Galicia Moderna

Galicia Moderna

Publicación editada en Pontevedra a partir do 1 de maio de 1897. Cesou a súa edición o 15 de xullo de 1898 (nº 30). Subtitulose “Revista mensual ilustrada”. Dirixida por Enrique Labarta Pose, contou con Xerardo Álvarez Limeses como redactor xefe. Tentaba converterse nun álbum artístico e literario, no que se ofrecera información sobre as paisaxes, as lendas, os costumes, as tradicións e as festas populares de Galicia. Ademais, incluíu textos literarios e poesías, xunto con datos biográficos de destacados escritores galegos.