"Pori" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 59.
-
GALICIA
Sindicalista. Coñecido como Vigatá, foi, xunto con Francisco Llerena, un dos fundadores do sindicato ferroviario integrado na CNT coruñesa e un frecuente colaborador de Solidaridad Obrera durante a Segunda República. Exerceu, asemade, a presidencia do Centro de Estudios Sociales Germinal (1933-1935). Logo da folga xeral de Nadal de 1933, substituíu a José Moreno Torres na secretaría da Confederación Regional Galaica. Tras a derrota da Revolución de Asturias en outubro de 1934, Xacinto Méndez viuse obrigado a facer o propio ata ben entrado 1935. Producido o golpe militar, representou a FAI na conformación do comité de defensa da República na capital coruñesa. Encadeado na Prisión Provincial nos primeiros días de dominio fascista, foi asasinado sen agardar a formación de causa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos microsporidios.
-
Protozoo do filo dos microsporidios.
-
Filo de protozoos de tamaño moi pequeno (3-6 ) caracterizados por ter unha soa cápsula polar na espora. Xeralmente parasitan as células intestinais de invertebrados. A especie Nosema bombycis, por exemplo, ataca aos vermes de seda.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mixosporidios.
-
Protozoo da orde dos mixosporidios.
-
Orde de protozoos que presentan esporas de formas e medidas variables. Son parasitos de peixes, de anfibios e de réptiles. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte exterior dunha espora, formada a partir de materiais procedentes do tapete ou doutros elementos externos.
-
-
Relativo ou pertencente aos pontopóridos.
-
Mamífero cetáceo da familia dos pontopóridos.
-
Familia de cetáceos, da suborde dos odontocetos, co fociño alongado e que viven en augas costeiras moi pouco profundas. A única especie viviente é Pontoporia blainvillei, que habita no S do Atlántico, aínda que existen diversos fósiles pertencentes a outros xéneros.
-
-
CIDADES
Cidade de Finlandia, porto no mar Báltico (75.955 h [2001]). É un centro cultural e industrial, no que destacan os establecementos metalúrxicos e mecánicos e as fiaduras de algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos poriais.
-
Fungo pertencente á orde dos poriais.
-
Orde de fungos basidiomicetos, de pé curto ou inexistente, cores pardas e carne apertada na maioría dos casos. Pertencen a esta orde os xéneros Pleurotus e Lenzites.
-
-
-
Que se abre por medio de poros ao exterior.
-
Aplícase á dehiscencia que se realiza a través de poros apicais.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos poríferos.
-
Animal do filo dos poríferos.
-
Filo de animais parazoos pluricelulares, acuáticos e xeralmente mariños, de simetría radial ou ben asimétricos, e sen órganos diferenciados. A cavidade interna está recuberta por coanocitos e comunícase co exterior mediante unha serie de poros a través dos que penetra a corrente de auga, que é expulsada polo ósculo. Posúen un esqueleto interno formado por espículas calcarias ou silícicas e fibras de esponxina. Distínguense tres tipos fundamentais de organización: ascón, sicón e leucón. A superficie externa está constituída por pinacocitos, e a mesoglea inclúe amebocitos, escleroblastos e arqueocitos. Son animais bentónicos e coloniais, que habitan en todos os mares e nunha gran parte das augas continentais, en todo tipo de fondos e desde a superficie da auga ata grandes profundidades. Algunhas especies son colonizadas por algas, hidroideos, anélidos, crustáceos ou moluscos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corolario ou conxunto de corolarios dunha proposición.
-
-
Relativo ou pertencente aos sarcosporídeos.
-
Protozoo da antiga orde dos sarcosporídeos.
-
Antiga orde de protozoos esporozoos que incluía formas parasitas dos músculos e tecidos conxuntos de certos vertebrados (mamíferos, paxaros e réptiles) e invertebrados acuáticos (anélidos).
-
-
-
-
Que produce sono ou sopor.
-
Que produce aburrimento.
-
-
Aplícase ao produto que diminúe o estado de vixilia sen chegar a producir a inconsciencia, provocando un estado de pre-hipnose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo que dirixe unha determinada operación nun momento puntual ou durante un tempo predeterminado. Permite retardar a acción dun mecanismo ou fixar a duración dunha acción, ao deixar transcorrer un tempo prestablecido entre o momento en que se aplica unha tensión ou se inicia unha acción e o momento en que se inicia ou remata unha acción.
-
-
Atrasar o inicio ou a fin dunha acción.
-
Regular e controlar o inicio ou remate dunha acción, dunha operación ou dun mecanismo e a súa duración mediante temporizadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso do estado líquido ao estado gasoso. Segundo as condicións en que ten lugar a vaporización dun líquido denomínase evaporación ou ebulición. A calor de vaporización é a calor necesaria para converter en gas un gramo ou un quilogramo dunha substancia líquida determinada, para a auga a 100°C vale 539,55 cal/g.
-
-
Que vaporiza.
-
Aparato que serve para vaporizar un líquido.
-
-
-
Converter un líquido en vapor.
-
Esparexer un líquido en pingas moi pequenas, xeralmente mediante un vaporizador.
-
Converterse un líquido en vapor.
-
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na ribeira do Dnièper (850.118 h [1999]). É un dos centros de siderurxia e de metalurxia non ferrosa máis grandes de Ucraína. Foi fundada en 1770 como fortaleza co nome de Aleksandrovsk ata 1921.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Ucraína (27.200 km2; 2.042.500 h [estim 1998]). A capital é Zaporizhzhia.