"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

    1. Que aplana.

      1. Mazo de madeira empregado para aplanar a chapa de chumbo e a peza de aceiro empregada para forxar.

      2. Martelo grande que utilizan os ferreiros para aplanar o ferro candente.

      1. Máquina, constituída por unha madeira longa e estreita, empregada para completar o traballo da grade no nivelamento de terreos.

      2. Máquina empregada nos talleres de caldeirería para aplanar pranchas metálicas. Para grandes espesores utilízanse as aplanadoras hidráulicas (semellantes ás prensas hidráulicas) mentres que para as pranchas delgadas utilízanse as aplanadoras policilíndricas, constituídas por dous grupos de rodos, entre os que avanza a prancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aplanar.

    2. Asentimento á demanda.

    3. Unidade morfolóxica do relevo, desenvolvida en altitude, que se caracteriza polo predominio da horizontalidade fronte ás serras e ás depresións. En Galicia as superficies de aplanamento orixináronse como consecuencia do proceso erosivo sufrido polo zócolo máis antigo do país. Correspóndense coa denominada Superficie fundamental de Galicia, que aumenta en altitude a medida que nos encamiñamos cara ao S do Miño-Sil, situándose a cota máis baixa nos 100/200 m e a máis alta en 1.700 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer plana a superficie dunha cousa, quitando as desigualdades.

    2. Superar os obstáculos, as dificultades, que se opoñen á realización dunha cousa.

    3. Abater a alguén facendo que perda a ilusión e o ánimo.

      1. Encher unha superficie para facela plana.

      2. aplanar as bóvedas

        Encher as xuntas do teito con materiais lixeiros e de pouca consistencia para obter unha superficie superior plana, a punto para colocar alí o mosaico.

      3. aplanar os cimentos

        Encher con material todas as desigualdades dos cimentos para poder comezar a colocar en fileiras ben horizontais o arrinque das paredes.

    4. Aceptar o demandado os feitos ou parte dos feitos da demanda do actor, sen reservas nin condicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dise do sistema óptico central, estigmático para unha parella de puntos A, A’, situados sobre do eixe, que é tamén estigmático para a parella de puntos B, B’, infinitamente próximos, respectivamente, a A e A’ e situados en planos normais ao eixe en A e A’.

      2. superficies aplanéticas

        Nun sistema óptico, lugar xeométrico dos puntos de incidencia cando o ángulo û formado polos raios incidentes co eixe principal varía de xeito que se mantén a condición de aplanetismo entre A e A’.

    1. Que presenta aplanosporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade dos sistemas aplanéticos.

    2. Relación que debe cumprir un sistema óptico para que sexa aplanético. Chámaselle tamén condición do seno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gameto non ciliado propio das algas conxugadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fecundación realizada por aplanogametos. É característica de certos grupos de algas, especialmente rodófitas, e ten lugar ao azar sen intervención de atracción quimiotáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora asexual e inmóbil provista dunha cuberta dura protectora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia ou interrupción do desenvolvemento dun tecido ou dun órgano.

    2. Alteración grave da médula ósea caracterizada por unha diminución das células nai hematopoéticas, cunha notable redución da produción dos elementos sanguíneos. Diferénciase a aplasia medular primitiva ou idiopática, de causa descoñecida, da aplasia medular secundaria, que pode ser debida a unha exposición a diversos axentes tóxicos. As consecuencias clínicas son: anemia, por falta de hemacías; trastornos hemorráxicos, por falta de plaquetas, e alteracións inmunitarias, por falta de leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que aplaude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bater as mans en sinal de viva aprobación, de entusiamo.

    2. Demostrar a alguén aprobación e entusiamo, batendo as mans.

    3. Demostrar unha viva aprobación por unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de aplaudir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das paredes celulares nas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e doutor en Teoloxía. Foi abade dos mosteiros de Sobrado e Meira. Escribiu Epítome de la vida de la V. Madre Ana de Jesús, discípula de Santa Teresa (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe bieito e historiador. Centrou a súa investigación no mosteiro de Samos e na Ribeira Sacra. É autor de diferentes artigos publicados en obras colectivas (El monacato en Galicia, 1972, de Hipólito de Sá Bravo) e revistas; así mesmo, é autor da Novena biográfica del glorioso San Pedro de Mezonzo, autor de la Salve (1942) e da Historia del Real Monasterio de Samos (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoplasto considerado primitivo, aínda non diferenciado en núcleo e citoplasma, como os das cianofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coller e levar todo o que hai nun determinado lugar, xeralmente de forma violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica que ten por obxecto construír unha nova articulación mediante a interposición de próteses para substituír outra destruída ou anquilosada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación formada polas centrais de medios de España que pretende unificar os proxectos de formación e defensa dos intereses das empresas asociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO