"Oder" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 136.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera alteración cutánea producida polas radiacións solares, sexa por unha exposición excesiva á luz solar ou ben por unha sensibilidade esaxerada constitucional ou causada pola aplicación cutánea de substancias químicas.
-
CIDADES
Cidade do länd de Branderburgo, Alemaña, á beira do río Oder, na fronteira con Polonia (86.131 h [1990]). A redefinición das fronteiras á conclusión da Segunda Guerra Mundial, significou a cesión a Polonia da área suburbana da beira dereita do río en 1945. Constitúe un núcleo industrial con porto interior no canal Oder-Spree, 10 km ao S da cidade. Fundada por un grupo de comerciantes francos no s XIII, adquiriu a categoría de cidade en 1253 e foi membro da Liga Hanseática (1368-1450).
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en La Habana a partir do 3 de maio de 1885. Cesou a súa edición en 1888. Dirixido por Xosé Novo García, incluíu información de actualidade e colaboracións da Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia, ademais de artigos sobre filosofía, historia e literatura. Co pasamento de Rosalía de Castro en 1885, dedicáronlle un número especial e contribuíron a promover a construción dun mausoleo en Galicia para a autora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Pontevedra a partir do 1 de maio de 1897. Cesou a súa edición o 15 de xullo de 1898 (nº 30). Subtitulose “Revista mensual ilustrada”. Dirixida por Enrique Labarta Pose, contou con Xerardo Álvarez Limeses como redactor xefe. Tentaba converterse nun álbum artístico e literario, no que se ofrecera información sobre as paisaxes, as lendas, os costumes, as tradicións e as festas populares de Galicia. Ademais, incluíu textos literarios e poesías, xunto con datos biográficos de destacados escritores galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Centrou a súa obra en temas etnográficos das vilas e aldeas de España e dos países do Leste. Individualmente, participou nas Journeés internationales de la photo de Montpellier (1985) e en “Images from Spain” (1987), no Art Center Paul Klapper de Nova York. Colectivamente expuxo na Nigh Gallery de Londres (1980), en ARCO (1983), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1985) e III Fotobienal de Vigo (1988). Recibiu o Premio Arlès (1989) ao mellor libro de fotografía Século XX, o Premio Eugène Smith (1989) de Nova York e o Premio Nacional de Fotografía de España (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera produto derivado do sangue que se obtén nas doazóns e que se atopan no banco de sangue, como concentrado de hemacias, plasma, etc.
-
-
Tecido celular subcutáneo.
-
Capa constituída por estratos de células que pode haber inmediatamente baixo a epiderme.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao hipoderma.
-
Que está ou que se administra debaixo da pel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade parasitaria que afecta fundamentalmente ao gando bovino e que se caracteriza por unha tumoración da pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos dípteros, da familia dos califóridos, moi semellantes á mosca doméstica, duns 11-13 mm de lonxitude, de cor negra, patas amarelas e boca sen trompa. As femias poñen os ovos sobre a pel dos bois e das vacas, e as larvas, ao nacer, provocan tumores purulentos. Son comúns en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de tendencia monárquica editado en Lugo a partir de 1889. Cesou a súa edición ao redor de 1915. O seu propietario e redactor foi Antonio Menéndez, mentres que a dirección asumiuna Acevedo Rivero. Ademais de narracións de destacados autores, cómpre salientar a publicación de biografías, conferencias e estudios históricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de inmoderado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten moderación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1985 en València por iniciativa da Generalitat Valenciana (1985) para a investigación e difusión da arte do s XX. Conta co Centre Julio González, inaugurado en 1989, e a Sala de la Muralla, inaugurada en 1991. Ten unha colección permanente e realiza exposicións temporais, conferencias, cursos, talleres e edición de publicacións.
-
PERSOEIRO
Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma reducida incolora dalgúns colorantes derivados do índigo e da antraquinona. Por inmersión dun tecido nunha solución alcalina do leucoderivado, este é absorbido pola fibra e, ao expoñelo ao aire, rexenérase o colorante, que queda fixado sobre a fibra.
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo leucodermo ou aos seus representantes.
-
Individuo do grupo leucodermo.
-
Grupo étnico de pel branca ou lixeiramente escura, cabelos crechos e nariz xeralmente estreito. Habitan en Europa, no SO de Asia e no N de África.
-
-
-
Que presenta os tegumentos externos lisos.
-
liocarpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘chover’.
-
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Foi profesor de neurobioloxía molecular e biofísica na Rockefeller University. En 2003 recibiu, xunto con P. Agre, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos relacionados coas canles nas membranas celulares, en particular polos seus estudios sobre a estrutura e o mecanismo das canles de ión potasio.
VER O DETALLE DO TERMO