"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • PERSOEIRO

    Primeiro bispo de Ravenna, cidade á que, segundo a lenda, chegara na compaña de san Pedro e no seu mesmo porto foi martirizado ata a morte (200). Atribúenselle moitos milagres, como a curación dun cativo cego e a exorcización dun poseso. O primeiro en lle dar tratamento de mártir foi Pedro Crisólego (432-452). A súa veneración foi exaltada especialmente por Xustiniano, dedicándolle dúas basílicas. Pertence ao s VII unha Passio sancti Apollinaris, totalmente apócrifa. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina cristolóxica de Apolinar de Laodicea e dos seus seguidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao apolinarismo.

    2. Seguidor do apolinarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Apolo.

    2. Dise dun home belo, garrido.

    3. Na filosofía de Nietzsche, dise do pulo intelectual que representa o ideal de orde, medida e harmonía. É o elemento oposto ao dionisíaco ou vontade de vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de apolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carente de carácter ou significación política.

    2. Dise de quen non intervén en política ou ben de quen non está politizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome empregado polo poeta vangardista francés Wilhelm-Albert-Wladimir-Apollinaris Kostrowitzki. Fillo natural dun nobre italiano e dunha polaca. En 1899 instalouse en París. En 1903 fundou Le Festin de Esope, onde publicou as primeiras prosas de L´enchanteur pourrissant (1909). Nese mesmo ano comezou a edición de textos satíricos e libertinos, onde reeditou a obra do marqués de Sade. Con Alcools (1913) comezou a ser considerado un dos grandes poetas franceses de todos os tempos. Publicou Méditations esthétiques (1913), o primeiro libro dedicado aos pintores cubistas. Declarouse futurista e, a partir de 1914, escribiu caligramas. No 1918 morreu víctima da gripe. Moito tempo despois da súa morte foron publicados Ombre de mon amour (1947) e Le guetteur mélancolique (1952). Rompeu coas formas poéticas clásicas, conservando a musicalidade dos simbolistas e a linguaxe da tradición popular e de Villon. Influíu moito o seu interese pola arte...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ehículo do programa Apollo co obxectivo de aterrar na Lúa. Constaba de tres elementos: módulo de mando, de forma cónica, centro de control, preparado para a vida da tripulación; módulo de servicio, de forma cilíndrica, parte propulsiva do módulo de mando; e módulo lunar, de forma poliédrica, parte do vehículo destinada a aterrar na Lúa, provista dunhas unidades propulsoras propias.

    2. Nome que, seguido dun número en cifra latina, se lle dá a cada un dos voos do programa espacial norteamericano Apollo. Os tres primeiros da serie foron lanzados en 1966 co foguete Saturn I-B, quen de poñer en órbita 18 toneladas, e consistiron en voos suborbitais de proba da reentrada na atmosfera. O Apollo 4 foi o primeiro lanzado co foguete Saturn V capaz de satelitizar 126 toneladas. O Apollo 5 (1967), que sería o primeiro voo tripulado, non chegou a realizarse, por mor dun accidente sufrido na fase de probas (alí morreron os tres astronautas que tiñan que facelo). O Apollo 7 (1968) representou o primeiro voo tripulado do programa e, ademais, constituíu a primeira colocación en órbita dunha cápsula espacial norteamericana con tres astronautas. O Apollo 8 (1968) foi a primeira misión tripulada norteamericana de voo arredor da Lúa. O Apollo 9 (1969) representou unha misión de adestramento en órbita terrestre que tivo por finalidade probar o funcionamento do módulo lunar e a realización...

    3. Programa aeronáutico dos EE UU constituído por 21 voos espaciais e que tivo por finalidade conseguir a exploración da Lúa antes da fin do ano 1970. Comezou no 1960 por decisión do Presidente dos EE UU John Fitzgerald Kennedy. Leváronse a termo previamente os voos Mercury e Gemini, desenvolvéronse a serie de foguetes Saturn e ademais, aumentou a información co lanzamento das sondas espaciais Ranger, Surveyor e Lunar Orbiter.

    4. Proxecto astronáutico dos EE UU para utilizar os vehículos, os foguetes e as técnicas postas a punto co programa Apollo para misións espaciais tripuladas, xa sexan de órbita terrestre, xa sexan lunares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cova de Namibia con potentes niveis do Paleolítico medio e final de África do Sur. En varios niveis rexistráronse táboas de pedra coas pinturas naturalistas máis antigas coñecidas en África (rinocerontes, antílopes, cebras, etc) datadas entre 26.000 e 17.000 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolboreta diurna de ás arredondadas, cos extremos translúcidos, de cor branca con pintas negras e dous ocelos vermellos en cada á posterior. A larva, negra salferida de amarelo, aliméntase de boubíns e inverna agochada no chan. Propia de ambientes alpinos do hemisferio norte, aparece en Galicia en ladeiras frescas e pedregosas das serras orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Zeus e de Latona, irmán xemelgo de Artemisa, naceu na illa de Delos, que lle foi consagrada. Segundo tradicións primitivas, co alcume Febos (‘brillante’) foi deus do Sol. Considerado deus do ben e do bo, era mantedor da lei e da xustiza; así mesmo deus da medicina, foi pai de Asklepios (o Esculapio romano), deus da música, da poesía e condutor das musas. Tivo advocacións con nomes concretos: Esminteo (exterminador de ratas), Pitio (exterminador de serpes), Peano (sanador de enfermos). O seu principal centro de culto estaba en Delfos, onde se atopaba o seu máis nomeado santuario e o famoso oráculo. Dende Italia, o seu culto estendeuse por todo o mundo romano. Plasticamente foi representado como un home novo e fermoso, adoito coroado con loureiro, e a miúdo levando un arco na man (xa na Ilíada aparece co alcume Frechador). Entre as esculturas, poden citarse o chamado Apolo do Belvedere, estatua grega atribuída a Leócrates...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultura grega atribuída a Praxíteles, coñecida a través das copias romanas do Musèe du Louvre, a dos Museos Vaticanos e a da Vila Albani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequenos asteriodes que entrecruzan as súas órbitas coa da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo da escola alexandrina, discípulo directo de Aristarco. Autor de tratados sobre cronoloxía, mitografía, xeografía, teoloxía e gramática (Etimoloxías).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Construíu o Foro de Traxano en Roma. Atribúeselle tamén a ponte sobre do Danubio reproducida na Columna de Traxano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada no 1818 polo arcebispo de Santiago frei Rafael de Vélez, se cadra, o eclesiástico hispano que máis afervoadamente defende o absolutismo monárquico na época da súa restauración logo da invasión napoleónica. Composta de dous tomos, o primeiro deles vai dedicado ao monarca Fernando VII e o outro á Virxe das Dores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración breve, de estilo sinxelo, de acción alegórica e finalidade didáctica e moral. Os seus personaxes son a miúdo seres irracionais ou cousas inanimadas. As fronteiras coa fábula son confusas. O apólogo adoita formar parte dun conxunto máis vasto e tende a ter un valor máis demostrativo que propiamente narrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO