psychology (1970).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt

  • Deceso

    Lugar : Muralto, Suíza