Cruz Irigaray, Pedro

Cruz Irigaray, Pedro

Pintor. A súa obra centrouse na paisaxe galega. Estudiou na Escola de Artes e foi afeccionado á arqueoloxía. En abril de 1958, dirixindo unhas obras de escavación, atopou un exemplar de Elephas meridionalis, conservado no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid. Introduciu unha nova técnica na extracción e preparación de fósiles e colaborou co Instituto Arqueológico Municipal de Madrid. Comezou a expoñer cando se xubilou e organizou diversas mostras en Madrid, Ponferrada e Ciudad Real.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña