"Obre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 296.

  • ENTRADA LARGA

    Confederación sindical española constituída en 1977. Ten por obxectivo a defensa dos intereses dos traballadores do territorio español.
    Órganos e estrutura
    A Confederación de Comisiones Obreras, que reúne os diferentes sindicatos nacionais, ten dous tipos de órganos: os de dirección formados pola Comisión Ejecutiva Federal, Consejo Confederal e Secretarías Confederales; e os órganos de dirección e control formados pola Comisión de Garantías e a Comisión de Control Financiero. CC OO ten unha estrutura sectorial e territorial. A estrutura sectorial ten un sentido vertical e integra os traballadores en federacións segundo o posto de traballo que desempeñan e segundo o sector laboral ao que pertenzan. A estrutura territorial, de sentido horizontal, integra os traballadores segundo o criterio de territorialidade do seu posto de traballo, é dicir, nas comunidades autónomas. No ámbito internacional intégrase na Confederación Europea de Sindicatos (CES) e na Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato Nacional de CC OO de Galicia constituído en marzo de 1978, é unha organización de clase que ten por tarefa principal a defensa dos intereses da clase traballadora e dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva do socialismo democrático. Desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Órganos, estrutura e obxectivos
    Os órganos de dirección son o Congreso Nacional, máximo órgano deliberante e decisorio; a Conferencia Nacional, convocada intercongresualmente para cuestións de interese puntual; o Consello Nacional, máximo órgano de dirección e representación entre congresos; e a Comisión Executiva Nacional, órgano de dirección que leva á práctica as decisións e directrices adoptadas polo Consello e polo Congreso. A coordinación está a cargo do Comité Nacional e a representación legal e pública recae no Secretario Xeral. A estrutura interna é en sentido vertical, para atender a rama laboral, e horizontal, en atención á súa procedencia territorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia na que se reúnen algúns estados pertencentes ás Nacións Unidas para tratar diferentes aspectos relacionados coa situación da poboación do planeta e onde se ofrecen as pautas a seguir en política demográfica. A I Conferencia Internacional de Poboación tivo lugar en Roma en 1954, e a II Conferencia en Belgrado, en 1965. Na III Conferencia, levada a cabo en Bucarest en 1974 (Ano Mundial da Poboación), os países desenvolvidos presentaron o Plan de Acción Mundial sobre Poboación, baseado nun maior control da natalidade, coa intención de frear a desmesurada explosión demográfica mundial. Os países desenvolvidos opuxéronse ao plan por considerar que atribuía á superpoboación as causas do subdesenvolvemento, orixinado en realidade pola explotación dos países pobres por parte dos ricos. A IV Conferencia tivo lugar en México en 1984, e a V Conferencia no Cairo en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización para a Seguridade e Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Barcelona entre o 18 e o 25 de xuño de 1870 que reuniu, por primeira vez, a delegados das sociedades obreiras de toda España. A súa convocatoria partiu do semanario internacionalista madrileño La Solidaridad e recolleuna o barcelonés La Federación. O lugar elixido para a súa celebración fixouse por un plebiscito entre a maioría das sociedades obreiras e asistiron 89 delegados con dereito a voto. Dende un principio o Congreso addheriuse á Asociación Internacional do Traballo (AIT). As principais cuestións debatidas e aprobadas foron: a acción sindical de resistencia ao capital; a defensa do cooperativismo pero non como o principal camiño da emancipación obreira; a organización social dos traballadores baseada nas seccións de oficios que se agruparían en federacións locais, e estas en federacións rexionais; e a actitude apolítica. Tralo Congreso constituíuse a Federación Rexional Española da AIT e fixouse a residencia do consello federal en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos países produtores de cobre fundada en 1960. Malia controlar máis do 50% da produción mundial, non conseguiu fixar nin unha política común nin un prezo do cobre no mercado internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa fundada en Vigo en 1907 por militantes socialistas encabezados polo canteiro Xosé Araújo Pérez. O seu obxectivo era elaborar e comercializar pan a prezos accesibles á capacidade adquisitiva das clases populares. En 1910, coa intención de construír fornos propios, adquiriu uns terreos que logo serviron para edificar a Casa do Pobo da cidade olívica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (7.600 h [1996]). A economía baséase na construción e nos servicios que se derivan desta, o sector téxtil e a elaboración de cemento. A agricultura tamén ten un papel importante, sobre todo o cultivo de oliveiras e de vides. A vila moderna formouse pola aglomeración dos antigos núcleos de Corbera de Dalt e Corbera de Baix. A igrexa románica de Santa María, ampliada en 1700, coñécese pola escenificación anual que fai do seu pesebre vivente. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a casa dos baróns de Corbera (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e empresario. Licenciado en Enxeñería Mecánica polo Instituto Superior Técnico (1946), ampliou estudios no Imperial College de Londres. Foi secretario de Industria Pesada no sexto goberno provisional (1976), ministro de Industria e Tecnoloxía no primeiro goberno constitucional (1977) e primeiro ministro do terceiro goberno constitucional (1978), baixo a presidencia de Ramalho Eanes. Pertenceu ao Conselho de Estado. En 1980 presidiu a comisión da candidatura á presidencia de Eanes e en 1985 propuxo a candidatura de Mário Soares. Despois de abandonar a política, dedicouse ao mundo empresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de carácter obreirista editado en Vigo no ano 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Segundo unha inscrición, foi un dos autores do retablo maior da colexiata de Xunqueira de Ambía, no que empregou columna de balaústres, xunto co escultor flamengo Juanín, identificado por algúns historiadores con Cornielles de Holanda, e co pintor Pedro Bello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter obreirista que apareceu en Lugo, probablemente en decembro de 1973. Subtitulado “Órgao das Comisións Obreiras de Lugo”, contiña artigos de carácter político e analizaba a situación económica e laboral de diferentes empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que perda a nobreza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que é dúas veces maior en número ou intensidade.

