Barrio, Gregorio do
Barrio, Gregorio do
Mestre de cantería. Reconstruíu as igrexas parroquiais de Santiago de Sáa e Santa María de Fijos no concello de Lugo. Estivo en prisión por non cumprir o compromiso de trasladar o rolo da praza das Cortiñas ao campo de San Roque (1575), obra que realizaría posteriormente. En 1581 fixo unha fonte para o barrio de san Pedro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo