"Rīga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

  • Antiga cidade da Lusitania situada a 17 Km ao S de Coimbra e poboada dende a Idade do Bronce. Os primeiros contactos cos romanos producíronse na segunda metade do s II a C, durante as campañas de pacificación de Décimo Xunio Bruto, e intensificáronse durante o seguinte século baixo o dominio de Augusto. Nesta época, construíuse o acueduto, o foro -cun templo adxacente-, os baños públicos, as casas e os mercados. Durante o goberno de Vespasiano (69-79 d C), cando a cidade recibiu a designación de Flavia e elevouse á dignidade de municipio, iniciouse unha etapa de intensa actividade e prosperidade que se mantivo ata a decadencia do Imperio Romano no s III. Sufriu as invasións bárbaras e foi destruída polos suevos no 468 d C; dende aquela, entrou nun período de decadencia que culminou co traslado, a mediados do s VI d C, da sé episcopal a Aeminium (Coimbra). Conserva un conxunto de ruínas que a converten nun dos principais centros de arqueoloxía romana en Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pacifista irlandesa. Fundou, en colaboración con Betty Williams, a asociación Community of Peace People, para promover a pacificación en Irlanda do Norte. Ambas recibiron o Premio Nobel da Paz en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra centrouse na paisaxe galega. Estudiou na Escola de Artes e foi afeccionado á arqueoloxía. En abril de 1958, dirixindo unhas obras de escavación, atopou un exemplar de Elephas meridionalis, conservado no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid. Introduciu unha nova técnica na extracción e preparación de fósiles e colaborou co Instituto Arqueológico Municipal de Madrid. Comezou a expoñer cando se xubilou e organizou diversas mostras en Madrid, Ponferrada e Ciudad Real.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tiro de catro cabalos de fronte.

    2. Carro de carreiras, utilizado na antigüidade grecorromana, tirado por catro cabalos de fronte, dous a cada lado do temón. Empregábase nas carreiras do circo e nas paradas triunfais. Reproduciuse como motivo iconográfico en mosaicos, esculturas e relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na catedral de Lugo onde realizou, na portada principal, as esculturas dos evanxelistas, a alegoría da fe e as imaxes de san Froilán e san Capitol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en Riga (Letonia) no seo da compañía de transporte urbano. É o equipo que en máis ocasións gañou a Copa de Europa en calquera disciplina deportiva, con 18 títulos, e tamén posúe a plusmarca de triunfos consecutivos no campionato, os 12 que acadou entre as tempadas 1963-1964 e 1974-1975. A súa primeira vitoria obtívoa na segunda edición do torneo, na tempada 1959-1960, nun ano no que os equipos da capital letona lograron o dobrete, pois o ASK conseguiu o seu terceiro triunfo na terceira edición do campionato masculino. As dúas seguintes tempadas (1960-1961 e 1961-1962) rexistraron novamente a vitoria das campionas soviéticas. Dous anos despois (1963-1964) principiou o seu paseo triunfal por Europa. Completou o seu palmarés na máxima competición continental cos títulos de 1976-1977, 1980-1981 e 1981-1982. Ademais proclamouse campión da Copa Lilliana Ronchetti na tempada 1986-1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Auriga de Delfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desabrigar ou desabrigarse.

    2. Aplícase a un lugar exposto ás inclemencias do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destapar ou quitar a alguén a roupa que o abriga.

    2. Sacar a roupa coa que se está abrigado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitarlle o nariz a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liberar a alguén dunha obriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Iniciou a súa carreira militar na Academia de Artillería (1869-1873), pero tivo que abandonala por problemas de saúde cando xa acadara o grao de comandante. Dedicouse ao ensino das matemáticas e dirixiu un colexio preparatorio para o ingreso no exército e na Escuela General de Ingenieros y Arquitectos. Investigou no campo das matemáticas e realizou numerosos traballos que publicou en diferentes revistas, como Gaceta de Matemáticas, El Progreso Matemático, Science, Archiv des Mathematik und Physik e Journal des Mathematiques. Foi membro da Real Academia de Ciencias e da Real Academia Galega, e profesor honorario do Real Instituto de Lisboa e da Universidade Libre de Tempio (Sardeña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer un anaco de parede dun muro, valado ou dunha construción similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Madeixa de liño que se pasa dúas ou tres veces polo restrelo para quitarlle a estopa.

    2. Porción de liño que se coloca na roca para fiar.

    3. Madeixa de liño xa fiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estrigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estrigar.

    2. Que está moi fraco, especialmente por mor do traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de aplicación de fertilizantes químicos en disolución acuosa mediante a auga de rego. Este sistema ten como vantaxes: permitir axeitar a administración de nutrintes ás necesidades das plantas en cada momento do seu desenvolvemento; a comodidade de aplicación dos fertilizantes e a redución de man de obra necesaria; e o aforro de fertilizantes e de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben os insectos da orde dos tricópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO