Frankfurt do Oder

Frankfurt do Oder

Cidade do länd de Branderburgo, Alemaña, á beira do río Oder, na fronteira con Polonia (86.131 h [1990]). A redefinición das fronteiras á conclusión da Segunda Guerra Mundial, significou a cesión a Polonia da área suburbana da beira dereita do río en 1945. Constitúe un núcleo industrial con porto interior no canal Oder-Spree, 10 km ao S da cidade. Fundada por un grupo de comerciantes francos no s XIII, adquiriu a categoría de cidade en 1253 e foi membro da Liga Hanseática (1368-1450).