"Quiroga" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 50.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Ribas de Sil. En 1151 documéntase a súa doazón a Velasco Pérez e a súa nai, Elvira Núñez, por parte de Afonso VII. Do antigo cenobio, restaurado en 1604, só queda parte dunha torre derruída situada detrás da igrexa, que lembra as loitas dos monxes contra os cabaleiros da orde militar de San Xoán na súa encomenda de Quiroga. O templo, hoxe parroquial, foi construído en estilo románico no s XII, pero sufriu numerosas reformas e da edificación orixinal só se conserva a ábsida e a porta norte, con arco de medio punto. Ten unha soa nave de planta rectangular e presenta numerosos elementos que foron considerados protorrománicos e visigodos, aínda que só forman parte da decoración, co que non se pode afirmar que existira un templo anterior no seu emprazamento. O ábsida cúbrese con bóveda de canón no tramo recto e con bóveda de forno na cabeceira semicircular. O arco triunfal apóiase en columnas entregadas. A porta lateral situada no adro, daba acceso ao claustro...
-
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo lectoral de Lugo e bispo de Mondoñedo (1753-1761). Promoveu a construción do palacio episcopal e fomentou o estudo de teoloxía moral entre os cóengos da súa diocese.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Poeta romántico, viaxou por diversos países de Europa e América. Fundou o semanario No me Olvides (1837) e La Revista del Progreso (1841), ademais de colaborar en diversas revistas. Da súa produción destacan Poesías (1834), o drama Claudia, El casamiento de la reina (1845) e a novela El día del siglo (1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi fiscal da Audiencia Territorial de Galicia. Colaborou en Vida Gallega e escribiu, entre outras obras, Los bacilos y los bastoncitos de Doña Perfecta, A leenda dun probe (1918), A Galicia (1918) e Cantares da Terra (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro, informático e matemático. É autor de varias obras, como Vibraciones aleatorias en la Ingeniería Civil (1974), Interdependence among housing, heating and transportation in cities (1979), Cálculo de Estruturas de Puentes de Hormigón (1983), Resistencia de Materiales (1995) e Proceedings de la International Conference on Impact-Contact Problems (1997). Elixido membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias da Enxeñaría de Suecia, recibiu a medalla conmemorativa da Presa del Atazar (1972) e o Premio José Torán (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XII en 1884 a María Manuela Vázquez de Quiroga Queipo de Llano e Prado (?-1910), filla dos marqueses de Torre Novaes de Quiroga. O II conde de San Martín de Quiroga foi o seu neto Xosé Quiroga Velarde (Viloira, O Barco de Valdeorras 1873 -? 1935?), deputado polo distrito de Valdeorras (1907-1908) e gobernador civil de Ávila (1908). Os seus sucesores foron Rafael Quiroga de Abarca (Santander 1907 -?), III conde de San Martín de Quiroga, e Rafael Quiroga Seguí , IV conde de San Martín de Quiroga desde 1992. Trae por armas, en campo de goles, cinco paus de prata, recortados e aguzados en punta. No timbre, coroa condal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Construída no s XVII por Diego de Quiroga Reimóndez, está composta por un corpo principal flanqueado por dúas torres cadradas. Está realizada en cachotaría de granito, con cantaría nas esquinas. Na fachada principal atópase, sobre o balcón central, o escudo dos Quiroga e dos Reimóndez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1852 a Manuel María Vázquez de Quiroga e Queipo de Llano (San Cristovo do Real, Samos 1800 - Quiroga 1859), senador e deputado, polos servizos prestados polo seu pai, Antonio María Vázquez de Quiroga e Arias, na Guerra da Independencia. Sucedeuno o seu fillo Vicente María Vázquez de Quiroga-Queipo de Llano e Quiroga (Quiroga 1827-Santiago de Compostela 1867), II conde de Torre Novaes de Quiroga e I vizconde de Espasantes. Morreu sen descendencia e e o título pasou ao seu irmán Francisco Javier Quiroga-Queipo e Pardo-Balmonte (?-Quiroga 1897), III conde de Torre Novaes de Quiroga, sucedido polo seu fillo Francisco Javier Vázquez-Queipo e Montoto (?-Espasantes 1949), IV conde de Torre Novaes de Quiroga. Herdou o título a súa filla María del Pilar Vázquez-Queipo e del Río (?-Madrid 1975) V condesa de Torre Novaes de Quiroga, sucedida pola súa filla ...
-
PERSOEIRO
Profesor. Articulista prolífico, destacou polo seu interese polo sistema métrico decimal que se observa en Cuadro de equivalencia de las antiguas medidas españolas con las del nuevo sistema métrico decimal (1852), ademais dun estudo sobre navegación aérea.
VER O DETALLE DO TERMO