      2. Que contén dúas veces a medida normal.

      3. Que ten capacidade para dúas persoas.

      1. Que está formado por dúas cousas iguais ou da mesma especie.

      2. Ficha, no xogo do dominó, que ten o mesmo número de puntos en cada un dos lados nos que se divide o anverso.

      3. Aplícase ao composto, sal, óxido ou hidróxido, que se compoñen de dous metais ou radicais diferentes, como por exemplo, o fosfato (dobre) de amonio e de magnesio, ou o trióxido (dobre) de ferro (II) e de titanio.

      4. dobre acusativo

        Complemento, da sintaxe grega e latina, propio dos verbos que rexen dous complementos de obxecto, xeralmente un de persoa e outro de cousa. Por exemplo, en Doceo pueros litteras (Ensino as letras aos nenos), o verbo doceo rexe un complemento obxecto de persoa en acusativo (pueros) e un complemento obxecto de cousa en acusativo (litteras). O acusativo dobre tamén se empregaba en oracións nas que o complemento obxecto levaba un complemento predicativo, os dous en acusativo: Romani Ciceronem (complemento obxecto) patrem (predicativo) patriae appellaverunt (Os romanos chamaron a Cicerón pai da patria). En latín construíanse con dobre acusativo algúns verbos compostos da preposición trans-, nestes casos un dos acusativos era o complemento obxecto e outro un complemento de lugar: Exercitum (complemento obxecto) Ligerim (complemento de lugar) traducit (Fai cruzar ao exército o Loira).

      5. dobre articulación

        Dobre articulación.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode dobregar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer inclinar unha cousa de xeito que perda a posición vertical.

    2. Obrigar a alguén a que desista dun propósito ou idea e aceptar outros impostos.

    3. Inclinarse algo ou alguén perdendo a verticalidade.

    4. Ceder ou someterse ante alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Feito de facer ou conseguir algo dúas veces.

      2. Conxunto de dous triunfos que un deportista ou equipo acada en dúas probas distintas dunha mesma competición.

      3. Feito de acadar un equipo deportivo na mesma tempada dous títulos oficiais, polo xeral os que se disputan no mesmo ámbito territorial con distintas fórmulas de competición, como, por exemplo, un campionato nacional de liga e outro de copa.

      4. Representación de dous ou máis personaxes diferentes nunha mesma obra teatral, ou actuar ao tempo en dúas obras distintas.

      5. Facer caer ou matar dúas pezas de dous tiros consecutivos de escopeta.

    1. Cada unha das dúas solucións, xeralmente diferenciadas, que coexisten nunha lingua, a partir dunha única orixe etimolóxica. Nas linguas románicas trátase normalmente dunha palabra patrimonial e dun posterior préstamo culto do latín ou do grego (lat CATHĔDRA > cadeira [patrimonial] e cátedra [culta]). O dobrete pode ser sintáctico ou fonético, dependendo de se a alternancia das dúas solucións se debe ao contexto ou ao estilo. OBS: Tamén se denomina parellas léxicas.

      1. Parella de estados estacionarios que teñen o mesmo momento angular orbital e o mesmo spin, pero que se diferencian no seu momento angular total e, polo tanto, na súa enerxía, polo que presentan diferentes axustes spin-órbita.

      2. Parella de partículas fundamentais que teñen masas lixeiramente diferentes, cargas diferentes e o resto de características iguais.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal que queda nunha cousa por onde se dobrou.

    2. Parte dunha cousa que se dobra ou prega.

    VER O DETALLE DO TERMO