"Orio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
GALICIA
Benedictino dos mosteiros de San Salvador de Oña, de Nájera e de Madrid. Publicou en Madrid La perla de Cataluña, historia de nuestra Señora de Monserrate (1677), que ten un claro ton polémico e xustificativo da represión da revolta catalana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Retablista neoclásico. Entre outras obras é autor dos altares da Soidade, Rosario, Ánimas e Santo Antonio de Bastabales, seguindo plantas de Miguel Ferro Caaveiro, e do retablo maior de San Xián de Vea, con planta de Melchor de Prado Mariño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de células que se diferenza e orixina o tecido esporóxeno.
-
-
Relativo aos órganos e movementos de produción da voz.
-
Fenómeno fonético de natureza xenética que consiste en destacar unha sílaba determinada dentro dun contexto fónico e que opera sobre calquera dos seus factores constitutivos. Pode ser, segundo isto, cuantitativo, intensivo, tonal, etc, e pode recibir carácter fonolóxico.
-
-
-
Que se afirma.
-
En Kant, o xuízo que corresponde á categoría da existencia, distinta da necesidade. É o que se chama verdade de feito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para esparexer a auga bendita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á aspiración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que atenta contra algunha cousa.
-
-
-
Conxunto de asistentes a un determinado acto ou espectáculo.
-
Público que ocupa unha sala onde se fai unha audición.
-
-
Local especialmente acondicionado para facer audicións, congresos ou calquera outrotipo de espectáculos ou actos.
-
Local destinado á sonorización de películas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio de Música, Teatro e Congresos da cidade de Santiago de Compostela, inaugurado o 20 de outubro de 1989 cun concerto da Orquestra Nacional de España baixo a dirección de Odón Alonso e cunha exposición antolóxica de Laxeiro. O convenio para a súa construción asinárono o 15 de xuño de 1988 o ministro de Cultura, o Presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Santiago. O proxecto técnico redactárono os arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Dende os seus comezos, exerce as funcións de xerencia do Auditorio Xosé Denis Hombre. O contorno do edificio inscríbese nun espazo exterior á cidade histórica e combina o urbano co paisaxismo natural, contrastando o granito, as galerías acristaladas e o cobre. Consta dunha sala de exposicións no nivel inferior; unha sala para música e teatro cunha capacidade de 1.032 prazas aproximadamente, destinada ás representacións teatrais, ópera, concertos e ballets; unha sala cunhas 600 butacas e un escenario máis reducido, axeitada para concertos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorio do Norte.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece en Occidente a Abū-l-Farağ ibn al-’Ibrī, escritor e bispo da igrexa siroxacobita. Polígrafo, bo coñecedor da cultura islámica e da occidental, escribiu diversas obras de Teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Medicina, fillo de Juan José Barcia Goyanes. Doutorouse na Universidade de València, acadou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1975 ocupa a cátedra de Psiquiatría da Universidad de Murcia e o posto de xefe de servizo do Hospital General. Membro de numerosas sociedades científicas, foi presidente da Sociedad Española de Psiquiatría e do Grupo para el Progreso de la Psiquiatría. Entre os máis de douscentos traballos publicados, cómpre destacar Tratado de Siquiatría, obra que consta de tres volumes e que foi escrita en colaboración con C. Ruiz Ogarra e J. J. López Ibor. Foi o director de dúas revistas médicas sobre Psiquiatría: Anales de Siquiatría e Siquiatría Dinámica e Sicoterapia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de cantería. Reconstruíu as igrexas parroquiais de Santiago de Sáa e Santa María de Fijos no concello de Lugo. Estivo en prisión por non cumprir o compromiso de trasladar o rolo da praza das Cortiñas ao campo de San Roque (1575), obra que realizaría posteriormente. En 1581 fixo unha fonte para o barrio de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de banda militar de música e compositor. Foi discípulo de Tomás Bretón. Viviu en Ferrol desde 1910, sendo director da Banda de Infantería de Mariña. Xa en 1911 gañou o primeiro premio cun Himno nuns xogos florais celebrados nesa cidade; dous anos despois compuxo o pasodobre El tren de la alegría, para conmemorar a inauguración do ferrocarril Betanzos-Ferrol, e no 1915 gañou en Vigo un certame internacional de bandas militares. Na súa produción, influída polo folclore galego, hai música militar, pasodobres (Lugo-Ferrol, Os fillos de Canido), zarzuelas (La figlia de Jorio, Cantuxa, Mari Lorenza, Aires de la sierra, Zoraida) e pezas sinfónicas; entre todas as composicións destaca a zarzuela Cantuxa, con letra de Adolfo Torrado. Ademais, completou Luces de Verbena de Reveriano Soutullo. A súa obra, aínda descoñecida, amosa unha estética wagneriana e posromántica. Cada ano o concello...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo territorio alsaciano, que constitúe un departamento do Franco Condado, Francia (609 km2; 137.100 h [estim 1995]). A capital é Belfort.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi director literario da Gaceta Piamontesa. É autor de obras de diversa inspiración romántica. Destaca a súa comedia en dialecto piemontés Le miserie d’monsù Travet (1863). Outras obras súas son: Galatea, ricordi storici (Galatea, recordos históricos, 1880) e Il cane del cieco (O can do cego, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano. Profesor nas universidades de Càller e de Nápoles, orientou a súa investigación cara á lingüística histórica. Destacan os seus estudios sobre historias de palabras, especialmente de Botánica; tamén se ocupou do substrato e da metodoloxía dialectal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coa súa obra tentou aproximarse á realidade cotiá. Destacan os seus poemarios L’ombra dello sposo (A sombra do esposo, 1866) e In primavera (En primavera, 1867). Traduciu o Don Xoán de Byron.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.